Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Morreu Moncho do Porrón
O mítico Moncho do Porrón e agora Rincón. Creador do "Moncho" un combinado esperimentado por festexeiros, tunantes, erasmus, reintegratas e folkis (e non necesariamente por esta orde) que na noite compostelán percuraron a calor deste teito da liberdade. O "Moncho" consistía, e agardo que siga consistindo, en misturar a crema de caña cun lixeiro chorriño de whisky. Era o contrapunto xenial á sempre empalagosa dozura da hortera crema de caña.

Pois vaia nova que trouxo consigo o dia de Santa Ana. Este home éravos testemuño de muitas noites de festa e, ás veces, mesmo se sumaba. Se non lle ía muito o roio só seguía mirando a tele.

Vendeume un dos piores bocatas da historia cun queixo ultra-amargo e un fósil de xamón e o seu local, o (máis) vello, caía a cachos pero estaba inzado de grandes momentos.

Para referencias "serias" desta nova necrolóxica ollade aquí o obutuario que lle fixeron os de El correo gallego. Topado en Chuza.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
San Fermins galegos


Págolle un bocata/cubata a quen me rescate da ignorancia en que estou ao non saber en que parroquia se fai isto.

PS: Seica se fai onde Teis se mestura con Chapela e Chapela con Teis. A súa páxina é esta.
Comentarios (1) - Categoría: fotoblog - Publicado o 21-07-2008 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Achádego interesante
Pois si camaradas e camarados, a día de hoxe pódense topar aínda cousas de interese en internet. Eu quedei abraiado e a miña neurona sentiu axitación cando vía chuza topei esta páxina con detalles puntilleiros sobre feitos acaecidos e salientabeis da historia que collen prestixio ao seren aquí recollidos.
Da mesma maneira que a información que achega é de interese maior non o é menos o privilexio de poder facer esa transmisión gratuíta de coñecementos no noso idioma cervantino (o que se fala no concello de Cervantes e non o que falara un fillo de emigrantes galegos en Alcalá de Henares hai unha chea de séculos).

Aí vos queda a ligazón, espero que sexa para o agrado de todos e disgusto dos bilingüES.
Curiosidades da historia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2008 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal