Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Haced de esto una cruzada!!


Nunha sala ateigada de loitadores pola liberdade dos oprimidos castelan-falantes érguense cada certo tempo voces discordantes, recibindo a consabida malleira xestual, verbal e física por parte dos amantes da liberdade.

Se eu fose un dos agredidos denunciaría á organización por agresión xa que non podería identificar aos agresores entre a multitude.

E cando pensas que isto non pode estar pasando e que xa é suficiente cunhas poucas malleiras rituais a oradora revolucionaria conclue a súa alocución pedindo UNHA CRUZADA.

Xentes violentas non lles faltan.
Comentarios (3) - Categoría: Diglosia - Publicado o 29-02-2008 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
O debate
Cuitados, asi quedaronChegados a un nivel de (aparente) paranoia tan alto os políticos estes que supostamente se candidatan á presidencia de españa non se puxeran dacordo nin en que cadea podería emitir as súas preguntas pactadas ao milímetro e tivérono que facer case todas.

Séguese dicindo que o que votamos é un presidente e realmente votaremos, se se nos dese por esas, aos deputados que merecemos. En Galiza non merecemos muitos seica, tan poucos que nin falaron de nós no debate. E disque un dos dous que falaban era galego pero de Galiza nin chio e non se presenta por Galiza senón por Madrid...

O debate estaba máis pactado que as palabras do cura nunha voda.

Unha vergonza que o emitisen TVG, TVE1, Cuatro e La Sexta. Conseguiu un 59,1% por cento de cota de pantalla, cando máis. Todo un éxito se non fose que foi emitido por 4 das 7 tvs con emisión en aberto. Vamos que o interesante é que como mínimo en toda a noite un 30,9% da audiencia de onte fuxiu activamente desta liturxia fedorenta.

Propoño que se prohiba que máis da metade das canles emitan exactamente o mesmo porque dá impresión de mensaxe totalitaria, tipo mensaxiña de boas noites boas do rei a todos os seus súbditos. E xa está ben destas podredumes.

Co cal, que para min, onte obrigáronos a ver a dous candidatos a deputado que ningún galego censado en Galiza vai poder votar nestas eleccións. Que foi do máis aborrecido, que non dixeron nada de Galiza e cando o fixeron foi para grandes desastres e atrasos...

Vale que era luns, pero é ético mandar á xente tan cedo para a cama? ;)
Comentarios (10) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 26-02-2008 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Bifarolismo harmónico
Aínda non teño mui claro en que consiste iso do bilingüismo harmónico. Ademais, pensaba que non habendo Fraga xa ninguén había de soster esas ideas pero... nin morto o can nin rematou a rabia.

Agora andan os bilingües máis monolingües da historia a esixir que non se ataque ao castelán. Supoño que nesta foto podemos mirar unha alegoría pictórica da súa liña de pensamento, eis: A farola vella está ameazando, con certeza, á farola nova e polo tanto deberíamos defender o bifarolismo harmónico retirando a farola vella.

A situación é actualmente de bifarolismo na miña rúa pero irei dando cumprida conta dos posíbeis cambios neste estatus harmónico.

Seguiremos informando...
Comentarios (4) - Categoría: fotoblog - Publicado o 25-02-2008 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Imprescindibel Guia Miguelinho



As estrelas pasaran de moda agora o que impera son as pingas de graça!!!


Topado no Made in Galiza
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2008 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Reiniciando


Falouse estes días de violencia e Maria San Gil pero ninguén dixo o que tiña que dicir...


Na foto mírase unha militante dun partido radical tentando impedir a entrada a un cargo político arrodeado de guardacostas (aínda que neste caso non baten a ninguén) e a identificada militante non sofreu pena de cadea logo deste acto subversivo.

E o de abaixo é unha declaración "folclórica" dunha venerábel anciá que en ningún caso viu ilegalizadas as súas ideas porque os seus partidos condenan a violencia de ETA.




Comentarios (1) - Categoría: Diglosia - Publicado o 24-02-2008 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal