VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
698133962
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2011 subvención da Deputación de A Coruña para a adquisición de dúas gaitas en SI bemol.

O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

IX Serán Mar de Rianxo

Comentarios (1) - Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 20-05-2014 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁN MAR DE RIANXO 2012
Dende Vai de Roda queremos agradecervos a todos a vosa participación no Serán. Gracias por compartir con nós o baile, a música e facer festa a rachar ata case o día.

Unha especial mención para o Exquisito Equipo de Cociña: SEMPRE IMPRESIONANTE




P.D. Tamén queremos aclarar que Vai de Roda xestiona e asume exclusivamente todos os gastos que acarrexa a organización e celebración desta festa. Por iso agradecemos tanto a vosa colaboración participando das rifas, camisetas ....etc
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 13-06-2012 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Estarán no Serán Mar de Rianxo

Polo de agora confirmaron que virán montar festa o sábado que vén:

No Seránciño:
- Grupo O Teixedal de Rianxo
- Tahumiños de Ribeira
- Grupos de baile e pandeireta da escola de Vai de Roda
- Charanga de Vai de Roda

No Serán:

O gaiteiro Flor da Maquía
Pandereteiras de A Pontraga
Escola de Ultreia
Pandereteiras de Tahume
Os Mersenarios de Bexo
Pandereteiras de Anxerís
Agharrapatas Rodríghes
Pandereteiras de Limiñoa
Millo Verde
Pandereteiros de Traspés
Escola de Vai de Roda
Charanga de Vai de Roda

Animádevos, só faltan 4 días!
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 22-05-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁN MAR DE RIANXO 2012
É tempo de serán en Rianxo!

Bailadores, bailadoras, músicos, amigos/as da festa, do baile e da música tradicional, da boa comida... Amigos/as de Vai de Roda e do noso Serán, ide preparándovos, o 26 de maio xa está ao caer. Ese é o día do VII Serán Mar de Rianxo. A cita será das oito da tarde en diante no Campo de Arriba de Rianxo.


Comezaremos ás 8 co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare.


Os grupos que queirades actuar no VII Serán Mar de Rianxo (Seranciño ou Serán) podédesvos anotar mandando un correo ao noso enderezo:

vaiderodarianxo@gmail.com



Serán Mar de Rianxo 2012

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 03-05-2012 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS


Queremos expresar o noso agradecemento ás seguintes entidades e persoas por facer posible, un ano máis, o noso serán:
- O Concello de Rianxo e en especial á Concellaría de Cultura que en todo momento prestou o seu apoio.
- Á Galbán-Bravo e Comojo que nos trouxeron os mexillóns.
- A Cortizo-Rianxo de Conservas, onde, un ano máis, cocemos os mexillóns.
- Aos operarios do concello de Rianxo que montaron o palco e a iluminación.
- A Bandín e ao seu equipo que se encargaron do son.
- A todas as empresas colaboradoras que fixeron posible a posta en marcha deste serán.
- A Nuco Losada por ofrecerse a colaborar con nós e pola fermosísima escultura que nos doou.
- A Pedro e Sandra, pola súa creatividade, polo seu tempo, pola súa paciencia...
- A todas as persoas de Rianxo que colaboraron con nós aportando comida, botando unha man no reparto da mesma, vendendo rifas, dando ánimos, apoiando en todo momento...
- A Hipólito, Dosi, Luís e Emilio por manter viva a tradición e compartila con nós.
- A todos os grupos que participaron no Serán pola vosa música e as vosas ganas de pasalo ben e facer que todos o pasaramos ben.
- A todas as persoas de Rianxo e doutros moitos lugares de Galicia que viñeron bailar, cantar e facer festa con nós.
- A todo Vai de Roda: charanga, pandereteiras, escola, familias e profes por traballar antes, durante e despois do Serán.


Graciñas
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 18-07-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
O SERANCIÑO

Nesta nova edición do Serán de Vai de Roda, quixemos incorporar un "Seranciño". Trátase dun espazo adicado aos meniños no que poden participar todos aqueles rapaces e rapazas que, pertenzan ou non a unha agrupación, queiran pasalo ben cantando, bailando e xogando con rapaces doutros lugares.
O obxectivo deste "Seranciño" é a convivencia a través dos vínculos creados nos xogos, bailes e músicas tradicionais.
Os nosos pequenos poderán subir o escenario a tocar e cantar coa súa agrupación, bailar con outros nenos e nenas, aprender xogos e bailes tradicionais ..... e moitas máis sorpresas.
E como seranciño que é, non ha faltar unha boa merenda.


Co fin de conseguir unha mellor organización da actividade, solicitamos ás asociacións que cumprimenten o formulario do Seranciño: enlace ao formulario

Agardámosvos no Seranciño de Vai de Roda, o sábado 18 de xuño, entre as 20:00 e as 22:00 no Campo de arriba de Rianxo.
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Formulario de inscrición aos Obradoiros do Serán Mar de Rianxo
Para inscribirvos nos Obradoiros tedes dispoñible o formulario.

Antes de nada tede en conta:
- Para cada obradoiro teredes que encher un formulario independente.
- Cando enchades o formulario este enviarase á organización e vos confirmarán por correo electrónico a dispoñibilidade de prazas e o número de conta ao que teredes que facer o ingreso.

O formulario: Formulario de inscrición
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile: Bailes da Serra do Suído, Edreira Vella
Hipólito e DosyImpartido por: Hipólito e Dosy.
Horario: de 18 a 20 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo (escenario).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de baile.
- Levar calzado de suela branda.

Os profesores: O señor Hipólito e a súa dona Dosy son un dos mellores expoñentes dos bailes que se facían na serra do Suído, e maís concretamente nas parroquias de Couso, Edreira Vella e Abelenda (concello de Avión).
Durante dúas horas, este matrimonio levaranos de viaxe polas ruadas nas que tanto bailaron e mocearon. Bailaremos os tres ritmos da ruada: a muiñeira, a "apurada" ou jota e mailo vals (nome xenérico co que se referían o agarrado).
Aprenderemos as principais caracteristicas dos bailes desta preciosa terra; así coma as particularidades dos puntos que os diferencian doutras comarcas lindeiras.
Todo un luxo para Vai de Roda poder contar con informantes desta categoría.

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario)
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 12-06-2011 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia
Luis PregoImpartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20
Prezo: 10 ?
Requerimentos:
- Levar pandeiro.

Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.

O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro ?Para cantar e bailar?, (Ed. Do Cúmio, 2008).

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario).
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 08-06-2011 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita
Emilio LoisImpartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio de Rianxo
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.

Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 ?.

O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña.

Inscrición: Enche o formulario correspondente (lévame ao formulario).
Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 08-06-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0