Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

alborexar santiagués
Non é cousa de chiste pero desque cheguei (cheghén) a acá non fixo mais que cambiar o tempo para voltar ao verán que xa dera por perdido e pasei (pasén) dunha máxima incomunicación a unha maxima relación con muita xente e cumplo bastante cos meus obxectivos. Igual debera estudar tamen pola mañan pero todos os dias o fago pola tarde e parte da noite. O único un pouco así é que non estou (estón) a vivir na miña casa (morada) senón na dun colega e é nun bairro un tanto periférico da cidade e dá unha certa sensación de isolamento. Non sei como podes vivir sempre aquí Nachete... Pero xa mañán vou (von) para a miña morada na Rúa de San Lourenzo, que remata na carballeira do mesmo nome e no mosteiro, que se perdeu cando castela perdeu holanda hai unha chea de anos e aínda é posesión da raíña dalá ou de belxica, creo que se chama Fabiola. Está a carón da sa Nasa, lugar emblemático compostelán. E iso que xa estou (tán) desexando comesar exames e demais.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2004 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Longa noite de Vigo
Os meus veráns son do máis aborrecido. Sempre os comezo de mala uva pq desde a primavera teño alerxia e afecta ás miñas posibilidades físicas e ao meu estado de ánimo. Ademais vólvome do máis asocial que hai. A comodidade da casa dos papais é algo que só disfruto e me encadea nesta época. Este ano non é unha excepción.
Ademáis disto, sintome un pouco recluido nunha sorte de ataraxia q racho cada vez que saio da casa. Se en Santiago a cousa do galego non vai tan ben coma eu quixera en Vigo paséome certificando a morte da miña lingua vehicular. A xente mírame coma un becho raro ou obxecto de museo e o meu galego perde muita da súa independencia léxica para acabar sendo un castelán con X e LL. A xente pon caras raras cando falo e para evitar problemas de mutuo entendimento tendo a empregar palabras das chamadas "bilingües". Que nin así me vai ben. Pasada unha semán nesta cidade a miña soltura ao falar (o 95% das veces galego e en castelán tamén me pasa) diminue até momentos de tatexo e dúbidas no emprego de palabras, restando soltura e forza ás comunicacións que estabelezo. Sempre fun eu pouco correitor das pesoas que toman a palabra polo xeito de se expresaren posto q odio q mo fagan a min. Estás alegremente falando con alguén q fala castelán e soltas (por confianza ou distensión) unha castrapada e entón vai e diche qe non sabes falar. Deus bento! Eu non corrixo a fala dos malotes ou dos pedantes... só a Rakel cando me deixa :P ou ao Brais pq sacou o carné de tocapelotas lingüístico e ten q probar da súa mediciña.

O conto (un saúdo a todos os admiradores de cando comezo unha frase por "o caso...") é que non estou mui de ánimo para case que nada. Teño que estudar, pasear o cu pola cidade, difrutar da neveira e ir de festa polos roteiros folkis desta terriña nosa.

Recomendo 3 fitas obrigadas para calisquer que queira festa esta fin de semán: A festa das peñas en Pontevedra (q aínda q acusada de pro-tauriña é da altura do entroido do Hio), a Festa da Carballeira de Zas (contará coa miña asistencia q levo anos desexando ir) e non sei se me comentou o mamalón do Brais q hai un botellón ou algo así en Beade con motivo do seu fugaz regreso (disculpen a miña ausencia e garden folgos pra domingo q vou eu a botar mais gasofa ao lume!).

E isto é todo para ser as 4:30 da madrugada dun xoves vigués
Comentarios en Livejournal
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 06-08-2004 04:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal