Xa temos unha boa reportaxe fotográfica da gala da Guadalupe 2008. Nesta foto vemos o aspecto da praza no saúdo final dos bailadores e bailadoras, as pandereteiras e a charanga.
O espectáculo foi un éxito. Grazas a todas aquelas persoas que contribuiron a facelo realidade traballando arreo durante estes últimos meses.
A murga de Vai de Roda tivo un verán ben movido recorrendo as festas do país: Cabo de Cruz, Vilasantar, Boimorto, Muxía e Corcubión puideron deleitarse coa nosa charanga en acción. As pandereteiras acompañáronnos en Muxía, espectáculo ao completo!
O sábado 20 de xullo armamos unha boa na praza de Rafael Dieste. Xuntámonos todos os meniños e meniñas da escola de baile e pandeireta, a charanga, as pandereteiras, as familias e un montón de amigos de Vai de Roda que tamén se apuntaron. Houbo xogos, merenda, por suposto música e baile e como remate unha boa "guerra de auga".
Para os máis pequenos da escola foi a súa primeira actuación, así que había algo de nervios, pero todo resultou moi ben.
Hoxe 5 de xullo VII Festa Rachada na Baña coa actuación entre outros de Vai de Roda.
Non deixedes de achegarvos á Area Recreativa Agra de Chans en San Vicente da Baña.
Dende as 13:00 horas actuarán:
Os Pequenos da Baña.
Armadanzas de Laraño (Baile Tradicional).
Murga e Pandereteiras Vai de Roda, Rianxo.
Charanga Follas Novas , Ames
O Trioliro.
Murga Os Campantes da Baña,
e a espectacular actuación de O CarriÇo (Coimbra).
Tamén participarán os gaiteiros (uilleanpipe e whistles) Dennis O´Toole e Carmel O´Leary (Irlanda).
E xa á noite, estarán como convidados á foliada:
Milloverde da Coruña, Os Enxebres de Cacheiras, Pablo Carpintero, Raúl Galego, Charanga de Ultreia, Os Contracochenos, Os Viqueiras de Ordes e todos aqueles e aquelas que os queiran acompañar cos seus instrumentos porque a troula continuará ata...
Ao longo do serán levaranse a cabo obradoiros para pequen@s e maiores.
Contan con zona de acampada e lémbrannos que temos que levar o xantar e a merenda para ir repoñendo forzas.
Non o pensedes máis, nós xa marchamos para alá. Vémonos na Baña.
Vai de Roda actuou na I Festa Fin de Curso das Galescolas que se celebrou o pasado 22 de xuño no Campus sur de Santiago de Compostela. A charanga e as pandereteiras animaron ao longo da mañá unha festa chea de obradoiros, de música, de contos e sobre todos nenos e nenas que tamén gozaron da nosa música tradicional.