Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

25 de Abril, non sempre
25 de Abril!
Sempre!

É o que dicemos nos grandes momentos. Aquel día triunfaron uns e perderon outros. Muitos foron os que pensaban que triunfaban sen chegar a facelo e outros tantos pensaban en salvar a vida que nunca lles perigara.
Unha guerra? Non tal.
Un golpe militar? Tampouco non.
Unha revolta popular? Non chegou a tal
Que foi logo?

Non se sabe ben o que foi, unha transmisión de poder desordeada entre dúas xeracións, un punto de inflexión na vida de muitos portugueses. Pero trascendeu á raia e non pagou aranceis nas alfándegas o sentimento de que cambiar o mundo era posible nunha Europa espertando da morte da historia. É unha mensaxe subersiva, porque os románticos viron a utopia cerca. E a paz coroándoa.

Por iso digo que non todos os días son coma o 25 de Abril.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2004 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
estudiando a poesía galega
Poucas cousas son tan sorprendentes coma verse a un mesmo flipando cos seus apontamentos. Levo uns días a sondar os que recopilei para os exames de xuño-xullo e chapar un pouquiño como recolle comida a formiga en verán para ter suceso en inverno. Hoxe collín os do curso monográfico de poesía galega que imparte o profesor Salgado e quedei parado en case que todos os exemplos que veñen nos apontamentos para exprexar con maior propiedade as características da nosa poesía, vamos, que flipei cos textos a analisar. O único monótono é o Manuel María con textos intitulados de modo tan "suxerente" e "evocador" coma Terra Cha, Povo da Terra Cha, Barro, As Mozas, O Monte, O Centeio, As Medas, Os Medeiros, Os Nabos, O Carro, Tempo de Choiva, A Fonte, As Estaciós, Poceiras, O Arado, Campás, Labrego, Cantiga para andar pola Terra Cha...
Este home escribiu a dolor, como se soe dicir, pero durme a un santo. Ten algunhas escepcións pero en xeral non pasa da poesía costumista ou xeográfica desde un punto de vista, ás veces, marxista.

Despois de botar malas opinións sobre este poeta chairego (é o único e millor apelativo que se lle pode pór) apetéceme transcribir un tributo de Celso Emilio Ferreiro a Alexandro (el escribíao así) Bóveda no seu libro "Onde o mundo se chama Celanova".

O Martir
Non che direi que imos vingarte,
amigo morto polo ferro airado.
Porque pasaron tantos anos;
tantos treidores e desleigados
e días de tristura, tantos,
que xa non saberíamos
en quen vingarnos.

Direiche tan só
que te lembramos
e precuramos
seguirche os pasos,
mais por outros camiños que non leven
ós bosques dos coitelos afiados.

Gústame Celso Emilio. Ten un aquel de neofalante escribindo que lle dá antigüidade urbán e sinxeleza. El sen os seus erros lingüísticos non sería o mesmo.
Sendo o dito certo confírmome na miña predilección por Pimentel e a grata descuberta da lírica de Manuel Rival.
Un pouco literario de máis, pero nunca é tarde para entrar na poesía.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2004 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
20 de Abril, que non é pouco
O tiduo vai pola canción dos Celtas Cortos. Sempre foi unha das miñas preferidas e hoxe escoiteina case que sen me dar de conta que era o mesmo día da canción o que estaba a vivir.

O mes de Abril ten varias efemérides importantes coma o 25 a Revolução dos cravos no 1974 ou durante todo o mes a revolución nacional de 1846 na que media Galiza declaraba a guerra a españa, todo comezou o 2 en Lugo, e que concluíu (como non?) cunha derrota nosa e o asasinato indiscriminado dos perdedores en Carral o día 26 cando os trasladaban camiño da Coruña para seren xulgados por un tribunal penal militar.

Xa me emociono todo con estas cousas...
A verdá é que hoxe foi un día compreto, mañán imos festexar o cumpreanos de Goreti e eu vou facer hoxe unha cea cos colegas na casa. E aínda con todas estas cousas na cabesa dei estudado longo tempo pola tarde.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2004 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Non hai domingo bo
A semana vai indo con forza até que chega o domingo, o día en que deus se parou a descansar. Bueno non é así deus parouse a descansar en sábado pq o domingo é o 1º día da semán. Sexa como for tou acabadiño e xa estou para marchar para Compostela de volta.
O día de onte foi un día ao mais puro estilo bíblico. Comezou sendo o paraiso, 3 mosos agueridos para 9 mosas alegres e feitiñas. Todo gracias á Tanis que xa ten 20 anos. 20!!!!! Q non é pouco :P E logo de ser espulsados daquel paraíso beadense por acabar con toda a comida que tiña na súa casa descimos até as profundidades churucenses para ver de pasalo bomba nun día no que diluviaba e a xente non taba mui animada. Sendo así pasámolo ben até que coma o pailebote de Manoel Antonio, fomos ficando sós, o mar, o barco e máis nós.
Veremos que nos trae a semán que comesa.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2004 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
A translación dos restos do ´estudante´
Coma outros tantos estudantes traslado os meus restos con frequencia case que semanal dun lugar a outro. De comer as pizzas prefabricadas da casa dos papás a comer as pizzas prefabricadas da casa do estudante.
Normalmente vou en tren e acompañado dalgún colega. Cando é que vou senlleiro sintome poeta. Hoxe había unha luz inmensa, unhas rías verdes e azuis. A de Arousa sempre é de cor prata. Tiven toda sorte de pensamentos e iso que viña adormecido. Mais que sosego na seman santa topei axitación e apatía.
Por certo, durante a fin de semán sostiven que "foches" (aberto) era a escolla normativa para a persoa 2 do perterito de indicativo de ser e ir. O Rafis dicía que non, que era "fuches". Toda a razón do mundo acompaña o seu pensar. Pois eu xuraría que aprendera o contrario, porque o natural en min é fuches e sempre me autocorrixo para dicir foches. Tamén pode ser por hibridizar fuches con fostes que é a forma do entorno sur vigués.
Vaime gustando isto de escribir a libretiña aberta e iso que aínda non llo comentei a ninguén.
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 13-04-2004 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Parte o barco
Alá quedan os temores e algunha que outra inquedanza e rexeitamento a respeito desta sorte de cousas novas que fan que un convirta unha libretiña privada nunha libretiña con teclado e non tan privada. Que nunca debeu selo, que carallo!
Alá vou, se perdo o control na inercia tapo a cara pero o golpe sempre doe o mesmo!
Comentarios en Livejournal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2004 03:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal