Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Aulas en galego

Visitando a páxina da voz de Galicia hoxe topeime con este simpático inquérito.

"¿Apoya que los escolares reciben sus clases íntegramente en gallego?
A partir del 11 de septiembre, 800 alumnos de 16 colegios recibirán sus clases íntegramente en gallego. Serán los primeros en acogerse a un plan de la Consellería de Educación y la Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende potenciar el uso del gallego y cumplir así el Plan de Normalización. ¿Qué le parece la medida?"

Paréceme penoso que discutan algo que tiña que estar feito desde hai anos, e pior me parece que vaia gañando o No.
Sintome coma un beduino, se teño sorte e os meus fillos poden estudar entre eses 800 terán a sorte de poder recibir educación na sua lingua, no seu territorio natural e onde é oficial. E só desde este ano e nalgun dos centros escollidos! Veña home, que xa é tempo de ter algún dereito.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2006 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
A pagar os lumes

Non me parece xusto, precisamente a mor parte da poboación afectada son pensionistas e os pensionistas galegos teñen a pensión máis baixa de toda españa.
Busquen outra solución.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2006 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Normalidade

Creo que a todos nos facía falla unha fin de semana de volta á normalidade. Se andamos tan estresados no verán que será de nós no inverno despois de dias e dias de mollarnos ao sair a calquera cousa?

PD: Se alguén sabe quen convocou a manifestación de Nunca Mais un Domingo ás 12 que lle comente que é cedirmo e que pola tarde as manis tamén locen ben. Comentaba na radio hoxe Carlos Blanco que houbera presencia masiva do que se dá en chamar "mediana idade" e que mocidade ben pouca. Eu fun pero cunha cara linda de carallo. Mui tranquiliña saiu.
Comentarios (0) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 21-08-2006 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
despois do lume...

Teño escasas horas. Por motivos que non veñen a conto ainda cheguei hoxe de volta a Galiza e quero sementar as leiras con algo que medre rapido e fixe a terra. A miña ignorancia é case total e non teño quen me recomende. En principio vou sementar avea ou centeo. Algunha suxerencia??
Necesito ideas!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-08-2006 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
O lume de Cerdedo
Boas compañeiros.
Tou mui encarraxado así que direi o menos posíbel pero quero deixar claro que o lume que naceu xoves en Cerdedo, xa queimou todo Cotobade, hoxe queima Pontecaldelas e vai camiño de chegar ao mar uníndose ao de Soutomaior.
Parécevos normal que un incendio que nace na Terra de Montes chegue á semana á Ría de Vigo?
A min non, e como me entere de quen puido ter algo a ver non respondo de min mesmo.
Ánimo aos que ainda tein algo que defender!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2006 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Que facer se o pais enteiro arde?

Vou propor dúas preguntas:

Hai algunha páxina ou algún medio para voluntariado contra os incendios forestais?
Se non a hai... Xa está tardando, o pobo debera implicarse. Eu quero axudar.

É normal que o único que se miraba entre o fume que cobría o ar en Moaña onte eran os fogos das festas? daba unha imaxe fondamente surrealista ou mesmo masoca.

A ver se consigo subir a foto na que mostro o hospital clínico de Santiago cun incendo a escasos metros, a foto é escandalosa pero hai uns 200 metros entre o lume e o hospital. Non creo que fose relaxante para os doentes mirar o lume ás portas, nin para os afectados nas vias respiratorias, nin para a cidade ter o lume dentro!

Hai que facer algo, isto é pior que o Prestige.
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 07-08-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Fai turismo queimando un país
Seica a alguén se lle ocurríu unha utilidade nova á via rápida do Morrazo. Hoxe mesmo desde a fiestra podo ver 3 incendios importantes diferentes na península do Morrazo. Así a ollo podo apuntar un en San Hadrian de Cobres, outro entre Domaio e Marín e outro n´O Hio.
Non sei como vai recoñecer alguén o Morrazo dentro duns anos, sen bosque e coa via rápida...
A vía rapida trae máis cousas que progreso
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2006 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal