 Hoxe sábado 25 de setembro dirixímonos a Chapela para participar no festival que organiza o grupo Anaquiños. Como podedes ver no cartaz, catro formacións subiremos ao escenario entre elas unha portuguesa e outra de Calatayud! Ás 17 h. está prevista a saída desde o Paseo da Ribeira.
E mañá a charanga de Vai de Roda tocará no Campo de Rianxo ás 19 h. para recibir a un grupo de Úbeda convocados pola asociación a Moreniña.
E os que teñades fotos ou videos da actuación da Guadalupe, facédenolos chegar! Graciñas. |