Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Vai indo
Xa vos falara da miña operación carballo pois que saiabades que vai indo ben. E que para podela compartir co resto da xente fun colgando fotos coa súa orixe e evolución.


Así que xa sabedes. Isto fíxeno porque creo que está indo ben e porque aínda hai un par de graciosetes que miraron as carballizas algunha vez e cando se topan comigo sempre me preguntan por elas.

Todos temos o noso lado freaki, o meu cando menos é construtivo.

Recomendádesme un psiquiatra ou o deixamos para outro post? ;)
Comentarios (5) - Categoría: fotoblog - Publicado o 27-02-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ruínas

Vivimos nun estado de continua mudanza. Pola mesma rúa pola que fuxiron en 1846 os últimos patriotas que defenderon a entidade galega como reino con carcater político propio, A Costa Nova, paseando mírase unha desfeita tras doutra: Os coches automutilándose por estacionar na lama e contra as pedras, a horrorosa facultade de maxisterio e as obras para unha biblioteca que non dan rematado onde había un dos espazos verdes máis céntricos de Compostela.

Case debaixo dunha roda atopei estas pedras. Son claramente unha mesma pedra fragmentada polo peso dos coches e falan do respeto e a chapuza. Están nunha zona onde os carros estacionan ao bravo perxudicándose a si mesmos, pois a manobra é mui difícil de facer e rascan nos baixos. Tamén á imaxe da cidade pois son o primeiro que miran os visitantes que chegan á dársena de Xoán XXIII. As pedras da imaxe seguro que foron ornamento de casa adiñeirada noutrora e agora, xa desfeitas serven para poñer nas rodas dos carros e evitar o medo ao desnivel.

E de visitantes, do pasado e da imaxe que damos tamén ten que ver este enlace que traio. Resulta que os visitantes de fala inglesa que pasaron por aquí observando o que había séculos atrás deixaron un comentario motivo de coñitas e chascas suficientes. Este é obra do escritor británico Robert Southey que visitou Galiza en 1795 e recoméndalle ao pintor Opie que se quere seguir pintando bruxas (as meigas son ben bonitas) antes, sen dúbida, «debe visitar A Coruña ». Como fonte de inspiración, supoño. Este debeu ser o fundador dos celtarras. Eu non estou en nada dacordo pero é unha boa chiscadela á historia neste venres de Entroido.
Comentarios (5) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 16-02-2007 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
A cidade da cultura
Paréceme o pior que podía pasar!

Veñen anunciando a bombo e platillo que agora paga o estado e parece normal non? pero claro entón todas as pelas que ata agora non foran mal-gastadas ao meu ver acabamos de tiralas polo urinario abaixo. Resulta que agora esa alta porcentaxe do orzamento cultural galego vai destinado á recuperación dunha cultura tan minoritaria e esmorecente coma a unión cultural de España coas antigas colonias, que non as deixan ir en paz na vida!
Aínda é pior: eles din IBEROAMÉRICA. A forma máis desafortunada posible!!! Ibero nos exclúe a nós os que nunca fomos íberos (xa nos exclúe tamén a idea de cultura española) e ademais loitan contra a idea de latinoamérica recollendo a forma íbero que reclaman os catro pijos portugueses que abrazan o iberismo de rendición a España.

Perdimos os cartos e as ideas. A cidade da cultura (galega omitíase porque se daba por suposto) pasa a ser a Cidade da cultura española e IBEROamericana.

E que dirá a conselleira? Hai que facer algo para impedir isto!

Non mordo a lingua que me enveleno.
Comentarios (5) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 07-02-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal