| Unha pequena aldea onde un pequeno grupo de irreductibles (eu) resisten á algunha ameaza que todavía non acordei |
|
Todos temos soños, eu sempre quixen ser dunha aldea onde un pequeno grupo de irreductibles resistisen a unha ameaza externa e ter unha poción máxica que me fixera invulnerable e dicir "están tolos esos romanos"(claro que tería que cambiar o de romanos pero a frase é tan perfecta así que me da pena mudala). Iso pareciame o cumio do heroísmo! Cumprirei algún día o meu soño infantil?
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Diario dun mirón |
|
A derradeira mirada
Que fago aínda aquí?
Durmir que falta che facía.
Pero o papá…
Tranquila, Alma. Deille unha destas. Non berrou en toda a noite… dende esta ventana eu…
Unha desas? Déixame ver que é iso.
E perdina para sempre. Foise sen roupa e nin sequera volveu por ela. Dende a miña xanela (a maldita xanela) vina chorar a carón do seu corpo, dos restos do shock anafiláctico dunha alerxia os medicamentos que eu non podía prever. Iso foi antes de que pechara a persiana. Non se volveu a abrir ata aquela noite na que a policía entrou no piso. Unha hora antes visitouna alguen que non cheguei a ver.
|
|
|
|
|
| Diario dun mirón (XII) |
|
Rexistro 12 de miradas
Levantou de man e arreoulle.
Son doce días nesa mesma situación, sen durmir, aturando o que toque.
Teño que perdoala.
Non pasan nin tres minutos e soa o timbre.
Cóntamo.
Pegueille. Estou cansa. E dinlle unha labazada. Non sei que vou facer, agora non podo volver alí.
E quédase nos meus brazos, pasan segundos, minutos e estou tan preto da felicidade que me parece irreal. Penso para min que non temos nada que perder e bícoa. Ela devólveme o bico e as nosas linguas desperezanse unha a outra, húmidas e vivas, salvaxes. Pecho a porta e deixamos o mundo atrás. Xa non son o que miro, son o que lle quita a roupa e ela déixase. Todo pasa a cámara lenta, doulle toda a tenrura que merece, a que podo, ogallá puidera darlle máis para compensala de todo o que a manca. O seu corpo é morno e acolledor, ela é preciosa en coiros e eu apenas era consciente diso. Arrepíntome de non tela desexado así antes. Ule a sudor bendito e está exhausta, ten un tímido sorriso e está a punto de quedarse durmida, prométolle que voi coidar dela. Teño que cumprir a miña promesa.
|
|
|
|
|
| Diario dun mirón (XI) |
|
Rexistro 11 de miradas
Dende que a coidadora se despediu leva unha semana as vintecatro horas pendente do vello, vintecatro, ata a compra lle traen a casa.
Dada a miña repentina e imprevisible participación fun a interesarme pola situación onte e díxome que non atopa a ninguén para ocuparse, que se lle están a esgotar os días de permiso por asuntos propios e que está un pouco agobiada.
A súa irmán ocuparase do vello os derradeiros tres anos pero tiña familia, nenos pequenos e aquilo non era vida. Tocáballe a ela cargar co paquete e, de rebote, a min…
Se precisas algo xa sabes onde estou.
|
|
|
|
|
| Diario dun mirón (X) |
|
Rexistro 10 de miradas
Veume a dar as gracias e, despois tanto tempo, foi a primeira vez que ela soubo que eu existía.
Tiven medo.
De súpeto experimentei unha sensación absoluta de pudor.
Dalgunha forma perdera a miña posición de vantaxe, inmerecida por outra banda.
E agora eu era o fráxil.
|
|
|
|
|
| Diario dun mirón (IX) |
|
Rexistro 9 de miradas
A culpa foi dela.
A calquera lle chaman profesional, que non me diga que a estas alturas non sabe como reacciona o vello, pero a tipa esa… faille mil e unha perrerías.
Ben sei que é malo de aturar, insoportable diría eu pero para iso lle pagan. Se non lle gusta o que ve que se adique a outra cousa.
O vello tiña o día revirado e escapoulle, chamou a miña porta como podía ter chamado a outra e eu abrinlle e dinme conta de que algo malo fixera.
O primeiro que fixen foi intentar tranquilizalo e metelo na cama.
Como puiden púxenlle as correas e abofé que non opuxo resitencia.
A tipa sangraba coma un cocho (con perdón) polo nariz e do ollo á virulé non a libraba ninguén e eu só pensaba que podería ter sido moito peor.
Pero claro a tipa non vía o lado positivo.
Despediuse ese mesmo día.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|