Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Vespera da vespera
Aqui andamos todos estresados e non é pola vinda de el-rei á nosa capi da man de Zp. Trátase dun ano máis dunha tradizón mui persoal: acudir a Santiago polo día da pátria galega. Creo que levo desde o 95 asistindo cunha soa ausencia do 98 por estar a facer o camiño. Pilloume daquela en Carrión de los condes e aquilo resultoume mui duro pero coma o camiño ten algo de máxico cando estaba tirado na liteira a tentar pasar o día coa mínima consciencia del comecei a oir sons de gaita naquela paraxe rural no medio da sempre amada ;) Castela. Pensaba que me estaba a afectar de máis e tiña alucinacións auditivas. Non era o caso. Pola porta do hospital de peregrinos pasou desfilando a banda de gaitas de Castro Bergidum, todos sabemos que é a banda de gaitas de Ponferrada non é :P? pois ese mesmo ano viñeran grabar un disco folk a Vigo un grupo de Ponferrada chamado Aira da pedra e pasaran noite en cas da Raquel e festa con ela e comigo durante días e días. Eles dicían timba. Foi unha experiencia única coñecer a esa xente. Son das terras da Galiza irredenta. Tan só 3 sabían falar galego e deles só un o facía alá e outro facíao connosco por ser estudante en Santiago. Pois ben, estes rapaces tocaban tamén na banda de gaitas Castro Bergidum e de ser un día horríbel nun ningures castelán pasou a ser un reencontro feliz no medio da nada. Do máis emotivo e con algunha que outra ranciada patriótica con irredentos para amenizar a velada.
Non sei cando deixarei de ir ao 24 e 25. Só sei que espero que sexa por algo bo e que non sinta o baldeiro que sentín a única vez que fallei.
Anímovos a todos a ir a Santiago polo 25!
Saúde e Terra, venceremos nós!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2004 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Volver do Verdugo
Poucos son os q van ao verdugo e volven. Eu fun a ese río nacemento da nosa ría que adquire o seu nome, Verdugo, da cor verde. Hai investigadores que din que é unha mala correción do castelanismo Verdujo e non do topónimo con gheada Verdugho e que o tóponimo galego sería Verdujo (pronuncia etimolóxica) ou Verduxo segundo a normativa actual.
Funlle faser unha visitiña ao Nachete e curmán e de paso ás canoas e paraxes do lugar. Hoxe abafo en maniotas.

Hoxe estou máis coa tentativa de gardar os meus apontamentos nalgures. Non atopo sitio pra eles e o primeiro que estou a facer e reciclar os meus vellos libros de texto daquela outra vida que eran os finadiños do BUP e o COU. Estaba a ver por riba o libro de relixion de 3 e pareceume un bo libro humanístico pero pouco útil e progresista no campo do catolicismo. Dá unha visión progresista do mundo da filosofía e ao tempo unha conservadora do da relixión, supoño que para ver se cola ou para que o lector chegue á conclusión de que a postura correspondente co progresismo verquido na relixión é ese e todo máis lonxe. Queda a milleiros de anos luz da postura da teoloxía da liberazón. Sen esta corrente filosófico-católica non habería explicación para a historia da américa latina. Con temas coma a igualdade de todas as persoas, o roubo de Cristo da igrexa ao pobo, a vontade da nova igrexa de seguir a doutrina do evanxeo e non só de comentala, dereitos dos indíxenas, a paz non é ausencia de guerra senon a harmonía entre as clases e nacións e mentres esta non exista a paz tampouco; a paz non se conserva, acádase...
E iso... a por eles! :)
Até outra
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2004 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Teño q cruzar a riaaaaaaaa teño, que pasar o mareeeeeee
Isto leva anos abandoadísimo.
Facía ben tempo que non tiña ocasión de esbardallar un pouco aquí.
A calor secoume un tanto as ideas. Onte chamoume a Rakis e púxome nervioso... en persoa non se nota pero son o único que lle nota certo contido de mala hostia por teléfono? Eu íaa deixando falar esperando a que estoupase con algunha metedura de pata miña ou que comentase algunha bastada que fixera eu e xa non lembraba pero fun caindo en que ese é o seu ton de voz e que en persoa so con mirala á cara ben sabes que non ven a fala co aguillón.
Ben, este texto é pra re-abrir este lugar de novo. Agora voume a correr que teño que cxruzala ría.
Bicos a todos!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2004 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal