Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Debate Carlos Mella, Barreiro Rivas e a presidenta de Galicia Bilingüe na Radio Galega
Pois xa o di todo o título do post.
Propóñovos gastar algo máis de 20
minutos das vosas vidas en oír un
debate público entre esta energúmena totalitaria
e dúas das persoas máis tranquilas e sosegadas do noso pobo.

É unha vergonza que catro mestres que non queren
traballar consigar falar na radio e influenciar,
nesta caso tamén influenZar, a opinión pública.
Comentarios (5) - Categoría: Diglosia - Publicado o 31-03-2009 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
De como se perdeu Cuba
Por cousas da vida tiven a sorte de liscar un tempo a outro país o día despois das eleccións co cal a sensación foi pasando de emocional a racional a cada día e quilómetro de terra por medio. O primeiro que volvín saber do tema foi que "O Presidente" dimitira no seu partido e pensei que Quintana (que prometera dimitir se sacaba menos votos que hai 4 anos) faría o mesmo. Cada certo tempo ía mirando por internet as repercusións nos blogues que sigo e fun observando unha mextura entre desalento e un "era visto" que eu non agardaba. Hai desde quen fala da volta dos de sempre como suceso apocalíptico até quen pensa os motivos polos que estando nunha posición avantaxada, como é desde o goberno, obtéñense uns resultados que son muito piores que os agardados.

Hai quen lle bota a culpa a "La voz de Galicia" pero eles sempre mantiveron unha postura belixerante contra o nacionalismo con maior ou menor violencia segundo a época e o resto de rotativos coxean da mesma perna: El Correo Gallego, El Progreso, El Faro de Vigo, La Región... E a pesar disto chegamos a onde chegamos e chegaremos muito máis alá.

Pouca xente menciona mui por riba que as informacións electorais nas cadeas madrileñas só falaban de PP e PSOE e iso que con xestos "serios e neutrais" anunciaban que relatarían as informacións electorais dacordo cos mandatos da xunta electoral (o único que querían dicir con isto era: primeiro PP e logo PSOE). Os tempos nos medios foron más reducidos porque houbo que partillalos co tempo que tamén se lle adicaba ás eleccións na comunidade autónoma vasca (que ten muita máis chicha e é do que se fala en Madrid todos os días e xustifica as sectarias e aburridas políticas españolas). Casualmente nas eleccións vascas si que falaban da totalidade de partidos con representación na cámara autónoma e normalmente (agás Aralar) "para defender a neutralidade" adobiaban as informacións con actos de violencia terrorista dos que non son como os que se poden presentar (especialmente cando se metían co PSOE ou PP). Fíxense en que ben cubrían os actos das eleccións vascas que mesmo sacaban informacións do partido de Rosa Diez, iso si que é ser meticulosos cando non tiñan representación no parlamento.

Hai quen lle bota a culpa a que foi un problema de transmisión da información. O que tiña que ser un orgullo nacional como aparecer nos centros de difusión cultural universal con voz e idioma propio para os medios eran inversións inmensas de diñeiro en viaxes sen sentido de privilexiados a lugares exóticos. A tímida defensa (con consenso entre PP-PSOE-BNG) da lingua galega transformábase nos medios en pistoleiros pola rúa obrigando á xente a falar un idioma que non é o seu. A Cidade da Cultura pasou a ser do orgullo patrio que vai deixar "flipado" (en lingua de El Correo Gallego) a calquera que pase pola nosa terra a unha chafallada que fai o BNG sen forma nin función futura, unha máquina de papar cartos que non ha servir para nada. As famosas e respectadas paparotas fraguenses (aquelas que tanto criticabamos os nacionalistas e aplaudía a prensa) convertíronse en actos mafiosos do Quintana para captar votos... e poderíamos seguir con interpretacións sesgadas da realidade de maneira claramente politizada dos cales os pobriños do PSOE volveron ser un dano colateral, eses si que andan no medio e nin arre nin xo.

A medida que pasan os días e Quintana pasa de ser dinámico a ser estático e aferrado a un sillón, que xa non ten pero quere recuperar, vai trascendendo que o resumo do tripartito foi unha continuidade tímida do goberno anterior. Que ía todo nun proxecto a 8 anos (que confiaba sen dúbida poder realizar) pero que case todo iniciaba nos albores da segunda, inexistente, lexislatura.

Analisando con frialdade: Agora as cousas xa non se farán como novatos, que penso que é o motivo polo que se deixaron os cambios profundos e que eran necesarios para a parte final. Agora, se se volve ao goberno en 4 anos, xa haberá un pulso tomado a como se moven as cousas en palacio. É todo cuestión de facer unha boa oposición na que se dea a sensación de non-continuísmo e igual que venderon a defensa da nosa cultura como dilapidamento dos cartos públicos que fagamos da non-defensa da nosa cultura un dilapidamento dos nosos cartos. O que está claro é que a loita está aberta e hai que se renovar en fondo e forma.

A sensación de que non cambiou nada nestes 4 anos non é real pero é maioritaria. Hai que reclamar un a un os avances feitos e conseguir que os continúe o goberno entrante e se non o fan que chovan moreas de denuncias ante a xente por facer desleixo e abandono de funcións. E non pode ser que catro profes aburridos cabreados por ter que impartir as aulas no idioma do país sexan capaces de crear unha falsa imaxe de opresión nos medios sen que NINGUÉN RESPONDA CON FIRMEZA DESDE O GOBERNO. Porque neste país, amighiños, quen non responde con firmeza ante un ataque continuado e case diario dá a sensación de lexitimar os ataques e os alimenta.

E aquí queda o meu tocho sobre as eleccións e sorprendentes resultados negativos.
Comentarios (10) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 11-03-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal