Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas |
|
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML. |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LECTURAS DE INFANCIA |
|
LECTURAS DE INFANCIA
É posíbel que moitas persoas, mesmo boas lectoras, non lembren o seu primeiro libro, aquelas primeiras páxinas que ficaron arquivadas no cerebro e que inconscientemente marcaron gustos por certas cores, recendos, tipografías?
Eu non só o lembro, eu consérvoo. E estou certo de que foi o primeiro porque gardo recordo, non de lelo, senón de que mo leran. Líamo miña nai, por dous motivos, o primeiro é obvio, e o segundo é que está en francés.
Títúlase Qu?attend donc Caroline?, os autores son P. Ferrel e máis o ilustrador L.W. Myers, o selo editorial ten o fermoso nome de Éditions des deux coqs d?or e o conto foi inserido na colección Praline. É unha publicación de 1972, así que cando mo lía miña nai tratábase dunha publicación recente.
Caroline é unha xirafa, unha xirafa á que ninguén escribe cartas. Ela agarda, vai á poste, pregúntalle ao perroquet Isidore (que exerce de carteiro) mais nunca ten correo; e a miña pobre observa como os outros animais reciben moreas de cartas? Un día acontece? Ben imos deixalo aquí para non rebentar a historia a ninguén. Só unha pista, a cousa remata ben.
O volume presenta certo deterioro lóxico, algunhas engurras e algúns borranchos meus (non sei se tentei perfecciónalo na miña inocencia pueril) mais continúa a ser practicábel. Para min xa é un fetiche.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|