 A charanga de Vai de Roda xa ten o seu primeiro CD!
Trátase dunha colaboración con dous temas no proxecto Son de Rianxo promovido polo Museo Pedagóxico Castelao do C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña e a Asociación Cultural Barbantia. Neste proxecto diferentes grupos de Rianxo reinterpretan temas recollidos aos gaiteiros Ramón Carou e Xosé Figueiras.
Vai de Roda gravou os temas de Xosé Figueiras: Muiñeira de Cerqueiras e Rumba de Cerqueiras. Tamén participan no CD os grupos: Banda de gaitas Buxaina, Café ao tisón, Río do Anxo e Os Cangrexeiros e por suposto Xosé Figueiras e Ramón Carou. |