Asociación de música e baile tradicional de Rianxo |
|
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com

Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XII Romaría Galega na Pontraga |
|

O sábado 23 estaremos na Romaría Galega que organiza a asociación Brisas do Quenllo na Pontraga en Tordoia. Como vedes no programa, haberá de todo: baile, música, contos, grupos galegos, portugueses e casteláns, un bo xantar, festa... Xa sabedes onde ir pasar o sábado que vén. |
|
|
|
Venres no Luar |
|

Este venres, no último Luar da tempada, que se gravou o martes 19, actúan os 7 Ferreñas, os 9 Ferreñas e a Charanga de Vai de Roda. Non o perdades! |
|
|
|
NA FESTA DO ESCALO EN CHAIÁN |
|
 E volvemos a Trazo, desta volta á beiriña do Tambre, na Festa do Escalo, o domingo 17. A charanga amenizando a sesión vermú e coa escola de baile pola tarde.
|
|
|
|
EN XAVESTRE |
|

A nosa roda de verán comezou a xirar o 10 de xullo en Xavestre (Trazo), coa charanga e os grupos da escola de baile.
O verán vén completiño, xa iremos informando.
|
|
|
|
GRAZAS |
|

Queremos expresar o noso agradecemento ás seguintes entidades e persoas por facer posible, un ano máis, o noso serán:
- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
- Á Galbán-Bravo e Comojo que nos trouxeron os mexillóns.
- A Cortizo-Rianxo de Conservas, onde, un ano máis, cocemos os mexillóns.
- Aos operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e a iluminación.
- A Bandín e ao seu equipo que se encargaron do son.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- A Nuco Losada por ofrecerse a colaborar con nós e pola fermosísima escultura que nos doou.
- A Pedro e Sandra, pola súa creatividade, polo seu tempo, pola súa paciencia...
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A Hipólito, Dosi, Luís e Emilio por manter viva a tradición e compartila con nós.
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música e as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A todo Vai de Roda: charanga, pandereteiras, escola, familias e profes por traballar antes, durante e despois do Serán.
Graciñas |
|
|
|
|
|