UZ




 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bretaña: noticias da irmá do norte
Sigo a roubarlle ó Manuel Gago:
Galicia, unha superficie de 29.575 km². Bretaña: 27.209 km². Galicia: 2.772.533 habitantes. Bretaña: 2.906.197 habitantes. cidadáns. Galicia, catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. A Bretaña, catro departamentos: As Costas de Armor, Ille e Vilaine, Morbihan e Finisterre. Sabemos ao que imos, ¿non?
Máis (moi, pero que moi recomendable) aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Visto por ahí - Publicado o 14-08-2008 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Destino BZH
Este ano, apetecíannos unhas vacacións un pouco diferentes. Así que decidimos ir a un país costeiro, con lingua de seu, con catro provincias, cunha costa de fermosas e tranquilas rías e agrestes cantís, e cun interior de granxas, aldeas e cheiro global a vaca. Un país no que o calendario festivo para as vindeiras semanas inclúe a Festa da Vieira, a Festa do Mexilón, a Festa do Longueirón. No turismo cultural, recomendan encarecidamente achegase ata a rexión de Finistere e facer a ruta dos cruceiros e das parroquias. Un dos pratos nacionais, por certo, é a caldeirada de peixe, ademáis das filloas. Son uns flipados do porco, e os maiores produtores en Francia da súa carne e embutidos. Ah, non hai como descubrir culturas exóticas!(suspiro).


Roubado do Capítulo 0 de Manuel Gago.
Comentarios (2) - Categoría: Visto por ahí - Publicado o 24-07-2008 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O decálogo do galego
Roubado de Días estranhos:


O decálogo do galego (Manuel Rivas) from Martin Pawley on Vimeo.
Comentarios (2) - Categoría: Vídeos - Publicado o 25-06-2008 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa está en casa
O outro día informeivos de que estaba á espera dun iMac. Pois ben, xa chegou. Este é o primeiro post feito con el.

Pena de non ter moito que contar.
Comentarios (3) - Categoría: Informática - Publicado o 06-06-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O meu iMac e a súa odisea
O venres merquei un iMac e xa está de camiño pra casa. Hoxe entrei na empresa que fai o transporte e atopeime que o pobriño meu (non vos riades, que aínda non o teño e xa o boto de menos) anda de turismo por Europa. Saiu de Eindhoven (Paises Baixos), parou en Bruxelas (Bélxica) e agora anda por Chilly Mazarin (París, Franza). De seguires así terá que facer noite en Burdeos, Lión ou Barcelona antes de chegar a Madrid o xoves.

Polo menos coñece mundo, animaliño...
Comentarios (3) - Categoría: Informática - Publicado o 03-06-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Blogues pola lingua
Nace Blogues pola lingua a rede de blogueiras/os en defensa do Galego.

Esta asociación ten preparado un acto o 18 de maio na manifestación nacional convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, na Alameda de Compostela. Eu non poderei ir, pero espero que alguén se lembre de min e que, polo menos poda estar en espíritu.

A nota completa podedes atopala na Selva de Esmelle.
Comentarios (0) - Categoría: Iniciativas - Publicado o 14-05-2008 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A división do mundo
O mundo divídese en dous frontes irreconciliables: os que poñen o papel hixiénico cara fóra e o que o poñen cara dentro

Frase de orixe descoñecida.

¿E logho ti de quen ves sendo?
Comentarios (2) - Categoría: Pensamentos - Publicado o 12-05-2008 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sirenito
Ou como os pais proxectan as súas frustracións e desexos nos seus fillos:

Comentarios (0) - Categoría: Vídeos - Publicado o 10-05-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sen comentarios
Copio e pego unha nova da Axencia EFE:
Dos chimpancés se escapan del zoológico y una pasa dos horas en bar Tenerife.

Santa Cruz de Tenerife, 8 may (EFE).- Dos chimpancés, madre e hija, según la Guardia Civil, se escaparon hoy del centro zoológico Oasis, en el municipio de La Orotava (Tenerife), y una de ellas estuvo durante más de dos horas en el bar Los Rechazos, en el que alarmó a los clientes, se asustó y causó daños, hasta que fue capturada.

Fuentes de la Guardia Civil dijeron a Efe que a las 15.30 horas les alertaron desde el centro zoológico de que dos chimpancés se habían escapado, y añadieron que una de ellas fue localizada y capturada por agentes de este cuerpo en la azotea de una vivienda próxima.
La otra chimpancé entró en un bar del Camino de Los Rechazos, donde causó la alarma entre los veinte clientes que había en ese momento en el local, declaró a Efe Moisés Álvarez, uno de los propietarios.

Moisés Álvarez explicó que hacia las 14.00 horas una chimpancé de tamaño mediano abrió la puerta del bar y entró corriendo hasta la cocina, donde se quemó y se cortó las piernas con una estantería que destrozó.

El animal tiene "mucha fuerza", comentó Moisés, pues dos personas intentaron sujetarlo sin éxito mientras causaba destrozos en el local, que se ha quedado sin televisión a causa de la chimpancé.

Con la entrada de la chimpancé los clientes salieron, aunque no todos, pues algunos intentaron sujetar al animal, algo que no se consiguió hasta la llegada de agentes de la Guardia Civil, señaló Álvarez.

El bar estuvo cerrado más de dos horas, hasta las 15.30 horas, señaló Moisés, quien cree que no habrá problemas para llegar a un acuerdo con el propietario del animal para pagar los daños ocasionados.


E non podo engadir nada máis.
Comentarios (1) - Categoría: WTF? - Publicado o 08-05-2008 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cambio de coche
Por circunstancias alleas (ou non) a miña persoa e ás miñas accións últimamente ando pensando en mudar de coche. Polo que levo visto o que máis me interesa ata o de agora é o Toyota Prius (un híbrido que entre unha cousa e outra sairáme por 20.000 euros, máis ou menos).

O problema é que o outro día vin este outro: un deportivo completamente eléctrico. Todavía non está a venda, pero hai que pagar una fianza de 20.000 euros (si, tanto coma un Prius noviño do trinque) e non se sabe aínda o prezo total do cacharro, pero penso que o meu soldo non me va a dar pra tanto.

E, ademáis, é precioso o demo do cacharro.
Comentarios (0) - Categoría: Persoal - Publicado o 08-05-2008 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal