|
|
|
|
| Últimos tempos (volver) |
|

Penso descargarme todo INTERNET
Penso descargar as palabras acumuladas
Penso descargarme (eu)
Penso volver…
|
|
|
|
|
| Diario dunha nena de auga (XIV) |
|
 Antía ergueuse cedo. Antón durmía. A cama estaba seca, sen vida. Apenas lembraba pequenas ondas sobre o seu corpo e un charco espeso que non lle pertencía. Moita sal, pouca auga, eran un mar morto.
Ela era un pozo sen fondo, incapaz de devolverse unha imaxe de si mesma. Saíu á rúa. Non había ninguén. No escaparate dunha tenda de televisores viu a a nova: varios satélites detectaran unha pequena fonte brotando no medio do deserto que empezaba a producir os primeiros sinais de vida na Terra seca. Paseou no silencio durante un bo anaco de tempo.
Cando a multitude se botou as rúas a celebrar a esperanza puido ver a Antón entre a marea, buscándoa. Agardou que pasase a onda agochada nun portal. Non se volveron a ver. |
|
|
|
|
| Diario dunha nena de auga (XIII) |
|

- Podes parar, por favor?
- Pasa algo?
- Por favor, só quero escoitar.
Antón fíxolle caso e parou. No silencio asomou o berro liberador do pracer e o murmurio da auga rompeu a aridez da terra. A nena – muller derramárase. As bágoas asomáronse ao rostro de Antía. A Antón tamén lle entraron gañas de chorar.
- Antía, eu quixen amarte como ti me amabas a min pero...
- Eu aínda te amo.
|
|
|
|
|
| Diario dunha nena de auga (XII) |
|

Antía deixou alí á nena e volveu ao coche.
- Imos.
- Estás segura?
- E ti?
- Non, eu non estou seguro.
- Ti nunca estás seguro.
- Non convirtas isto en algo persoal entre nós. Estamos falando da nena.
- Non é unha nena. Ten dezasete anos.
Antón calou e prendeu o automóbil.
|
|
|
|
|
| Elemental |
|
|
|
|
|
|
|
|
|