.JPG)
O sábado 20 de xullo armamos unha boa na praza de Rafael Dieste. Xuntámonos todos os meniños e meniñas da escola de baile e pandeireta, a charanga, as pandereteiras, as familias e un montón de amigos de Vai de Roda que tamén se apuntaron. Houbo xogos, merenda, por suposto música e baile e como remate unha boa "guerra de auga".
Para os máis pequenos da escola foi a súa primeira actuación, así que había algo de nervios, pero todo resultou moi ben. |