VAI DE RODA


Asociación de música e baile tradicional de Rianxo
CONTACTOS:
654697768
vaiderodarianxo@gmail.com


Vai de Roda recibiu no ano 2010 subvención da Deputación de A Coruña para vestiario e para a realización de xornadas de divulgación do patrimonio musical tradicional.


O meu perfil
vaideroda
 ASOCIACIÓN
 SERÁN MAR DE RIANXO
 VAI DE RODA EN IMAXES
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

SERÁN MAR DE RIANXO 2012
É tempo de serán en Rianxo!

Bailadores, bailadoras, músicos, amigos/as da festa, do baile e da música tradicional, da boa comida... Amigos/as de Vai de Roda e do noso Serán, ide preparándovos, o 26 de maio xa está ao caer. Ese é o día do VII Serán Mar de Rianxo. A cita será das oito da tarde en diante no Campo de Arriba de Rianxo.


Comezaremos ás 8 co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare.


Os grupos que queirades actuar no VII Serán Mar de Rianxo (Seranciño ou Serán) podédesvos anotar mandando un correo ao noso enderezo:

vaiderodarianxo@gmail.com



Serán Mar de Rianxo 2012

Categoría: Serán Mar de Rianxo - Publicado o 03-05-2012 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIII Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

E VOLVEMOS SALTAR DE ALEGRÍA!

Categoria B:
1º Premio: "7 Ferreñas"

Accésit Mellor grupo de acompañamento da Categoría A e B: Charanga de Asociación de Música e Baile Vai de Roda

Categoría C:
1º Premio: "9 Ferreñas"























Damos a noraboa a Tequexetéldere pola organización do Concurso, que un ano máis, foi estupenda.

Parabéns tamén a todos os bailadores, bailadoras e músicos que participaron no concurso e aos grupos premiados.

Para ver o listado completo dos premiados podedes acceder á páxina de Tequexetéldere.

Na prensa:

Faro de Vigo

La Voz de Galicia (edición Deza)

El correo gallego

Certo
Categoría: Escola - Publicado o 30-04-2012 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ACTUACIÓN EN LUAR


O pasado 13 de Febreiro tivo lugar no programa Luar a brllante e colorida actuación dos grupos de 7 e 9 ferreñas de Vai de Roda coa danza de entroido de Santa Cristina de Cobres. A vestimenta da mesma corresponde a unha antiga tradición da zona de Santa Cristina e San Adrián de Cobres. Así os mozos e mozas da zona vestidos con estes vistosos e elaborados traxes, pasean e bailan polas rúas para festexar o entroido. Reciben o nome de "Madamas" e "Galáns". Esta tradición ainda hoxe se mantén viva gracias ós veciños destas parroquias. Todo un luxo para o patrimonio cultural de Galicia que quixemos recoller e compartir con vós.
Categoría: A presentación - Publicado o 13-04-2012 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VISITA A UN ARTESÁN
O 18 de Decembro visitamos a un artesán afincado en Rianxo no seu taller de instrumentos: Enrique Moure. Ensinounos moitos instrumentos, cómo tocalos e incluso houbo quen practicou con algún....




Categoría: A presentación - Publicado o 28-03-2012 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE COLARES
O 13 de novembro tivo lugar no local de ensaio un Obradoiro para que tódolos membros da asociación puderan aprender a elaborar os seus propios colares como parte do traxe tradicional de cada un. A clase foi impartida por Daniel Pereira, Rodrigo Lorenzo e Ana Ares.



Categoría: A presentación - Publicado o 28-03-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE PEITEADO
O pasado 30 de Outubro tivo lugar no local de ensaio un obradoiro para aprender e perfeccionar os peinados das nosas mozas. As clases foron impartidas por Rosa Garcia e Ana Garcia. Ámbalas dúas contan cunha amplia e dilatada experiencia no mundo da música e do baile tradicional. Foron compoñentes da Agrupación Cantigas e Agarimos e Anubía. Tamén mestras de baile e canto tradicional.



Categoría: Asociación - Publicado o 28-03-2012 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FESTAS DA GUADALUPE 2011
A actuación de Vai de Roda tivo lugar no Auditorio Municipal de Rianxo debido a que o tempo non acompañaba para actuar na praza de Rafael Dieste.

Coma sempre brilaron coma estrelas dende os bailadores máis pequenos ata os grandes músicos da charanga.






Categoría: Actuacións - Publicado o 28-03-2012 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En Tordoia


Tremenda festaza na Pontraga! Agradecer o traballo da asociación Brisas do Quenllo que coidou todos os detalles e nos fixo sentir coma na casa. Noraboa polo voso traballo para manter viva esta festa.
Un saúdo especial para Félix e a súa muller por abrirnos as portas da súa casa.
O ben que o pasamos xa se ve nas fotos, ou non?

Grazas!
Categoría: Actuacións - Publicado o 25-08-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XII Romaría Galega na Pontraga


O sábado 23 estaremos na Romaría Galega que organiza a asociación Brisas do Quenllo na Pontraga en Tordoia. Como vedes no programa, haberá de todo: baile, música, contos, grupos galegos, portugueses e casteláns, un bo xantar, festa... Xa sabedes onde ir pasar o sábado que vén.
Categoría: Actuacións - Publicado o 22-07-2011 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Venres no Luar

Este venres, no último Luar da tempada, que se gravou o martes 19, actúan os 7 Ferreñas, os 9 Ferreñas e a Charanga de Vai de Roda. Non o perdades!
Categoría: Actuacións - Publicado o 21-07-2011 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal



Contador gratis