|
|
Making off |
|
Así naceron os peixes, estrelas de mar, gaivotas, ondas e cabaliño de mar do V Serán.
|
|
|
|
Arrasamos! |
|
O mércores atopámonos con esta reportaxe en La Voz de Galicia.
Gústounos, pero sobre todo gústanos saber que quen veu cubrir o Serán sentiuse tan a gusto como para escribir esta reportaxe. Esperamos que todos os que pasastes pola lonxa o pasado sábado tiverades a mesma sensación.
Graciñas!
|
|
|
|
Grazas por este V Serán |
|
Coma sempre, rematado o traballo, apenas recuperando as forzas da asociación verquidas na organziación do V Serán Mar de Rianxo, queremos lembrar que se isto foi posíbel é grazas a:
- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
-A Confraría de Pescadores de Rianxo por cedernos un ano máis a lonxa, na que sempre nos sentimos tan comodos.
- Á Galbán-Bravo e Comojo que nos trouxeron os mexillóns.
- A Cortizo-Rianxo de Conservas que nos deixou cocer o mexillón na súa empresa.
- Os operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e botaron man en todo canto lles pedimos.
- Bandín e ao seu equipo que se encargou do son e nos acompañou ata altas horas da noite.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música, a vosa paciencia, as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A todo Vai de Roda, por traballar antes, durante e despois do Serán para que todo saíra tan ben.
Queremos tamén pedir disculpas por todos os erros que poideramos cometer, sempre se nos poden escapar cousas; a nosa intención un ano máis era que todo o mundo se sentira como na casa e que a noite fora unha festa para todos: público, músicos, colaboradores...
Graciñas |
|
|
|
RIFAS NO SERÁN |
|
Mentres agardamos por fotos ou vídeos e nos imos recuperando da festaza do sábado, vai o resultado do sorteo das rifas do serán.
Un deles xa ten dona: foise para unha amiga de Tordoia que pasará unha fin de semana na Casa Grande de Vilanova en Remesar-A Estrada.
LOTE CONSERVAS CORTIZO: nº premiado 1554
CEA CASA DO VILAR RIANXO-2 persoas: 488
NOITE CASA GRANDE 2 persoas: 180 (Vendido en Tordoia)
Son números vendidos polo que os donos/as dos boletos teñen que aparecer. Agardamos. |
|
|
|
HOXE Á NOITE! |
|
XA estamos, xa se respira festa!
Hoxe ás oito da tarde na LONXA da Confraría de Pescadores de Rianxo comezará o V Serán Mar de Rianxo. Non nos atrevemos a poñer hora de remate por razóns obvias.
Música, baile, boa comida, boa compaña, enciclopedias do folclore (en palabras de Dani) compartindo sabiduría e ganas de troula con xente moza e un bo acubillo para unha noite que, tal e como xa anunciaran os mouchos, ameaza a chuvia e sobre todo a frío.
Pero que chova, que chova, que chova, que chova a cachón....
Seguide ás indicacións que atoparedes estratéxicamente colocadas nos cruces, non hai perda.
Agardámosvos!
Vai de Roda
 |
|
|
|
|
|

|
|
|
|
Entrevista en La Voz de Galicia |
|
Hoxe a edición do Barbanza de La Voz de Galicia publica unha entrevista a Dani Pereiras, o presidente de Vai de Roda. Aquí tedes o enlace. |
|
|
|
DOUS DÍAS |
|
Quedan só dous días para o V Serán Mar de Rianxo!
Máis de vinte e cinco grupos inscritos que armarán festa da boa desde as oito da tarde en diante.
Gaiteiros, gaiteiras, pandereteiros e pandereteiras aínda estades en tempo para vos anotar.
Bailadoras, bailadores ide quentando motores, xa non queda nada.
Estade atentos á páxina, ás indicacións que colocaremos nas entradas de Rianxo e ... ao ceo para saber se finalmente o Serán se celebra no Campo de Arriba ou na Lonxa da Confraría de Pescadores.
Sexa onde sexa o que está claro é que este sábado:
HAI SERÁN EN RIANXO!

E os mouchos non sempre levan a razón. |
|
|
|
Na prensa |
|
A prensa da comarca recolle as novas dos premios na Estrada e do noso V Serán Mar de Rianxo.
La Voz de Galicia
Certo |
|
|
|
Exitosa participación na Estrada! |
|
 A estrea da participación das agrupacións de Vai de Roda de Rianxo nos concursos non puido ser mellor. As dúas formacións que acudiron ao prestixioso VI certame de Baile Tradicional Tequexeteldere na Estrada, o pasado 1 de maio, viñeron con dous segundos premios, despois de concursar con formacións como A Ponte Vella, Os Xeitosos de Trazo, Cantigas e Agarimos ou Donaire da Coruña. Vai de Roda está moi satisfeita polo que supón de confirmación do traballo ben feito desde a escola coa implicación de todas as familias. Un impulso nas datas previas a ese momento importante como é o noso V Serán Mar de Rianxo o sábado 8 de maio.
Máis alá de premios, estar con moitos outros grupos de nenos e nenas, participar nos eventos, coñecer o traballo de outras formacións que aman o noso baile e a nosa música é realmente o premio.
En datas próximas iremos subindo os vídeos da actuación da Estrada.
CATEGORÍA A ( de 7 a 9 anos):
1º premio: O Muíño da Retorta do C.C. A Ponte Vella.
2º premio: Sete Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Donairiño da AC Donaire.
CATEGORÍA B (de 9 a 12 anos):
1º premio:Grupo "C" de Cantigas e Agarimos.
2º premio: Nove Ferreñas da AMBT Vai de Roda.
3º premio: Tras do Eo do C.C. A Ponte Vella. |
|
|
|
|
|
|