Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas |
|
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML. |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
UN NOVEMBRO MOI LITERARIO (A sombra de Cunqueiro está sentada na praza) |
|
 E agora si, marchamos cara a Mondoñedo, cidade que frecuentei por motivos laborais durante todo o mes de novembro.
Remexendo nunhas dependencias municipais atopei unha alfaia que me entretivo e me engaiolou naquelas visías xornadas. Trátase de Entrevistas a A. Cunqueiro, de Ramón Nicolas, publicada por Nigra en 1994, naquelas páxinas íspen o verdadeiro Cunqueiro con parágrafos tirados de conversas e diversos encontros con xornalistas ou críticos. Emocioneime, cando atopei unha referencia ao meu grande amigo Manuel Lourenzo, quen levou aos escenarios varias obras dramáticas do mindoniense; dise nesta obra que don Álvaro ficara moi satisfeito co traballo do director e dramaturgo valadourés.
Cunqueiro continúa fabulando por aquelas ruelas máis tamén continúa sendo obxecto de estudo nas universidades, vímolo ben claro o sábado 22 na presentación de Álvaro Cunqueiro 30 poemas, unha contundente análise asinada pola profesora Camiño Noia e editada polo Centro Pen-Galicia na súa colección Arte de Trobar, coa axuda do ente autonómico e máis da Universidade de Vigo.
O traballo da autora raia na cirurxía literaria, case diríamos na microcirurxía da poética cunqueirana, á que somete a uns raios x que por veces semellan translucir a vida privada ?sentimental, familiar, matrimonial- do escritor mindoniense. Se cadra foi por iso, ou non, que César Cunqueiro (presente no evento) amosou unha opinión contraria a algunhas teorías plasmadas no estudo, feito que non foi desaproveitado pola autora na súa quenda, na cal, aclarou que a primeira pexa que lle puxo Luís G. Tosar (tamén presente na mesa) para a publicación da obra, foi unha hipotética negativa do fillo
-antes citado- do autor á hora de ceder os dereitos sobre a obra paterna.
Sexa como for, é verdade que percibimos a sensación de que algunhas pasaxes introdúcense de máis na privacidade dun don Álvaro que seguramente para os máis novos fica desmitificado como persoa despois destas páxinas, onde por outra banda, se castiga con dureza a súa conivencia coa Ditadura.
Con todo, Cunqueiro foi, é e será, excelso.
Nos meus días mindonienses coñecín o escritor Xosé Ruiz Leivas, quen me agasallou dúas das súas obras, Don Celestino, editada pola Deputación de Lugo en 1992 e máis Franceses en Mondoñedo 1809, publicado en 2011 pola Asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo, ambas obras en castelán. Contoume Pepe Ruiz Leivas a xénese destas narracións e mesmo algún obstáculo malintencionado que tivo que salvar a primeira para chegar ao prelo.
Quen tamén me foi presentado nese literario novembro foi Félix Villares, autor de estudos sobre a Escola Poética do Seminario de Mondoñedo e do poeta homenaxeado nas Letras Galegas do presente ano, Xosé Mª Díaz Castro, traballos que consultei para preparar unha conferencia que pronunciei o 17 de maio no Castelo do Castrodouro. Comenteillo a don Félix ?en Mondoñedo chámanlle así- e recordoume que a RAG estaba a preparar un simposio sobre Díaz Castro para esas datas.
Así que? Quen dixo que maio era o mes das letras? E logo novembro? Para min foi un completísimo e rotundo mes da literatura. Por suposto, axudou moito a miña estadía mindoniense, porque como xa dixen, don Álvaro anda por alí, e Leiras tamén, eu vin as pegadas das ferraduras do seu cabalo no portal dunha casa, unha casa onde mora por veces, outro compañeiro das letras, Antón Meilán.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|