|
|
Mostra das Culturas de Boiro |
|
Participamos na Mostra das Culturas en Boiro compartindo escenario coas pandereteiras Lumieira e as Xoaniñas de Boiro e o grupo Dançares da Madeira do Porto.
E despois tivemos a sorte de escoitar a RUOTE, que nos fixeron bailar ata non poder máis.
|
|
|
|
Na festa de fin de curso da Galescola |
|
Vai de Roda sumouse á festa de fin de curso da Galescola de Rianxo. A charanga animou a tarde e fixo bailar a nenos e grandes no Campo de Arriba. Desta volta tamén estiveron bailando tres dos grupos da nosa escola e as pandereteiras e pandereteiros botaron unha peza. Levamos tres anos sen dar feito o Serán no Campo de Arriba, pero o martes pasado luciu o sol e puidemos tocar e bailar no mellor campo da festa do mundo.
|
|
|
|
Superpandes |
|
Onde quera que vaian, con cinco minutiños libres que teñan xa che montan un ensaio, elas son:
As Superpandes de Vai de Roda |
|
|
|
Xirando en Rois |
|
E xa pola noite, a charanga e as pandereteiras de xira na Festa de San Xoán da Asociación de veciños A Travadeira de Rois.
As fotos non son o resultado dos espíritus da noite de San Xoán, eles sonche así!!
|
|
|
|
Xirando |
|
 O sábado 22 ao mediodía no Campo Maneiro, en Taragoña, no xantar dos 25 anos do C.E.P. Brea Segade.
|
|
|
|