 Este venres 30 de xaneiro Vai de Roda participará no Luar da TVG.
O grupo de baile, a charanga, as pandereteiras, os parrafeadores e os xigantes e cabezudos subirán mañá ao escenario de Luar.
Non o perdades! |
 Hoxe estrea no auditorio Sempre en Rianxo. O soño de barbeiro, obra do rianxeiro Pancho Martínez, que tal e como el mesmo di "pretende ofrecer unha visión sinxela do Rianxo máis xenial". E pretende facelo da man de máis de cincuenta persoas de Rianxo que participan nesta peza teatral representando aos moitos persoeiros do noso rico pasado cultural e tamén ás xentes do pobo.
Na obra participan Sabela e Marina con dous dos nosos cabezudos: Peito de Lobo e a velliña.
Hoxe os meniños non foron á escola, estamos en alerta laranxa, pero contra vento e marea estaremos no auditorio nesta estrea, porque a obra promete. E para quen non se atreva hoxe están as funcións do sábado e do domingo. |