Asociación de música e baile tradicional de Rianxo |
|
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com

Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O vello suspiros leva, o novo xa os traerá |
|

Ano novo vida nova
ano novo que traerás
O vello sospiros leva
O novo xa os traerá
Rematamos a andaina deste ano 2009 despois de celebrarmos a gala, actuación, festival, mostra, d´O Aguinaldo. Fermoso punto e final para un ano intenso de actividade de Vai de Roda, na que se celebrou o quinto ano de vida do noso colectivo.
Foron moitos os momentos para a nosa lembranza, nas que salientar as participacións en Aguiño, Cedeira ou Boiro, dos meniños e meniñas da escola, ademáis do propio Rianxo. Unha formación moi viva e como puidemos ver nas actuacións, xermolo e canteira para manter en Rianxo aceso o facho do baile tradicional, xunto a outros colectivos que isto comparten.
Vimos tamén dun ano de consolidación do serán, que chegou á cuarta edición congregando a centos de persoas na lonxa que a este paso se consolidará como o local por antonomasia. Iso sí, se non chove, volverase ao Campo.
Ano de tamén cargado de moitas actuacións das pandeireteiras de Vai de Roda e da nosa charanga de música tradicional que percorreu vinte localidades nun verán e outono intensos e plenos de actuacións. Para poñer ese punto e aparte no serán da Nasa neste mes de decembro. A nosa charanga, as nosas pandeireteiras... A seguir traballando.
E na lembranza unha vez máis a actuación da Guadalupe 09, onde investimos os esforzos colectivos e orzamento propio en dotalo dun equipo de son e iluminación acorde co que compartir cos moitos veciños e veciñas o noso traballo.
Ou o curso de palletas, coa presenza de Cano e Moncho Marín que iniciou a primeira dunha serie de actividades complementarias de formación abertas tamén á participación de persoas que non son de Vai de Roda. Un curso financiado coas achegas do alunado e da asociación.
E finalmente a gala d´O Aguinaldo, onde cincoenta persoas subiron ao escenario ao abeiro de Vai de Roda para compartir e festexar estas datas do Nadal cun auditorio completo de familia, amizades, veciños que a Rianxo viñeron para pasalo ben xunta nós, unha asociación pequena con corazón grande e andaina garantida polos que nos relevarán. Grazas a todos e Feliz 2010!
|
|
|
|
Gala de Nadal: o Aguinaldo |
|
O sábado 26 de decembro ás 19 h. no Auditorio de Rianxo estades convidados/as a participar connosco da gala de Nadal, baixo o nome d´O Aguinaldo. Unha boa ocasión para escoitar, e ver, ás diferentes seccións da escola de Vai de Roda interpretando panxoliñas e cantares destas datas e algún dos bailes tradicionais froito do traballo da escola neste primeiro trimestre.
Señores nos marchamos
Moi boas noites
Perdoen se faltamos
Foi sen querer
se nos dan o aguinaldo
teremos alegría para volver
|
|
|
|
Presentación d´O Berce das Palletas |
|
O sábado 19 de decembro ás 20.30 h., Vai de Roda presenta no Cuartel Vello de Rianxo o libro O Berce das Palletas. Ten textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín e é un traballo editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Trátase dunha ferramenta que nos permite coñecer a fondo cal é o proceso de construción desta peza que constitúe a alma da gaita galega.
É un bon punto e final para o curso de empalletado tradicional impartido por Alexandre Cadarso que está a xuntar na antiga Casa de Cultura a quince persoas interesadas en se achegar a esta confección artesanal. |
|
|
|
|
|