Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O primeiro de Abril...
...Van os burros onde non deben ir.

Que curriños estes que deseñaron o calendario español de formación do goberno porque seica pasaron por alto que o día en que os deputados e senadores que resultaron eleitos tomarán posesión dos seus escanos nas sesións constitutivas do Congreso e Senado será o un de Abril.

Xa se sabe o refrán e se non existise poderíase inventar este ano. Todos contentiños, coas millores galas, os zapatos novos, os sorrisos de novatos (algún xa experimentado irá especialmente desarreglado ese día para impresionar aos recén chegados e mostrar así a súa veteranía). Pois iso, cunhas densidade de gomina por metro cadrado que sería orgullo do millor anuncio de fixadores clásicos de cabelo.

Todos metidos nos millores traxes, ou non (a veteranía é o que ten), para xurarlle lealdade a El-Rei. Haberá progres que xuren e non prometan ou do rivés (milleiros de persoas escandalizaranse con tales mostras de fachenda) pero todos pasarán polo rego. Os que non pasaron non chegaron nin a poder presentarse ás eleccións. E claro diferentes traxes, xuramentos, promesas... pero todo en castelán nos seus diferentes acentos (acentos é o máis que entenden algúns pola diversidade cultural de españa). Un século máis non se poderá falar en galego nos lugares onde se decide sobre Galiza.

E xurando (ou prometendo) en lingua allea fidelidade a un rei dirán que son os máis demócratas do mundo.

Polo tanto, este ano máis que nunca:

O primeiro de Abril van os burros onde non deben ir
Comentarios (9) - Categoría: Diglosia - Publicado o 28-03-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Quen ghaña?
Quen ghaña?

O que non perde.


Sabias palabras do finadiño de John Balan. O vaqueiro do Seixo (lugar pirata e protestante de Marín), famoso comedor de fanecas, que foi á Casa Branca e non logrou falar con Bush I. Logo el diría por activa e por pasiva que o que non o recibira fora el. Famoso xunto ao Vampiro Pintos polas súas grandes imitacións. Atracou o tren Vigo-Santiago e con isto quedou denunciado para a posteridade e deplorable estado dos trens galegos a finais dos 80. Tíñalle certa manía ás vellas e non foron poucas as que atropelou coa sua moto invisíbel.

Aquí queda un seu video e dentro de nós o seu saber.

Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 25-03-2008 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo
Muito choio coa organizacionTrátase do primeiro filme rodado en galego dende 2002. Da autoría de Nacho Vilar.

A película, producida por Vía Láctea Films, foi realizada por un grupo de traballo integramente galego e considérase a sexta cinta que se grava integramente en galego na historia do cine no país, despois de Sempre Xonxa (1989) de Chano Piñeiro, Urxa (1989) de Xosé A López Piñeiro e Carlos G. Pinal, A metade da vida (1994) de Raúl Veiga, e Era outra vez (2000) e Días de voda (2002) de Juan Pinzás.


A estrea mundial do filme terá lugar hoxe no cine da Rúa, coa presenza da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. Nos vindeiros meses o filme proxectarase en institutos de todo o país, acompañado de charlas e coloquios.
Comentarios (2) - Categoría: fotoblog - Publicado o 14-03-2008 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Arroiando
4 anos despois estamos como estabamos no tema das eleccións. Só desapareceu IU e Rajoy comeza a cheirar a próximo alcalde de Pontevedra. Con estes poucos cambios son noticia que Bieito Lobeira propón que a letra do Chiki-chiki sexa por uns días a do himno español, seica a da vez anterior non lle gustaba ;) e unha onda que causou 5 feridos e levou por diante el paseo de Paquito. Non é boa semana para o inquilino da embaixada española no vaticano.
Eis queda a onda.



Ondiñas veñen e van....

Mola como safa o coche branco de atrás, mírase ao final do video.

**** O son é case máis estarrecedor que o video: mamaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa! uh! Dios!!!!
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 11-03-2008 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Antes de que chovan interpretacións

Pois si, é venres de mañá cedo e vou facer xa unha análise post-electoral. Gustaríame muitísimo que a lesen as persoas que poden decidir, porque parece que non as collen a tempo e isto pódese vir abaixo en mui pouco tempo.
Falo da prepotencia do BNG que renuncia aos seus candidatos estrela para por homes descoñecidos e sen carisma. Seguro que mui fieis ao partido pero que nunca han conseguir o mesmo número de votos que un Camilo Nogueira ou un Xose Manuel Beiras. Agora que están por querer quitalo do medio, para que a súa longa sombra non entorpeza o crecemento dos seus descoñecidos novos candidatos. Isto paréceme tan suicida como a auto-xenreira que fai que a nosa xente fale castelán, pense que inverter un millón de euros na exhibición internacional da nosa cultura na Habana é dilapidar cartos. A nivel feminino é como por uns peitos de silicona renunciando á graza natural dos propios...

Hai moreas de exemplos para dicir que a aposta que fai o BNG nestas eleccións non é a millor que podería ter feito. E a xente non vota por disciplina de partido senón por ilusións e esperanzas que eu non miro reflectidas nesa masa con nome pero sen cara que se presenta a estas eleccións polo partido que adoito votar. Xa está ben de facer pasar polo aro á xente. Era bo crearlle ilusións. Se con esta estratexia que se segue de facerlle a pelota ao perfil de votante que non se ten e confiar en que se manteña a fidelidade do propio non se consegue un deputado por Ourense (terra do perfil mimado e orixinaria do Quintana, que tamén tira iso) deberían considerar mudar de estilo.

Teremos que agardar 4 anos máis para mirar ao Beiras representándonos no congreso español? cada palabra que el di danos votos pero cada día que non sabemos nada del é votos que se perden.

Espero que os resultados non sexan tan maus como eu penso e que polo menos se manteñan os 2 deputados que se teñen na actualidade. É ben triste que sendo esta a millor oportunidade que ten o nacionalismo galego para modificar un goberno español esteamos aínda en cueiros. Posiblemente se perdemos este tren non teremos outro.
Comentarios (3) - Categoría: Diglosia - Publicado o 07-03-2008 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal