Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Os suevos e os caiucos
Antes de nada, quixera esclarecer que eu prefiro empegar a palabra caiuco e non patera ou a súa galeguización pateira. Na imprensa española diferencian desta maneira: o caiuco é que chega a Canarias e a patera a Andalucía. Eu non sei que diferenzas hai exactamente entre unha e outra palabra pero patera non aparece en ningún texto galego mentres que non é a primeira vez que me tomo un viño nun bar (taberna de toda a vida) que se chama O Caiuco. Xa vedes, profundos motivos filolóxico-afectivos.

Quixera falar dos suevos e da súa entrada en Galiza. Para sermos correctos, na Gallaecia. Os historiadores españois adoitan pasar por alto a existencia deste pobo nos seus estudos de historia. E cando se molestan en mencionalos é para dicir unicamente que eran un pobo que foi conquistado polos Visigodos (eses si que lles molan e aparecen por todas partes).

Muitas veces temos lido que os suevos eran un pobo rudo, inculto, violento e caótico. A imaxe mental que lle crean aos seus alumnos-vítimas, estes historiadores, é un reflexo da invasión dos hunos. Un pobo de louros guerreiros que entraron en Gallaecia a lume e ferro creando o caos e dedicándose á rapina. Nesta liña picaron tanto Murguía como Viceto, a base de tanto repetir tópicos ata a xente máis ben intencionada déixase levar. Hoxe quero contar unha historia diferente deles.

Os suevos eran un pobo xermánico. De todos eles, o que máis contacto tivo co imperio romano. Se ben é certo que no primeiro século a relación entre romanos e suevos era meramente hostil, nas ribeiras do Danubio, xa logo estes foron collendo influenzas romanas e chegando a acordos e pactos co imperio. Muitos dos suevos luitaban nos exercitos romanos como lexionarios. De feito, cando no momento en que entran no imperio romano fano non coma pobo guerreiro senón máis ben como un pobo buscando un porvir. No momento en que atravesan, no frío inverno, o xelado río Danubio camiño de Galiza coas mulleres e os nenos aseméllanse máis aos actuais viaxeiros dos caiucos que aos conquistadores hunos.

Ademais, o pobo suevo creou o primeiro reino na Europa occidental. nace 410 (aprox.) por medio dun pacto cos romanos. Suxeitos ao imperio romano, que duraría case un século máis. Ainda que xa o seu segundo rei, Requiario, é o primeiro rei europeo que se atreve a acuñar moeda no seu nome propio e non en nome do emperador. Rachando con Roma. Isto sabémolo porque varias destas moedas se conservan aínda ata día de hoxe, non polos escritos dos historiadores españois.

Outra mostra da súa capacidade negociadora e de criazón dunha cohesión social é que mentres que os outros pobos xermánicos establecen reinos onde eles manteñen as súas relixións (normalmente arianos) diferenciadas dos habitantes dos reinos que ridixen, os suevos tardan ben pouco en convertise ao catolicismo e integrarse desta maneira co pobo que rexentan. Deixando de ser unha etnia aparte dos galaicos.
Comentarios (0) - Categoría: Europa - Publicado o 22-07-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Parecidos razonábeis?


Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 12-07-2010 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Amor
Desde estas afastadas terras que case nin no noso idioma gardan nome estaba esta mañá de domingo a ler a prensa española, onde atopei este artigo. Se non queredes lelo en castelán eu ben volo resumo: apareceron mortos dous anciáns solitarios en Vigo. Cada día é máis frecuente, debido a que as familias non visitan os seus maiores pero este caso parece diferente. A parella non tiña familia e roldaban os 80 anos. O home parece que levaba 15 días morto e a muller, que apareceu morta abrazada a el, apenas 5 días. Segundo o artigo, que non achega fontes, é posible que a muller permanecese deitada á beira do seu home ata morrer por inanición.

Suxírese un final dunha fermosa historia de amor.
Eu sempre desconfío. Pero estando o mundo cheo de merda, non sei para que buscar máis.

Descansen en paz.

Parece que a historia non morreu aí. Grazas a Paideleo por avisarme e a Calveiro polo seu relato. Aquí, lonxe, eu non me entero de nada.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2010 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os galegos no Espanha - Portugal
Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 10-07-2010 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal