Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Os 7 horrores de Galiza
Toralla
Anda a xente a buscar as sete marabillas do mundo e non tardamos muito en atopar quen busca as sete marabillas de Galiza. Non serán poucos os que digan que é unha adaptaión improvisada á nosa cultura de algo universal. Non é 100% certo. Xa se fixera nun texto do Licenciado Bartolomé Sagrario de Molina que publicou en 1550 na súa famosa “Descripción del Reino de Galizia y las cosas notables del” e que logo Pascanio Seguín fixou no século XVIII en sete, como as marabillas do mundo e as provincias do reino. Interesante artigo sobre esta precuela do tema pode ser lida aquí.

No Blogue de Anxélica xa se nos falaba hai tempo desta pescuda mundial e se suxería unha outra adaptada ao noso contorno. Tamén andan na allada os da Voz de Galicia co aliciente da ampla participación. Hai diferentes propostas en positivo pero qué máis galego que miralo do revés?

Pois aquí temos unha enquisa portuguesa onde buscan os 7 horrores de Portugal. Que máis propio de nós que virar unha busca que comezara sendo das 7 marabillas do mundo nunha busca dos lugares máis horríbeis da Galiza?

Isto é o que propoño. Que sinalemos os lugares máis difíciles de ver da Nosa Terra, habelos hainos. Mesmo valerían os mais surrealistas, xa estou pensando na cascada do Ézaro que está fodida por unha minicentral malia a que hai quen se alegre de que os domingos, nunha hora determinada é aberta para goce de quen a queira mirar. Esta que era a única desembocadura dun río europeo en cascada.

Eis a miña proposta dos 7 horrores de Galiza:

- A Celulosa de Pontevedra

- O edificio da illa de Toralla (na foto)

- A finadiña da cascada do Ézaro

- A central térmica de As Pontes

- O conxunto industrial de Cerceda, mina, Central Térmica de Meirama, Sogama... menos mal que lles puxeron tamén un parque acuático para compensar!

- O urbanismo desmesurado de Foz (e a costa en xeral)

- A cobertura cutrirma que lle puxeron ao Dolmen de Bombate.

Pero seguro que esta non ha ser a versión definitiva. Tal como se ten feito milleiros de recompilacións de exemplos de feismo e a pobreza dos meus coñecementos haberá muitos máis exemplos e muito máis chamativos. Queimádevos a gusto que por aquí non pasan os fodechinchos e non todo o vamos ter bo na terra dos mil ríos.
Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 27-06-2007 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Elisión
antes facíamo, cando non estaba OliviaHoxe pasei pola Rúa do Vilar, volvendo a casa ao medio día, con présa e cruceime cunhas palabras furtivas, no vento, que non sei quen dixo nin a quen ían destinadas. No momento non mirei sequera para ver de onde viñan e seguín camiñando. A cada alancada que daba ían dando volta na cabeza. A cada paso unha interpretación diferente e a cada cal máis sublime. Fora unha voz feminina que dixera...


... antes facíamo, cando non estaba Olivia...


Pasei os cinco minutos que restaron ata a miña casa dándolle posíbeis interpretacións. Unha marabilla de mensaxe. Nunca tan aberta oíra, podía transmitir case todos os sentimentos do mundo. Deille mil voltas ate que considerei que era egoísta gardar para min só este tesouro da comunicación.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2007 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
A casa de Yasser Arafat
Cambiou o mundo, compañeiros e compañeiras. Muitos de nós respectamos ao compañeiro e finado Yasser Arafat e non pola súa postura de defensa do islamismo. El nunca foi deses, coma Sadam Huseim pretendía un futuro laico para a súa nación. Hai tempo que a laicidade é sinonimo de prosperidade no mundo e chegou a nós este concepto polo filósofo español Averroes. Un esclarecido musulmán que dicía que a ciencia vai por un lado e a teoloxía por outro, que non tiñan por que se meter a unha no campo da outra.

Eu tiven parentes carlistas que fixeron algún mini-levantamento nas terras da Lama cando foi o seu tempo pero ese fanatismo relixioso foi deixando pasar ao progreso.

O mundo combativo musulmán debátese agora mesmo entre alcanzar a súa dignidade baseándose no benestar e autoestima das súas nacións ou entender todo ese océano de identidades coma partes dunha única nación baseada no culto a un Deus diferente ao do opresor. Estes últimos teócratas do mundo, xunto coa resistencia tibetana aínda que non teñen muito que ver entre si, son os malos de todas as películas. Veñen a suplir aos comunistas e aos anticolonialistas doutrora en muitas funcións. Ás veces dunha forma pacífica e outras dunha maneira bisceral. Hoxe a mirada dos que cremos que as persoas debemos ser libres para integrarnos, ou non, en nacións que nos faciliten a habitación no mundo fica, doída e doorosísima, posta sobre Palestina.

Os dous modelos de emancipación árabe enfrontanse a tiros nas rúas de Palestina mentres os seus verdadeiros inimigos frotan as mans e véndenlles armas.

Quixo o Azar, Deus ou Alá [hai para todos os gustos] que vexamos o exemplo máis doente da división dos pobres, oprimidos e sedentos de redención pelexando entre eles até o exterminio. Mirádeo todos ben, pq iso mesmo podería estar pasando aquí cos nosos individualismos e personalismos. Mentres as forzas liberadoras se eliminan entre elas os verdadeiros amos e señores van de vacacións e deixan de se preocuparen por si mesmos para ver como os seus inimigos e opositores non son capaces xa non de chegar a unha avinza proveitosa senón a unha mínima convivencia.

Eu dígovos hoxe, que cando vexo Gaza islamista e Cisxordania nacionalista estou mirando as pugnas dos diferentes movementos de emancipación galegos. Miro morrer ao compañeiro Michael Collins, a Gandhi, a Nelson Mandela, a Xesus Cristo e a Castelao lonxe da Terra. E folga dicir que non é agradábel. Polo tanto, non esquezades nunca que o camiño que hai tempo collemos non é pola percura da gloria persoal nin pola superioridade das nosas arelas senón porque é o camiño da liberación dos oprimidos e da igualdade entre os pobos. E neste camiño as persoas somos menos que formigas e os partidos e correntes ventos suaves que ás veces nos levan con temón firme na boa corredoira e outras fan que nos perdamos en disputas xordas.

Hoxe hai guerra en Palestina e posibelmente haxa unha ruptura definitiva entre Gaza e Cisxordania. Que serva de exemplo para que ninguén pise con rancor as inocentes pedras da casa do noso Yasser Arafat.
Comentarios (0) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 17-06-2007 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde virá o sombreiro que non teremos cabeza
que merda de tempoEstou no meu primeiro semi-dia-libre e cadra coa lúa nova. Mui poético si, pero non para de chover. Minto. Chove, non-chove, chove. Coma se fose unha reiteración da mesma realidade incómoda todos os días. A min non me levou á amargura pero sei dalgunha amiga que colleu unhas vacacións na soleada Catalunha (é o nome oficial no Val de Arán e por proximidade cultural gústame chamala así) e pillou un avión para botar uns días de sol e praia na Galiza e está como peixe na auga. Cuitada!

Hoxe oín de novo ese refrán que di: Tarde virá o sombreiro que non teremos cabeza e fíxome graza xa que acae perfecto a este tempo de primavera, case verán, anubrado e frío.

O tempo está falcatrueiro, case tanto como os xornalistas que están a repetir todo o día que hoxe fan 30 anos das primeiras eleccións libres en España. En Galiza a ANPG, o que hoxe é o BNG, era ilegal e non se puido presentar ás eleccións polo tanto menos mirar realidades creadas e alleas e vexamos as cousas como son. Hai 30 anos había partidos ilegais e ilegalizados [como agora] e iso nunha democracia non é nunca viábel pois as ideas son libres e non lles hai que por portelos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2007 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
ETA es una gran nación, Rajoi dixit
Muito lle amola aos nenos cando lles falan dos comentarios de texto. A verdade que é algo interesante sempre e cando haxa algo que comentar. Este é o millor texto do mundo para un comentario de textos político de actualidade.

[Contexto: A ETA anuncia que racha o seu cesamento do fogo e o presidente do goberno español e o presidente do partido maioritario da oposición reúnense luns seguinte. Logo da reunión a vicepresidenta fai unha declaración sobre os temas tratados e o lider do partido da oposición tamén. Nesta declaración o lider da oposición pronuncia esta mensaxe]

"ETA es una gran nación, perdón, España es una gran nación"


Eu aguantei sen comentalo máis que en privado ata agora pero quero comentalo tamén por aquí porque define a política española dos últimos 15 anos.

Os datos que expón segundo a temática son dous: ETA e España e aínda que a entrada de ETA no texto é por desliz queda ben claro que unha cousa leva á outra. Como nos peores momentos de crise nos EEUU cando din "God bless america". Isto significa que os EEUU son o pobo de Deus e que o deben superar por que son máis, máis guapos e mellores. Isto en latitudes máis acomplexadas pasa a: ETA atácanos pero nós somos unha gran nación. O concepto de que España é unha nación está seriamente en dúbida, cando menos para min. Pero aproveitan ETA para dicir que España é unha [gran] nación nas manifestacións das vítimas e dos beneficiados. A min faime pensar que se aproveitan, ou benefician, da situación para impoñernos as súas ideas do século XX. E home unha gran nación... Unha, grande e libre [de ETA]

Algún quere facer outro comentario do texto?
Comentarios (5) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 12-06-2007 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Pelotas, Brasil
Estes días lembro con nostalxia as noites de carallada. Póñome algo melodramático pois non fago nin 10 días sen saír pero para a miña media e co que penso facer estas semanas creo que é bo ir tendo recordos deses momentos que ás veces por ser do máis frecuente nin tan se quera valoras.

Pois recordaba hoxe nostálxico un venres de hai unhas semanas. Estabamos un grupo do máis heterodoxo deitados sobre as escaleiras de entre Quintana de Mortos e Quintana de Vivos e viume á cabeza un comentario que no seu momento non tivera demasiada trascendencia. Resulta que un grupiño estabamos alí ironizando sobre calquera cousa e facendo de todo unha chanza entre cantar e falar. E nestas estabamos cando nos deu por rememorar á nosa heroina Ana Kiro cantando aquela que di algo así como:

"Pelotas é un estado
que hai no Brasil
meu tío, que é brasileiro
baila en pelotas no mes de abril"

E un compañeiro brasileiro que alí estaba connosco aprendeunos a todos que Pelotas non é un estado -tampouco unha actitude ante a vida ;)- senón a terceira cidade en importancia do estado de Río Grande do Sul.

Pois iso, que xa sabedes algo máis. Un digno comentario para as millores noites de troula. Para que logo digan que son expontaneo se aínda non sei se sairei un pouco este sábado e xa estou ensaiando o que direi frente ao espello ;)

Non me sae mal, non.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2007 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Carallo 29
O carallo 29 compostelánOnte deiteime dándolle voltas a isto de onde virá e qué quererá dicir exactamente esa expresión que empregamos habitualmente: O CARALLO VINTENOVE. Farei unha breve reflexión, sen animos de incorrer en intrusismo no terreo que tan ben cultiva O refraneiro sobre as pseudo-teorías ou lixeiras hipóteses que me foron xurdindo até que quedei sopa.

Primeiro facía unha sorte de paralelismo con aquilo de "outra vaca no millo". Por aquilo de imaxinar que nalgures había 28 carallos (metonimia de homes) e chega o 29, tamén do xeito de "a pinga que rebordou o vaso" ou "eramos poucos e pariu a avoa".

Outra é a da foto. Os composteláns de pro temos todos unha foto no carallo 29. Si, si, como o ledes. Na rúa Tavesa, esa rúa que ninguén sabe como se chama pero que é aquela que peregrinamos etilicamente entre o Avante e o Tarasca. Pois do lado de onde era o Mawei, ou o Boludiña, os números da rúa van subindo de impar en impar 23, 25 e a esquina dá o 27. No outro lado da rúa, por onde se sae ás veces do Calviño vemos alí un marco cunha certa forma fálica que alguén deu en chamar "O carallo 29". Pois iso, se non a tendes estandes a tardar en tirala. Todos a facer fotos co carallo 29. Nesta saímos un tanto favorecidos polo fotoshop e é que o anónimato é un luxo.

Como mirandes, son de soño fácil pq non me deu para máis.

Non sei... Vós que pensandes?
Comentarios (16) - Categoría: fotoblog - Publicado o 06-06-2007 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal