Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Yo siempre fui de centro

Non digo que o centro non exista senón que a dereita española ten tendencia a que sexa a súa tinta de calamar.
Comentarios (7) - Categoría: fotoblog - Publicado o 23-08-2008 02:33
# Ligazón permanente a este artigo
A defensa do español en Mos
A defensa do español foi o motivo argumentado polo número 2 do PsoE, Gerardo Alonso Porto, para abandonar o grupo socialista en Mos e pasarse ao grupo dos non adscritos. É consecuencia da criazón do Servizo de Normalización Lingüística do concello.

O concello queda cunha distribuizón de votos de: PP -8, PsoE-5, BNG-3, Grupo non adscrito do antigalego-1. Co cal o Jimenez Losantos e El Mundo, que non saben onde cae o concello de Mos, conseguen coa súa teoría da defensa do español por en problemas o goberno dun concello galego.

Claro que a distribuizón de votos no concello non ten por que ser unha consecuencia senón máis ben pode ser o motivo. O lector da prensa madrileña é posible que considere que o seu voto vale máis agora que antes.

Parabéns para os antigalegos e para os seguidores dos pelotazos: Gerardo Alonso é o novo líder. Desta volta antigalego e pelotazo fan elos da mesma cadea de españolismo. O resultado é a deterioración do goberno de Mos e o entorpecemento da normalización lingüística.

O concello que deu ao mundo a Uxía Senlle e Óscar Pereiro ten en incerteza o seu futuro.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 21-08-2008 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Aires de Montirón, de Pepe Vaamonde Grupo


Videazo do Pepe Vaamonde Grupo, a canción é impresionante e o video non lle tira mérito.

Topado na Videoteca Galega
Comentarios (1) - Categoría: fotoblog - Publicado o 13-08-2008 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal