Hoxe que xa empezamos a recuperar a normalidade despois dunha fin de semana tan intensa queremos agradecer que o III serán Mar de Rianxo fora un éxito a:
- Os operarios do concello de Rianxo que a primeira hora do sábado montaron o palco e botaron man de boa gana en todo canto lles pedimos.
- Os operarios que se encargaron da instalación da iluminación.
- Bandín e ao seu equipo que se encargou do son e nos acompañou ata ben entrado o domingo.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
-O Concello de Rianxo que en todo momento prestou o seu apoio.
-A Confraría de Pescadores de Rianxo por estares sempre aí chova, vente ou faga frío e cedernos tan bo local.
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas... Coma sempre, non nos chegan as palabras de agradecemento.
- A todos os grupos que participaron no Serán por regalarnos a vosa música, a vosa experiencia, o voso bo facer .
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- As familias dos nenos e nenas de Vai de Roda por crer neste proxecto e trasmitirllo aos seus fillos/as.
- A Vai de Roda polo esforzo de todos estes meses e polo cariño con que se preparou este Serán.
Queremos tamén pedir disculpas por posibles erros, foran os que foran; a nosa intención era que todo o mundo se sentira como na casa e que a noite fora unha festa para todos: público, músicos, colaboradores...
Nuns días colgaremos as fotos do serán, está que vedes só é un adianto.
Graciñas e a polo IV Serán Mar de Rianxo
Vai de Roda