Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Apelidos no mapa de Galiza
O meuÉ interesante a páxina da Cartografía dos apelidos en Galiza. Encántame, é mui útil para observar a distribución dos apelidos. Pódese xogar con ela e testar a evolución da galeguización dos mesmos (buscando por exemplo Buxan e Bujan), os apelidos máis minoritarios, os de orixe foranea (adoito só teñen presenza nas cidades e sobre todo nas costeiras), distribución dialectal (buscando Raposo, Golpe, Raposa e Zorro...), a orixe de apelidos típicos dunha zona (Amoedo, Agis, Dosil...), apelidos de literatos (Pedrayo, Risco, Pondal, Ferrín, Brey, Pulpeiro...)...
Cunha pouca de curiosidade pódese topar de todo. Eu uso bastante esta páxina para imaxinar vidas pasadas, futuras, presentes... Para constatar que a nosa nación vive aínda que se camufla noutra, emigra, desplázase, evoluciona, desaparece ou é fiel a si mesma...
Que feliz sería se me puxerdes buscas e mas comentasedes desde a vosa perspectiva: historias, intuicións, opinións... Quero seguir tirando cousas desta páxina e agora coa vosa colaboración.
Comentarios (10) - Categoría: Mapas - Publicado o 31-03-2007 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Primavera pomarbellesa
ha vivir?
O que parecía que ía ir ben acabou por non ir desa maneira. Muito teño gozado cos meus pequenos carballos, e muito teño falado aquí deles. A altura de sábado da semana anterior a esta que acabou hai nada fun co meu pai facer o trasplante de máis de 30 carballizas, tiña informes do tempo de supostas boas fontes e era boa data.

Esta fin de semana fun de volta ver como seguían algo preocupado polo tempo, pois tivemos unha onda de frío que me tivo nervioso a semana toda.
Cando cheguei xa mirei que aquilo fora bastante desastroso, pequenas escorrentías na terra e muitas carballizas tiradas polo chan e sen raíces. Non sei se pola forza da auga, por telas plantado mal ou por acción dalgún roedoriño co que non contaba que mirei máis adiante.

Fixen o posíbel por reparar os estragos e espero que algunha carballiza saia adiante, vaiche boa, os que quedaron na casa vounos transplantar dentro do embase no que están pero coa parte baixa aberta.

A fin de contas, eu que non quería perder o ano creo que vou acabar perdéndoo. E das landras que plantara na leira non agromou ningunha. Cando menos máis da metade dos carballos que arderon botaron novas pólas desde as raíces. Cousa bonita, dentro do que cabe.


Velaquí quedan outras imaxes da reforestación.
Comentarios (2) - Categoría: fotoblog - Publicado o 28-03-2007 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
A vida é analóxica
O caminhoA vida é analóxica, cada momento pode ser vivido en múltiples perspectivas, ideas que nos cheguen á cabeza, conversas, imaxes, reflexos...
Unha magoa que a memoria sexa sempre dixital e só retemos unha porción minúscula da realidade e en función á nosa habilidade memorística, despiste, interpretación ou trascendencia dos feitos.
Todos temos abondosas experiencias para ben, para mal, para aburrir un santo, para contar coñas insuperables, para revivir momentos perfecionándoos un pouquiño, para chorar a gusto, para dicir que pagou a pena...
Ultimamente noto como se tivese altheimer (esta é a típica palabra que non queda nada ben no google e non sei como escribir pero todos nos entendemos)e a miña memoria fose unha peneira da que só quedan algunhas cousiñas e outras tantas se esvaesen no esquecemento. E non sei que lle facer.
Pero de sempre teño as millores experiencias gardadas no que dei en chamar a Alxibeira, un lugariño da memoria onde só entran as VIP lembranzas. A alxibeira da memoria, un dos meus Cedés preferidos.

En fin, son os problemas de que a vida sexa analóxica e a memoria dixital.
Comentarios (5) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 25-03-2007 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ermua contra o Foro de Ermua
Non era sen tempo. Comeza a entrar aire ao panorama político: Unha iniciativa popular levou a uns rapaces de Ermua, localidade biscaíña, a recoller sinaturas contra a utilización política do nome do concello e demonización que se fai do diálogo desde este "Foro" pepeiro presidido por Mikel Buesa.

Ate o momento recolleron 3000 sinaturas de residentes neste concello que conta con 16.000 habitantes. Afirman quen levan recollendo estas sinaturas, desde un mes a esta parte, que asinaron persoas de toda tendencia e condición incluíndo tanto xente de tendencias políticas ilegalizadas canto militantes do pp.

La gente de Ermua está harta de ser instrumentalizada, de que utilicen su nombre para sembrar el odio, para atacar y acusar de ser 'cómplice del terrorismo' a todo aquel que difiere de unos planteamientos intolerantes

Unha parte do texto, escrito en éuscaro e español.

Os veciños que asinaron din apostar polo diálogo para a solución de todo conflito e rexeitan a confrontación que fomenta de xeito sectario o foro que se apropiou do nome do lugar no que residen. Como os conversos no século XV tamén condean con dureza o asasinato e secuestro do seu conveciño Miguel Anxo Blanco, para evitar ser acusados de xudeus/proetarras.

Agardan que o concello, onde xa entregaron estas sinaturas tome nota da súa postura e a apoie.

É triste a manipulación que está a facer alguén, das vítimas do terrorismo, dos atentados, da política penitenciaria, dos signos do estado, de grupos supostamente pacifistas...

O diálogo non é un problema, o problema é non dialogar.
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 22-03-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
110.000 landras en marzo
Veño de ler (en xornal galicia) con sopresa que:

"O Concello de Carballo repartirá o vindeiro día 21 de marzo, coincidindo coa celebración da Día da Árbore, 110.000 landras de carballo en colaboración co diario La Voz de Galicia. Ese día, os lectores do períodico recibirán con cada exemplar unha landra, envasada e etiquetada polos traballadores de Aspaber.

A iniciativa responde á necesidade de repoboar os montes e contribuir á preservación dos bosques. Os propios envoltorios das landras recollen ás instrucción para levar a bo termo a prantación da mesma, contrubuíndo así á expansión do carballo, unha árbore dunha grande tradición nos bosques autóctonos. A campaña, promovida polo Concello de Carballo e La Voz de Galicia, conta tamén coa colaboración da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, Xestur e Sogama."

E apoio sinceramente a concienciación colectiva a favor de reforestar o monte ardido con carballos. Pero isto recórdame ás campañas megalómanas que facía Fraga en que se dilapidaba orzamento económico a esgalla sen obter máis beneficio que quedar ben. As nosas landras tiñan que ter sido sementadas en outono por muito que o día da árbore sexa en Marzo. E só estarán en bo estado se son do hemisferio sur, onde agora comezará o outono.

Por certo, que onte fun trasplantar as miñas carballizas máis resistentes, as que sementei en outono. San Patricio vai ser o seu patrón, non soa mal.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2007 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Localización imaxinaria
O outro día viña no carro todo apurado e tarde desde a aldea para Compostela a traballar. Traía a radio posta e tiven a sorte de oír O Bambán, unha obra de teatro radiofónico da que gostei enormemente. Comezaba cunha presentación abrupta dos personaxes e a localización espacial difusa.
Pensei que así sería, no tocante ao espazo, até o final. Foi unha sorpresa mui positiva que en cousa de minutos se dixese que o lugar do que falaban era Vigo. Non por ser esta cidade e non outra, senón pq normalmente nas series, filmes e no teatro feitos en Galiza non é fácil ver casos coma este.

A min, que estou mui sensibilizado coa problemática do galego e o seu divorcio entre as variantes estándar e a da xente normal, pareceume que esta maneira de non dicir onde está localizada a historia que se nos conta non axuda nada a facela críbel a ela e muito menos a súa lingua.

E darei exemplos das series de ficción da Galega, que son as referencias máis comúns coas que contamos. Lugares de nomes pacialmente ambiguos coma: Miranda, Santalla, Celavella, Portozás, Valderrei... Son todos eles lugares parcialmente localizados. Qué se perdería, e que se gañaría, se no canto destes lugares imaxinarios en bisbarras reais se identificasen sen un trasunto de tal maneira que fosen: Mondoñedo, Santalla (é quizais o máis real ao se tratar dunha aldea, pero non din o nome do concello), Celanova, Laxe e Caldas de Reis??

Diranme que é polo conto do localismo, que se sae Coruña, os de Vigo van de Zaping e o que se queira pero o divorcio entre estas series de ficción e os seus televidentes é o mesmo que existe entre o galego TVG e o galego da rúa. Xa é tempo de facer ver claramente que estamos no mundo sen complexos e deixarnos de complexos e antifaces.

Unha pregunta final: A serie nova (culebrón) que botan pola semana ás 4 + ou -, Valderrei, é unha versión doutra anterior que se emitiu na TV3 catalá: Na versión catalá tamén estaba localizada nun lugar imaxinario?
Estou por dicir que non, e sen ter nin idea.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2007 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
Podio de millores videos
Gustaríame compartir con quen pase por aquí o podio dos millores videos colgados sobre festa galega.

Todo vén motivado por que acabdo de mirar o que considero o millor. Isto do Youtube fai que non poidas telo gardado para o ver sen conexión pero ultimamente o miro seguido. Atopeino en: este post de malmequer



co cal lle estou mui agradecido a quen o puxo e recomendo muito muitísimo a visita e comentario nesa páxina. Para min ten muitos dos alicientes do entroido do Hio en apenas 8 minutos.

O segundo nesta listaxe tamén o tirei dun usuario de blogoteca.com , co cal non sei se é que son un pouco endogámico ou é que hai nivel neste recuncho do blogomillo. É en Ribeira e con Xurxo Souto polo medio. Miralo no seu momento encheume de festa a tope así que recomendo tamén muitísimo a visita e visión do mesmo: A noite da entrega do Altofalante co himno da Dorna.




E como non se pode saber todo nesta vida e ao tempo hai que gozar do saber do resto da humanidade deixo vacante o terceiro posto, e quen sabe se chega ao primeiro, para que poñandes os videos festexeiros que máis vos prestan. Para min estes dous son revulsivos do meu estado de ánimo. Seguro que tendes algo polo estilo. Compartídeos comigo e facede da nosa unha vida máis alegre!


Un videazo postado pola Arrigadeira
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 11-03-2007 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal