
A fin de semana pasada estivo chea de actividades e boa música en Sarándón (Vedra).
A charanga e as pandereteiras de Vai de Roda participaron no xantar e na foliada que tivo lugar o domingo 26 como peche dunha fin de semana moi intensa.
Montouse unha boa festa coa participación de:
A requinta da Laxeira, Grupo de requinteiros A Gaita de Sarandón, Os Campantes da Baña, , Os Esfolladores de Illobre e Vai de Roda de Rianxo.
Noraboa á Asociación Cultural San Campio por un magnífico xantar, por unha boa foliada e polo bo ambiente que se viviu durante toda a xornada. |