Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Experimento horario en marcha
Levo xa máis de 24 horas cun experimento en marcha. Consiste en vivir acorde á nosa hora natural, a de Irlanda, Inglaterra e Portugal. É a que nos corresponde, se non permitimos q os españois acaben coa nosa cultura lingua e demais... como podemos permitir que nos fagan vivir unha hora de sol menos ao dia???
Estaba co Michael, o meu compi de piso, laiándome o martes de que non fora ao Verdugo e non sei nin como e saiu o tema de xente que hai na galiza que emprega a hora portuguesa. E entre coña e coña o meu despertador, o mobil e os reloxos foron cambiando a hora. Aínda non me trouxo ningún problema especial pero non dubido que mo vaia traer, simplemente é un cristo pensar que cando miro a hora o resto do mundo vive sumandolle unha hora mais. Agora xa como á unha, que é de boa xente... e demais.
Sería un exercicio de desobediencia civil que un grupo fixera o mesmo, creo que é cousa de pirados pero non teño noticias de que ninguén reclamase a hora deste xeito.
Supoño que non durarei muito pero mentres vou facendo vida normal.
Saúde e clara estrela!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2004 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
A decadencia (versión externa)
Ben sei que non é un drama que baixe o Celta e que falar diso é unha perda de tempo a respeito doutros temas maiores e mais transcendentes. O CASO (adicado aos fans desta expresión) é que unha persoa vive no seu mundo. A personalidade é autosuficiente de muitos dos feitos de masas que a rodean. Pero tamén é certo que a vixencia ou auntigüidade (enténdase isto por quedar antiquado) dunha personalidade no entorno en que se relaciona con outras poderíase medir confrontando a história individual (mais da estética posmoderna, anarquista e liberal) coa colectiva (un punto de vista máis habitual no socialismo e nas teorías nacionalistas).

Hoxe baixa a segunda o Celta. Podemos escoitar sen falta de naturalidade que "baixamos" a segunda. Realmente no entorno de masas entre o que me movo, varias son as cousas que indican unha certa antiqüidade (de quedar anticuada) da miña personalidade. Xa non me vou meter en asuntos de marxismo e nacionalismo unidos da man pois iso levaríame a mui atrás.

Hai 4 anos o Celta era o super-celta, os rapaces eran nacionalistas, o galego estaba de moda, Vigo tiña un alcalde do BNG, paseaba polas rúas de Compostela coma se cada paso fose un bico polo corpo da miña amada, e falando de amada... tiña unha mosa que me molaba a Dios.

É un día triste. Pero é parte do noso saber estar e levar as cousas coa cabeza alta q a fin de contas... poucas son remediables por ningún de nós.
Hai que roelo!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (2) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 23-05-2004 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na lubre...
Hai xa tempo que levo seguindo este grupo con sorte dispar. Hai cancións que me gustan mais que outras pero neste disco, á marxe da canción do xacobeU que naceu cansando... hai unha sobre a marea negra cunha letra espectacularmente boa de Xabier Cordal que me atrevo a pegar. Non sen deixar claro que se a letra é boa a música podería ser un himno para aqueles pouco marabillosos días de loita.


Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto espertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes nunca máis!





Tamén é mui sentida a canción "O meu país" que a canta unha portuguesa cunha voz espectacular. Dúas xoias, entre outras pezas que merecen muito a pena e pasan a ser imprescindibles na música galega.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2004 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada do sábado
Non mentín a ninguén ao pensar que eras especial.
Axudáchesme a pensalo. Pouco discreta, elegante e ara de adoración a ti própia.
Onte un ignoto levou con sigo o teu bolso e ti levaches á fin
o derrape máis fermoso das miñas rodas.
E o acordar, solitario, meu fixo interferencias no compás que me guia polo vieiro.
Vén de abrirse o chan baixo a miña sombra e o móbil chama a que faga spam
da miña sincera cuita por sms. Facerlle ver á miña xente a debilidade da miña dorna
no teu trebón. Non fixen. Non quixen. Non quixen facer nin me fixen querer.
Araceli vai na comisaria.
Remanín para me queixar silencioso ante o mundo.
Ia estoupar en lixíbia polo quarto até que veu o sol. Seducíume lacazán na cama.
Luminoso. Cálido. Vital. Añoranza e nexo amatorio dun imposible amor a distáncia.
Araceli fala coa policia.
Con eses que eu non quero, non respeto, non desexo ver.
A man da ocupación, da violéncia e do inimigo. Gobernan as nosas rúas.
Como vai escribir alguén algunha cousa agradábel quando a nosa realidade é un medio
limón seco que leva expeprimido tres semanas na neveira?
Pero non me has derramar o dia. Tampouco me vou enganar. Eu, xa o sabia.
Onte mireino.
Pensara que era quando millor nos ia e seica non.
Hoxe terás derrotado o corpo coma eu case que teño o espírito.
É complicado facer cariñosas fregas cun coitelo sen mango. O meu coitelo favorito.
E o sol no meu leito, peregrinos portugueses gañando o xubileu...
Se che aínda interesa, a min si, as miñas fresas florecen en promesa amarela e branca
dunha futura realidade millor que con pracer desmedido, explosión controlada interna,
deglutirei nun grande sorriso.
Igual que hai ocasións en que a vida non é nosa, garántoche a liberdade do meu povo.
Eu sei que virá
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 11-05-2004 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
O outro dia escribín en castelán
Levo unha mala semana. Os últimos 4 días non foron mui bos. Exceptuando o Sábado, que foi un día mui mui cambiante. Erguinme de mala hostia, xantei un bocata cutre no tren cos colegas compartindo unha botella 2l de cocacola ao, unha rapaza ofreceuse para acompañarme a casa desde a estación, o meu pai chegou de Cabo Verde con sotaque estraño e dialectalismos africanos (mui simpático), fun a un recital de poesía con Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa e Santi Negro (se non me engano dos nomes que son un desastre), despois churrascada feita nunha carretilla en Beade e devorei medio porco e muita sangría cos colegas... xD para ser unha mala semana este foi un bonito oasis.
E si, é certo (banda negra tapándome os ollos), o outro día escribín en castelán. E gustoume! Creo que non o fixen mal e rebozábame coma un cocho na merda entre aquel culto vocabulario que teño no faiado mental. Foi unha esperiencia enriquecedora. Era para un traballo da miña irmán e non lle gustou, dixo que estaba demasiado culto e con muito vocabulario para que fose ela... en fin... eu paseino ben, espero que servise dalgo.
Cuidenseme e non esquezan, fortuitamente, pagar a hipoteca!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2004 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Derrapando a vida!
Vivir é facer o camiño. O Camiño non é vereda promocional de cidade ningunha e ninguén debe pensar que ten desvios. So hai un camiño. O camiño faise e non se pode desfacer, mirando atrás vese o feito e adiante non se ve nada. Todo isto é mui serio pero hoxe quero escribir sobre outras cousas. Das partes menos claras do camiño.

O derrape, o derrape é o segundo compoñente desta historia. É ese momento de incerteza e perda de control onde non se sabe como comeza e onde vai acabar cada quen. Hai variedades, o aquaplaning é unha delas. Deslizámonos, dá igual a velocidade, o caso é que nos deslizamos e non temos o control. Sería coma un namoro, no namoro ninguén sabe da fin desta aventura. É irracional...? É? Quen o souber. O que si é, é anormal e fóra de control. As miñas rodas derrapan, en cadanseu sentido e dirección. O caos en movimento. Alá vai o chasis...

A vida é unha novela na que cada quen é o protagonista principal ou o narrador. Canto mais se saiba das cousas vanais, trascendentais e casuais millor saberá cada quen disfrutar da boa caligrafía no libro que co tempo manuscribimos. É simpático porque a obra so a sabe o autor e o resto coñecen segundo a confianza un capítulo, un resumo, o argumento ou un pasquin satírico sobre el, unha caricatura, unha lectura malintencionada, unha impresión... O libro gardámolo para nós e a nosa xente. É un segredo ás veces e outras unha paxina web (con ou sen visitantes).

O conto é que non hai case que ninguén que queira vivir derrapando. Só os patinadores aspiran a tal quimera co seu tempo.

E así foi indo o mes de Abril.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 02-05-2004 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal