|
|
|
|
| Sidonie |
|
Non cantan en galego, porque son cataláns, pero son boísimos, recoméndovolos. O seu último disco e unha pasada, se tedes un lado popeiro sesentero, tedes que escoitalo. Como mostra a letra dunha das súas cancións:
NUESTRO BAILE DEL VIERNES (Marc Ros)
Son las seis, he dormido mal, es un día gris
Tú no estás y no hay café, es hermoso existir
Siete y diez alguien escribió en el ascensor
“El placer se puede comprar pagando con dolor”
Yo soy uno más
De esos rostros tan comunes
En el autobús
Son las ocho y hoy es lunes
Tú estás maquillándote antes de salir
Sombra, rimel, lápiz y carmín, ya no esta la cicatriz
Eres una más
Hoy tus labios son burdeles
Tú y yo en la ciudad
Son las doce y hoy es viernes
Bailemos
Canciones de viernes que ni conocemos
Pero bailemos
Hoy llegaremos hasta el cielo
Bailando canciones que ni conocemos
Pero bailemos
Por un momento
Somos tan bellos
Y después
Tan mediocres otra vez
Quiero dar una vuelta más sólo son las tres
Ahora soy como un niño que se ríe al caer
Por favor una vuelta más en el carrusel
Sólo soy como un niño que se ríe al caer
Gente tan normal
Que despierta por el brillo
Del sol del neón
Anunciando que es domingo |
|
|
|
|
| A marea branca |
|
Fai cinco anos, estaban centos de voluntarios nas costas galegas limpando o chapapote, facendo o contraste entre a marea negra e a marea branca. Dende aquí gustaríame agradecer a todos aqueles que axudaron na tarea de limpeza directamente, aos que aportaron alimentos para eses voluntarios e a todos os que, dalgunha ou doutra maneira, sentiron a desgraza que sufriu Galicia. Dende o meu pequeno blog, grazas. |
|
|
|
|
| Sinto o retraso |
|
| Deixei de lado o blog durante todo o verán e practicmente a metade do outono, pero intentarei ser a partir de agora moito moito máis constante. Como vedes, se é que alguén ve o meu blog (jejeje), inaugurei unha nova categoría, "Arte", así que se hai alguén ao que lle interese que deixe as súas suxerencias e gustos persoais. |
|
|
|
|
| Inauguración |
|
Para inaugurar esta categoría, deixo este cadro, un dos meus favoritos: "O bico" de Gustav Klimt. |
|
|
|
|
| Cuestión de gustos |
|
Pois a verdade é que nunca escoitara nada de Ariel Rot, nada excepto algún clásico de Tequila estilo "Salta". O outro día pasoume algo curioso. Fun a Alcampo coa miña nai e a miña irmá e na sección de televisores, todas emitían o videoclip de Ariel Rot con M-Clan cantando "Me estás atrapando otra vez". Gustoume a canción e decidín descargar o cd enteiro, a pesar de só escoitar un cachiño dunha canción. A cuestión é que o cd encantoume e descargueime todos os cds desde 1997, o que son as casualidades...
Eu volvo aos clásicos... A mín nada de El Canto del Loco, Bisbal..., a mín dame a Sabina, Urrutia, Ariel Rot, Drexler, Golpes Bajos, Alejandro Sanz, Fito y Fitipaldis... Ahh, é por certo, escoitade a Ectoplasma, grupo pop vigués que soa moi ben. Vos convido a velos no Felipop en agosto, xa informarei das datas e os prezos.
Saúdos. |
|
|
|
|
| A queimada |
|
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.
Como non estaremos no día de San Xoán, haberá que dedicarlle unhas palabriñas e por iso bos digo o conxuro da queimada e a súa función: todo o ritual de preparación está dirixido a botar fóra aos malos espíritus e ás meigas que, segundo a tradición, perseguen aos homes e mulleres para intentar maldicilos xa sexa por diversión, por vinganza, por algo que realizaron anteriormente, ou por calquera outro motivo. Calquera ocasión é boa para realizar unha queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Tras a cea, na escuridade da noite, os comensais reúnense ao redor da queimada, para animar os corazóns e estreitar os lazos de amizade. Un deles encargarase de darlle o toque final levantando cun culler o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente mentres pronuncia o conxuro. |
|
|
|
|
| Hoxe ás 23:00... |
|
A Valencia!!! Non me fago á idea de que xa sexa hoxe... Din que por alí vai un solazo..., haber se é certo porque aquí brilla pola súa ausencia...
Así, non poderei actualizar ata o vindeiro xoves, que se lle vai facer!
Pois aí vos deixo unha foto do que imos ver un destes días: |
|
|
|
|
| Inauguración |
|
Pois hoxe inauguro o meu blog. Ademais é o meu aniversario, e teño o flog saturado de comentarios (un síntese ben nesta data, cando todo o mundo te quere). Pois mañá ímonos a Valencia que ben o imso pasar... Que ganiñas...
Fin de curso, vacacións e un tempo que acompaña :p
Bueno, pois iso, que a partir de agora decantareime por algún tema, pero aínda penso nel...
Veña, biquiños.
P.D: déixovos unha foto dos meus anos mozos, jajajaja |
|
|
|
|
|