Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Apenas un comentario sobre a greve do metal en Vigo
Que poderosa é a greve do metal.

Eles demostran dúas cousas: que Vigo non sae no mapa e que os traballadores cando se unen son unha forza imposíbel de parar.

Acabo de cruzarme con eles: un río rumoroso que remonta a Gran Vía
Comentarios (1) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 22-05-2009 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Maio, maduro maio
Comentarios (1) - Categoría: fotoblog - Publicado o 20-05-2009 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
O pecado orixinal de ser alemán
Pois xa miras, hoxe déuseme por aí. Haiche pobos para todo. O noso arinconado, minguado e asoballado nunha esquina de europa occidental e o alemán motor de Europa e central da mesma.
Os teólogos levan anos tentanto que nos sintamos afortunados de ter nacido católicos, posto que ao ser bautizados quedamos libres da culpa dun pecado co que todos nacemos.

Cada día que pasa síntome máis atraído pola idea do pecado orixinal dos alemáns. Pódese mirar con claridade no film "The Reader" deste mesmo ano (2009) ou simplemente falando de historia con calquera deles. Os alemáns que eu coñecín sempre foron boa xente e teñen unha sensibilidade ecolóxica máis integrada na súa vida do que na nosa. Teñen tendencia a practicar deportes e a sentirse mal por algo que eles non fixeron. Bautizados ou non, todos se senten culpábeis dun pecado que non cometeron e loitan contra el cada día. Sobre todo cando están con estranxeiros.
É o pecado da guerra e de todas as barbaridades feitas polos seus avós. Seguro que vos soa ese sentir se tendes, coma min, un avó que gañou a guerra civil. O interesante é que aínda que o meu avó sexa dunha ideoloxía totalitaria e se sinta orgulloso eu non me miro implicado no seu mundo porque nin sequera falo o mesmo idioma ca el nin temos a mesma nacionalidade.
Pois os alemáns teñen o pecado orixinal de ter uns avós tan bastos coma os nosos, pode ser un pouco máis, pero levan con eles a lacra todo o día.

Cando eu empecei a estudar alemán algúns preguntáranme se me estaba convertendo nun nazi. Vale que cada día sonche un pouco máis carca e tal, pero non creo ser sospeitoso de tamaño comentario. E non creo que haxa outro tópico ligado, a xeito de estigma, tan fortemente a unha nacionalidade. Por iso me interesa tanto as reaccións que isto suscita nos alemáns que coñecín. Segundo me teñen enterado na pasada eurocopa foi das primeiras veces en que se comezou a ver sen demasiado recelo a presenza da bandeira alemá nas rúas das súas cidades. Vale que non lles valeu de muito na final pero paréceme un síntoma de recuperación de autoestima. Se pensamos que son das economías máis potentes de Europa deberíamos empezar a preocuparnos por que non tivese problemas de autoestima.

Sempre que comento que as pelis sobre a segunda guerra mundial son profundamente xenófobas e incivilizadas non topo tanta simpatía como cando o digo dos films sobre os indios e vaqueiros. E aí hai algo que nos impide ser mellores persoas. Os nazis eran abominábeis pero os alemáns non. Hai esceas realmente crueis en que o bo e heroi do film maltrata, ou mata persoas por un odio non muito máis limpo que o do outro bando.

As guerras son excepcións na vida dos países e convén ir asumindo o seu fin. De todos xeitos, normalmente fanse para millorar as posicións económicas, tanto hoxe coma daquela, e non por nobres ou detestábeis finalidades abstractas. As persoas que morreron nesa guerra eran persoas e os líderes que deron as ordes morreron por vontade propia ou de morte natural, eles son os verdadeiros culpábeis dos seus feitos.

Ou non morreu de morte natural quen mandou botar dúas bombas nucleares sobre poboación civil?
Comentarios (5) - Categoría: Europa - Publicado o 06-05-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal