O pasado sábado Vai de Roda actuou en Braojos de la Sierra (Madrid) dentro da
IX Jornada de Música y Tradiciones que organiza o concello e a oficina da xuventude coa colaboración dos veciños e veciñas do pobo. Esta actividade forma parte dun programa máis amplo denominado
Braojos Tradicional que se desenvolve ao longo de todo o ano e que inclue unha interesante programación de talleres, exposicións, rotas...
Viaxou con nós ata Braojos o grupo de baile tradicional Alborada Santa Lucía.
Puidemos participar nos talleres de barro, cestería, papel, malabares... Escoitamos música de dulzaina, degustamos as especialidades gastronómicas da zona...
Chegou o momento da nosa actuación e chovía a chuzos, pero contra vento e marea Vai de Roda e Alborada actuaron baixo a carpa de Braojos, demostrando que @s galeg@s somos xente curtida e que nos vai a festa unha barbaridade. E descubrimos que era algo que tiñamos tamén en común coa xente de
Braojos Tradicional
Á noite concertos de Eliseo Parra e Javier Paxariño na igrexa de Braojos, todo un luxo! E máis festa galega no albergue e na carpa.
A viaxe foi longa pero pagou a pena.
Saúdos desde Rianxo a Braojos e aos de Alborada.