Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Eleccións en Baviera

Neste recuncho do mundo onde case que só nos chegan ecos das cousas que pasan alén Miño e remorsos inintelixíbeis de alén Pirenéus non sabemos muito dun estado como Baviera, na actual Alemaña.

Direivos catro detalles: Un dos estados punteiros da Alemaña, a capital é München (en galego Múnic/portugués Múnique), é o estado con máis personalidade propia de toda Alemaña. Conta cun idioma propio: o bávaro e un partido que nunca, desde tempo inmemoriais perdeu a maioría absoluta nunhas eleccións. Era aquel lugar onde fora Fraga e quedara namorado dicindo que quería facer da Galiza a Baviera da España. Muito cachondeo houbera daquela provocando unhas reaccións dentro do nacionalismo bastante negativas con referencia a este estado alemán.

Pois ben, hoxe son as eleccións deste estado. Un dos máis dotados de autogoberno de Europa e ao tempo un bastión firme da economía. Agora mesmo andan coas eleccións e o Octobertest, a ver como sae esa convinación.

Mañán, cando acabe o reconto electoral saberemos se se perde esa maioría absoluta perenne que é a que tanto namorara a Fraga e inspirara os seus sospiros máis sinceros. Garda certo paralelismo con Galiza e non só pola bandeira azul e branca senón porque non se fala de quen gaña ou non gaña e si de se terán ou perderán por primeira vez a maioría absoluta.
Comentarios (3) - Categoría: Europa - Publicado o 28-09-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de videos bascos
Dúas racións de videos bascos. Ambas son documentarios sobre persoas reprimidas polas forzas propietarias do monopolio da violencia no estado español. Para visionar as versións íntegras ao rematar a primeira parte debedes seguir a ligazón que pon embaixo de "Este vídeo é uma resposta a" onde van aparecendo as continuacións até chegar ao final.

A primeira sentada é sobre os importantes sucesos dos San Fermins do ano 1978.



e a segunda sobre a represión das protestas de baixa intensidade do ambiente independentista. As condeas, as privacións de liberdade e a xeración de psicose.



Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 26-09-2008 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Morto en estrañas circunstancias o primoxénito da familia real (1956)
Sorprendido tenme esta noticia. Trátase dun escrito que un Coronel do exército español remitiu recentemente ao Fiscal Xeral de Portugal.

O escrito é un auténtico torpedo na liña de flotación da monarquía española. Afirma que debe ser xulgado el-rei de españa pola morte por arma de fogo do seu irmán maior e esclarecidas as circunstancias de tal falecemento:

"a las 20,30 horas del día 29 de marzo de 1956 en el domicilio del ciudadano español, don Juan de Borbón, pretendiente al trono de España, sito a la sazón en la finca denominada “Villa Giralda” de Estoril (Portugal), la muerte en extrañas circunstancias de su hijo menor, don Alfonso, por un disparo en la cabeza procedente de una pequeña pistola propiedad de su hermano mayor, don Juan Carlos"


A versión oficial sempre enlazou dous conceptos simplificadores: que o actual rei era un neno xogando e que o finado tiña unha enfermidade que afectaba ás súas posibilidades de reinar algún día, malia a ser este o primoxénito e herdeiro ate o seu homicidio.

Os argumentos do coronel Amadeo Martinez non fan referencia á posible doenza do herdeiro xa que sería bastante denigrante para a súa persoa telos en conta na investigación dunha morte humana. Si que fai referencia a que o autor do disparo nunca declarou ante ningún xuíz, a arma foi arroxada polo seu pai no medio do mar e o autor do tiro desaloxado en avión militar español ás présas a Zaragoza.

Todo o que dixo até agora era cousa sabida pero o que engade respecto aos 6 meses de educación militar y 6 de educación premilitar e formación de Juan Carlos en armamento, a pesar de ser algo obvio, é algo que desmonta a figura infantil, e inocente, á quen se lle dispara por mal fado unha arma.

Eu non sei que fará o fiscal portugués pero en españa este feito non é imputábel debido á Irresponsabilidade do xefe do estado. El-rei pode cometer calquera delicto sen que a xustiza teña dereito a enxuízalo.

Pensaba que mui atrás quedaban os tempos en que o xefe de estado español non saía do país, ao máis puro estilo Pinochet, por medo a ser detido no extranxeiro polos seus presuntos delictos.

Aínda que sendo realistas (non favorables do rei senón fieis á realidade) se a xustiza portuguesa nunca fixo nada en máis de 50 anos non creo que vaia tomar medidas agora. Iso si, os delictos de sangue nunca prescriben.
Comentarios (6) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 11-09-2008 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Agua de Mondariz

Acabado o período de Pax Galaica é a nosa quenda de tirar pedra. Eles din que lles obrigamos a aprender a lingua e nós temos que vivir entre eles. Non se pode alimentar ao inimigo.
Comentarios (3) - Categoría: Diglosia - Publicado o 09-09-2008 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal