Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

As reixas do Parlamento de Galiza
Parlamento de Galiza e GaliciaDe pequeneiro, estando na escola, contáranos a mestra a historia dun xigante que vivía nun lugar mui pobre e onde a xente adoecía de fome e tristura. Non había muito que comer e os rapaces non tiñan onde xogar. Alí vivía tamén nunha casa inmensa un xigante que non gostaba nada da xente e aínda que tiña un grande xardín con fruiteiras e flores fermosísimas nunca deixaba entrar a ninguén nel. Os raparighos un día entraran ás agachadas...

Sempre que paso polo Parlamento lembro que foi cuartel militar, as manifestacións que me teñen levado a el, os porrazos de chapapote que levara Fio na reixa... A REIXA...

Que cousa FEA. Esa reixa oxidada, ameazantemente puntiaguda, parece unha fronteira en Ceuta, un muro en Palestina... é treizoeira pois ás veces deixa ver e outras non por medio dela...

Os nosos berros alí nunca foron escoitados, oídos, atendidos... Unha reixa de impotencia, con guarnición de antidisturbios que a garda do pobo e de nós. Das nosas ideas, inquedanzas, propostas e sospeito que idioma. Ese lugar onde o himno galego se canta ao ritmo de Madrid.

É tan fea a reixa, que se buscades no google por imaxes do parlamento de Galiza non creo que topedes ningunha imaxe en que saia ela. E non creo que sexa casual. Eu fíxeno e non a topei, igual tendes vós millor sorte. Tiven que ir aló e tirarlle a miña foto denuncia, que tampouco me custou tanto. E ben a gusto que quedo con este comentario.
Comentarios (7) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 27-04-2007 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festa!!
Carabel de carabeisHoxe temos a festa asegurada.
Ilusionante pola data senlleira
do día e pola xente que vén doutras
partes de Galiza para sumarse pero
tamén triste. Triste pq é a despedida
dun bo amigo,
cruza o charco por un ano
e quen sabe se por máis.

En fin, agridoce festa de despedida.
Comentarios (3) - Categoría: fotoblog - Publicado o 25-04-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
20 de Abril


Este é o famoso día da canción nostálxica dos
Celtas Cortos, pero non só iso...

O mes de Abril é un mes senlleiro e revolucionario onde os houber, ten varias efemérides importantes coma o día 25 a Revolução dos Cravos no 1974 ou mesmo durante todo o mes a revolución nacional de 1846 na que media Galiza declaraba a guerra a españa, todo comezou o 2 en Lugo, e concluíu (como non?) cunha derrota nosa e o asasinato indiscriminado dos prisioneiros en Carral o día 26 cando os trasladaban camiño da Coruña para seren xulgados por un tribunal penal militar.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2007 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
GZ na TVG
Logo de anos de percibir a TVG como algo distante e mesmo alleo aos movimentos nos que me movo e nas correntes de opinión nas que me sinto a gusto fíxome coña topar con esta imaxe que noutrora sería totalmente imposíbel.
Eis un carro da TVG cun autocolante (en galego VOLGA adhesivo) de GZ. Pra min foi toda unha sorpresa.

E agora, colgando esta imaxe recordei o día que Aznar viñera de sorpresa á Coruña a vendernos o Plan Galicia rodeado de militares, gardas civís e non poucos policías españois. A situación era bastante tensa, os manifestantes eramos poucos de verdade e debía haber unha grilleira por cada un de nós. Non paraban de pasar carros do exército e da garda civil, os antidisturbios xa nos tiñan rodeados e nos colleran os billetes de identidade e non había case nen aire que respirar. Estábannos asoballando dunha maneira abusiva, parecían matóns de discoteca... lembro que marchabamos dalí cunha sensación mui negativa: O aznar dérase un baño de masas, a prensa pasaba polo rego e nós deixabamos de ser a meniña dos seus ollos. O caso estaba pechado. Un día para esquecer nós e o día que outros escolleron para esquecernos... pois ben, ese día, cando marchabamos pasou á nosa beira un furgón da garda civil. Na parte traseira baixa levan sempre unha bandeira española, pois a este déranlle un aspecto máis digno e puxéranlle por riba dela e solapándoa un autocolante de Nunca Máis. A única cousa simpática do día. Isto foi o que me recordou esta foto que tirei a semana pasada.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2007 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Alcaldesa e xardineira
Os dispensarios de croios na zona de marchaAlcaldesa e xardineira: Corina Porro, a alcaldesa de Vigo.
Cousa grave me parece que a que fora anunciada como sparring de Castrillo nas pasadas eleccións municipais sexa por motivos de subnormalidade política do paracaidista retirado Pérez Mariño a xardineira maior da cidade de Vigo. Entre outras cousas porque acabou co servizo de normalización lingüística nun lugar tan extratéxico como é nesta batalla a cidade de Vigo. Pero tamén fixo abondosos recurtes en materias de políticas sociais para poñernos en catro rúas do centro árbores de viveiro cada catro metros acompañadas por cadenseus dous focos que apuntan toda a súa potencia directamente cara o ceo. Non quedaramos que a contaminación lumínica e o dilapidamento de recursos enerxéticos e económicos eran cousas de políticos ancorados nun pasado pre-ecoloxismo e alleo ao cambio climático?

Se non fose isto pouco desastre, non podo deixar de engadir novidades máis de andar por casa adobiadas cunha pouca de reflexion de urbanismo histórico de caracter doméstico: Despois da revolución francesa, por aquilo das barricadas, tendeuse a facer nas grandes cidades amplas avenidas e rúas para que no caso de conflito urbano as persoas revoltosas tivesen que saír das rúas estreitas e enfrentarse ás forzas da orde en campo aberto. Outra das medidas defensivas das forzas da orde foi retirar as pedras pequenas, tan dadas a facer intifadas por París adiante. Pois ben, en plena Era do Botellón e dos Falcatrueiros dos cristais, retrovisores rachados e demais agasallos matutinos foito dunha noite de festa; topamos con que grande parte das rúas restauradas por esta alcadesa tan fixe teñen macetas cada pouco e nelas, por facer bonito, pijísimos CROIOS dos de toda a vida vernizados. Non me queixo de que os vernicen, que xa ten delito, senón de que sexan do tamaño da man e estean acumulados como polvoríns nos piores sitios. Calquera día o dono dun comercio pódese topar cos cristais bonitos ou a policia cunha intifada de croios pijisimos. Será o novo camiño da guerrilla urbana?
Comentarios (6) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 08-04-2007 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal