Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Cuidado nenos e nenas!
Ollo!
Arresulta que o menda xa leva dúas prácticas de conduzón e non tardará muito en que me chegue o momento de guiar libremente polos vieiros do país. Non haberá piedade, toda rúa transitábel será transitada por min. Tremede, os e as que aínda teñades posibilidade de facelo.
Onte foi a noite de San Xeoane e choveu. Cando pensaba que un non se podía mollar máis nunha noite sen fogatas na cidade de pedra, foi entón que os colegas dixeron de ir pedir outra. Tiñamos unhas cuncas reutilizables, unha sorte de tarefa chaira en barrantes. A ansia aforrativa dos compañeiros levoume a un caos de chuvia, viño con chuvia e lume (tan só Deus sabe como ardeu baixo a poalla). A sensación de botar fume, morrer de calor, mollarme e beber máis viño será poucas veces repetida. E ás 2 pra cama, como ten que ser, que estamos en exames...
Supoño que virán anos millores, que é o que se di nestas situacións.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2004 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Hespaña gañou máis unha vez!
Tranquilos todos que Hespaña gañou a Eurocopa. O de onte foi unha burda representación teatreira. Os nosos Irmáns-Fillos-Pais-Viciños-Amigos... portugueses gañaron á vista da TV e demais pq os cuitados nunca gañan ningunha competición e o enorme corazón dos nosos Donos-Amos-Bastardos-Incluyentes-Inimigos-Amigos... hespañois é tan grande que sobrados de gañar todas as competicións deportivas nas que participan decidiron darlle opción ao resto dos equipos en disputa pq non poden gañar sempre os mesmos.
A realidade é que gañaron eles. Son os máis guapos, máis chulos, máis listos e máis numerosos na súa marea vermella...
Manda carallo! aínda tiveron os huevos de autodenominar á súa lexión de patriotas incluyentes capote en mano y montera a la cabeza, coa camisola do touro ou no seu defecto a bandeira fascista (con ou sen águia) q asulagou Portugal "marea" para non esquecer que a armada portuguesa tivo que repeler con firmeza o pasado ano o agasallo cariñoso, semellante ao de onte, que lle quixo facer hespaña... non sei se recordades... chamábase Prestige e despois daquela marea negra que non quixeron aceptar agora mandaron a vermella tan felizmente repelida tamén.
O sábado merquei unha camisola da selección portuguesa, xa lle vía futuro. A parte da miña simpatía agora xa teñen algún dos meus cartos. O que me atendeu na tenda preguntoume inocentemente (ou se cadra non tanto) se non prefería a hespañola. Tiña el unha certa cara de desconcertado que se aumentou cando lle dixen que a hespañola era bonita pero da que eu gostaba era da portuguesa, que me traía bastantes millores vibracións. A pouco máis e non ma vende xD
Ale, vou chapar. Sorte a todos e todas!
Merda... hai non sei canto puxen unha data que non era por facelo desde un pc coa data mudada e agora non me deixa por a data real que é 21 de Xuño.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 24-06-2004 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mamá, un gallego!
Non son dado a pegar aquí cousas que non escribo eu pero esta escepción é de sobra merecedoira. Tenme sucedido algunha vez pero esta carta ao director publicada no Faro de Vigo (elemento culpabilísimo da situación de alleidade do galego en Vigo xa que traduce calquera cousa dita ao castelán sen sequera dicir que foi dito en galego) e que me mandou a Rakel.


Mamá, un gallego!
Cando o meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara había uns meses, a verdade é que me deu a risa. Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das Travesas e estaba a falar cun dependente cando un neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou: "¡mira mamá, un gallego!"

Xa me tiña esquecido da anécdota, se non fose porque o outro día estaba eu coa miña filla no parque infantil da Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o alto do tobogán. Cando me tivo ben observado preguntou: "oye, ¿tu eres gallego?", eu, algo sorprendido, resposteille: "eu si, e ti?", el, moi seguro de si e seguindo a miña mirada perplexa, foi remarcando: "pues yo soy español... español... de España, ¿sabes?". A verdade é que isto me sobrepasa. Non o entendo. Sabía que en Vigo case ningún neno sabe enfiar tres palabras seguidas en galego, e os poucos que o fan son o resultado dunha vontade infatigábel das súas nais e pais, sabía que na maioría das escolas este idioma estúdase como unha lingua estranxeira máis pero cuns cantos graos de esixencia menos, sabía que a política lingüística deste país está dirixida a que o galego desapareza
como lingua viva a medio prazo entre moita pompa, luces e cores para que non nos decatemos demasiado; sabía todo isto, pero o que nunca fun quen de imaxinar era que o sistema educativo chegase a acadar uns resultados tan brillantes en idades tan prematuras.

Ademais de non o falaren, non soamente se conseguiu que estes rapaces
sintan o idioma propio da súa comunidade histórica como algo alleo,
senón que, dando un salto de xigante, chegan a identificar ás persoas que o falan como elementos exóticos, foráneos, tan estranxeiros como un inglés ou un subsahariano.

Pregúntome se estes dous relatos son anecdóticos, puntuais, ou se
realmente responden a un patrón que se repite. Poderíamos preguntarnos até que punto está estendido este modelo, onde se produce e a qué realidade responde.
Cabería preguntarse tamén se isto é aceitábel, correcto, ou se hai que corrixilo e como. Ou quizais non deberíamos preguntarnos tantas cousas, porque na realidade, dun xeito ou doutro, todos sabemos as respostas, e tampouco é que nos interesen demasiado, ¿ou si nos interesan? ¿A vostede interésanlle?

Xoán Comesaña Pedreira - Vigo

A min pasoume en Vigo cun rapás que non lembraba o meu nome... para chamar a miña atención referiuse a min coma "gallego" nunha noite de festa pola cidade.

Por certo... Aprobei o teórico decondución cun só erro. Tíñame mui nervioso.
Saude e Terras! ;)
Comentarios en Livejournal
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 24-06-2004 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
O teórico de Condución
Mimé!
Tou acojonado.

Vaia iso por diante, teño unha semán para preparar o teórico e véxome cagando patatillas nun exame furado de erros e co mamalón do Javi aprobado ao outro lado. Ais!!! isto debe ser un pesadelo. Vou chapar. Teño unha hora máis ca el!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2004 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal