Nesta nova edición do Serán de Vai de Roda, quixemos incorporar un "Seranciño". Trátase dun espazo adicado aos meniños no que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que, pertenzan ou non a unha agrupación, queiran pasalo ben cantando, bailando e xogando con rapaces doutros lugares.
O obxectivo deste "Seranciño" é a convivencia a través dos vínculos creados nos xogos, bailes e músicas tradicionais.
Os nosos pequenos poderán subir o escenario a tocar e cantar coa súa agrupación, bailar con outros nenos e nenas, aprender xogos e bailes tradicionais ..... e moitas máis sorpresas.
E como seranciño que é, non ha faltar unha boa merenda.
Co fin de conseguir unha mellor organización da actividade, solicitamos ás asociacións que cumprimenten o formulario do Seranciño: enlace ao formulario
Agardámosvos no Seranciño de Vai de Roda, o sábado 18 de xuño, entre as 20:00 e as 22:00 no Campo de arriba de Rianxo.
Para inscribirvos nos Obradoiros tedes dispoñible o formulario.
Antes de nada tede en conta:
- Para cada obradoiro teredes que encher un formulario independente.
- Cando enchades o formulario este enviarase á organización e vos confirmarán por correo electrónico a dispoñibilidade de prazas e o número de conta ao que teredes que facer o ingreso.
Impartido por: Hipólito e Dosy.
Horario: de 18 a 20 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo (escenario).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de baile.
- Levar calzado de suela branda.
Os profesores: O señor Hipólito e a súa dona Dosy son un dos mellores expoñentes dos bailes que se facían na serra do Suído, e maís concretamente nas parroquias de Couso, Edreira Vella e Abelenda (concello de Avión).
Durante dúas horas, este matrimonio levaranos de viaxe polas ruadas nas que tanto bailaron e mocearon. Bailaremos os tres ritmos da ruada: a muiñeira, a "apurada" ou jota e mailo vals (nome xenérico co que se referían o agarrado).
Aprenderemos as principais caracteristicas dos bailes desta preciosa terra; así coma as particularidades dos puntos que os diferencian doutras comarcas lindeiras.
Todo un luxo para Vai de Roda poder contar con informantes desta categoría.
Impartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20
Prezo: 10 ?
Requerimentos:
- Levar pandeiro.
Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.
O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro ?Para cantar e bailar?, (Ed. Do Cúmio, 2008).
Impartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.
Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 ?.
O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña.
Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!
Clicade sobre a imaxe para ver o programa en pantalla completa.
7 FERREÑAS 2º PREMIO NA CATEGORÍA A
9 FERREÑAS 1º PREMIO NA CATEGORÍA B
PREMIO AO MELLOR VESTIARIO: 9 FERREÑAS
PREMIO AO MELLOR ACOMPAÑAMENTO: CHARANGA VAI DE RODA
É OU NON É PARA SALTAR?
Damos a noraboa e os nosos agradecementos á Asociación Tequexetéldere pola fántástica organización do concurso.