VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O Serán en Certo
Certo, o Xornal Virtual de Barbanza e Noia publicou o domingo un artigo sobre o noso Serán que queremos agradecer e enlazar aquí.
Encántannos as fotos e os videos, que recollen dúas das actuacións que abriron o Serán: os máis pequenos de Vai de Roda interpretando A vaca marela acompañados pola charanga e Carmela e os nenos e nenas da ANPA do CEIP Castelao de Rianxo.
No seu blog tamén publicaron o post que aparece a man dereita.

Para acceder ao álbum de fotos do Serán que elaboraron desde Certo preme aquí.

Moitísimas grazas Certo pola cobertura do IV Serán Mar de Rianxo.

Aquí vos vai A vaca marela, porque se nos cae a baba cos nosos nenos e nenas.
Veña vai, e coa charanga tamén. E que dicir das pandereteiras!

Comentarios (0) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 27-05-2009 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas!

A verdade é que repetimos o título e boa parte do contido dun artigo publicado hai máis ou menos un ano. Pero non é por falta de ideas, é porque un ano máis estamos encantad@s coa acollida que tivo o noso Serán e sabemos que iso só é posible grazas ao esforzo e o apoio de moitas persoas e entidades.

O IV Serán Mar de Rianxo foi todo un éxito, grazas a:

- Os operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e botaron man en todo canto lles pedimos.
- Bandín e ao seu equipo que se encargou do son e nos acompañou ata altas horas da noite.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
-A Confraría de Pescadores de Rianxo por cedernos un ano máis a lonxa, na que sempre nos sentimos tan comodos.
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música, a vosa paciencia, as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A Toño polo cartel que tan ben reflexa o que é o noso Serán.
- A Sandra e Pedro polos deseños das camisetas que arrasaron e tanto deron que falar.
- A todo Vai de Roda, por traballar antes, durante e despois do Serán para que todo saíra tan ben.

Queremos tamén pedir disculpas por todos os erros que poideramos cometer, sempre se nos poden escapar cousas; a nosa intención un ano máis era que todo o mundo se sentira como na casa e que a noite fora unha festa para todos: público, músicos, colaboradores...


Graciñas

100% Vai de Roda
Comentarios (7) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 26-05-2009 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Se chove...
deixa chovere ....e vén ao Serán na lonxa da Confraría de Rianxo.
Pois sí, aínda que chova e vente celebraremos o Serán Mar de Rianxo a partires das 8:00 da tarde na lonxa.
Un ano máis moitas grazas á Confraría de Rianxo por cedernos ese espazo no que sempre nos sentimos tan a gusto.
Vémonos na lonxa, non faltedes!
Comentarios (0) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 22-05-2009 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros grupos confirmados para o IV Serán Mar de Rianxo
Estes son os primeiros grupos participantes, e non fixo máis que comezar!!! Tedes á vosa disposición nesta mesma páxina os nosos enderezos para anotarvos. Animádevos!

Gaiteiros da Baña
Flor da Maquía-Poulo
Requinta da Laxeira  
Pandereteiras Maghúa de A Coruña
Os Terribles do Carballal  
Veciños de Numide  
Veciños de Limiñoa  
Brisas de Tomiño  
Pandeireteiras Aleivosía da A.S.C. Fogo Fatuo de Rianxo  
As Anduriñas de Pazos de Borben   
Novas amistades de Nespereira  
Veciños de Touton  
Dignas del querer  
Pandereteiras do Regodobargo  de Pontecaldelas  
Rueiro de Palmeira   
Pandereteiras Lumieira de Boiro
Foliada de Castrelos
Cangrexeiros de Taragoña
Pandereteiras e charanga de Vai de Roda
Comentarios (5) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 09-05-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Participa no IV Serán Mar de Rianxo

Estes son os datos que precisamos dos grupos que queirades participar no Serán. Facédenolos chegar ben ao noso correo vaiderodarianxo@gmail.com ou por medio dunha chamada ao 654697768.
Comentarios (0) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 03-05-2009 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0