O retorno é ese camiño que se fai coa única espectación posta na chegada. Á ida vaise atento ás incidencias e animoso. Á volta todo son présas e aborrecimento. O tempo, na nosa sociedade tradicional, é conceito circular. Sempre en movimento pero repetindo ciclos. A internet(e) é liñal, e xa miro, pq des que deixei de escribir a última vez isto mudou tanto que subir este post parés mesmo unha odisea. Teño que facer un cursiño para me por ao día. Non prometo nada pero hai indicios que apuntan a que retorno a andar por estes lares. Só pido que Fraga, o dinosauro, quede en Madrid que seguro que alí é máis querido. Todos ben? Saudiña! |