VaKaSToLaS

Diario dunha identidade oculta (IV)
Día 4

Supoño que es ti outra vez, non te cansas?

Non sexas cruel. Ti es a que manexas a situación

Quen es?

Un parvo

Iso seguro

Alma, xa sei que pensas que estou tolo...

Porque o estás

Non me importa que me digas iso

Vou colgar e como mañá chames avisarei á policía

Diario dunha identidade oculta (III)
Día 3

Bos días

Bos días

Estás de mellor humor que onte, voceciña?

Estou igual

Non me colgues tan rápido, por favor

Que queres?

Non sei. Dame dous minutos... cinco... o que queiras darme...

Non tes nada que facer?

Si, todo o mundo ten cousas que facer pero gústame a túa voz, gustoume dende o primeiro día

Por que me fas isto?

Moléstache?

(silencio)

Quizáis...

Voceciña, non teñas medo

Déixote

Diario dunha identidade oculta (II)
Día 2

Ola voceciña!

Que?

Xa o sei... tes que traballar pero non o puiden evitar

Síntoo, vou colgar

Alma?

Non, non hai ningunha Herminia aquí.

Diario dunha identidade oculta (I)
Día 1

O móbil soou exactamente cinco veces.

Bos días

Bos días

Está Herminia?

Desculpe, aquí non hai ningunha Herminia.

E ti cómo te chamas?

Alma

Pódesme dar o teu número?

Non

É o ...

Sí, é.

E non está Herminia?

Non, isto é unha oficina.

Unha oficina?

Si, unha oficina

E onde estades?

En Betanzos

Betanzos? Onde é Betanzos?

Na Coruña

E ti es de aí?

Si, eu vivo en Betanzos

Pero naciches na Coruña?

Levo moito tempo vivindo aquí.

Pero onde naciches?

En Ferrol... pero... xa che dixen... isto é unha oficina. Herminia non está, busca de novo o seu número e chámaa, eu teño que traballar.

Es moi simpática

Teño que traballar

Non podo falar máis contigo?

Non ves que estou currando?

Se queres chamo máis tarde.

Síntoo moito.

Alma colgou sen máis explicación á voz da identidade oculta. Os seus compañeiros escudriñárona.

Iso que era?

Eu que sei, un que quería ligar comigo.

Foi a historia do día na oficina.

Firecity Cap 45 Circuitos
Ding dong… ding dong…

Seis meses pasaran dende a caída dos Montesco e a consagración definitiva dos Karatekas como donos de Firecity. Despois da noite de sangue non pasou nin unha semana…os Montesco abandonaron as rúas e acubillaronse nos seus refuxios. Aínda así non houbo rendición, polo menos formal. Asumiuse a realidade sen burocracia, como se as boas formas se estiveran perdendo. Aínda que a estas alturas iso non tiña demasiada importancia, o ataque a traición por parte dos Karatekas - da forma máis vil - foi o primeiro golpe ó código das boas maneiras.

Mentres os Anxos Negros continuaron adiante cos seus negocios discretamente, o lema era “conservar sen prosperar” para non chamar demasiado a atención.

Ding dong… ding dong…

Eva está descansando. Aproveitou estes meses para volver a entablar contactos coa xente das Provincias, contactos profesionais que lle permitiron obter pingües beneficios cos que asentar mellor as súas actividades na cidade, dunha forma segura para a súa economía e sen correr riscos innecesarios.

Ding dong… ding dong…

-	Xa vou… xa vou!

A cara durminte de Eva énchese de sorpresa como si un sopro de ar lle batise contra as tempas e a espertase.

-	Mario, Mario! – os brazos de Eva rodean fortemente o pescozo do visitante - Es ti meu Mario? Que fas aquí? Que contenta estou de verte! Non sabes canto te botei de menos…

-	Eu tamén Eva, tamén te botei en falta – Mario ten asido o pequeno corpo a altura da cintura e afundida a cabeza no pescozo dela coa esperanza de perderse no seu olor – Xa estou aquí contigo.

-	Esta é unha grande sorpresa. Moi… moi grande.