Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

No hospital
Este é un post de acotío no hospital.

[Entra unha visita inexperada]

- E podo pasar?
[A xente sorprendida] - Pase, pase a vontade. Vaia, que sopresa!
- Pois si. Teño o carné de doador e entón deixanme pasar sen dar máis problema.
- O carné de doador? Pero se xa ten unha idade. [é unha señora de + de 70 anos]
- Si neno, pero cando era nova, así como 32 anos, recibín 3 transfusións de sangue que me deron a vida e desde entón decidín que o doaba todo.
- Eu téñolle o carné de doador de sangue.
- Eu sangue non podo pero o que doo son os órganos, hai xa ben de anos asinei polos riñóns. Como lles din? ah si, os riles e despois asinei polo pancreas, os ollos, o fígado... e agora estou pendente porque quero asinar pola pel e o cerebro, que me dixeron que era outro papel. Toma, mírame aí a data do carné.
[despois de mirar e remirar nun carné da xunta] - Pois non ten data.
- Tanto ten, é para que non teñan que pedir autorización antes de doar todo o meu corpo. Mira, tamén lle peguei unha notiña con todas as enfermidades que tiven e un telefono de contacto coa familia.
[faime coller a notiña, que a desdobro e realmente ten unha ampla lista. Devólvolla asentindo. A velliña solidaria comeza a ler, non sen pouca dificultade]
Rompí un brazo... [faime graza que o poña] Frecuentes catarros y gripes... [que riquiña é] Ictericia.... [soa algo chungo] Tumor en la lengua [mimadriñaquirida] Poleomeritis... [Mecaghina] Tifus... [definitivamente, que bastada, e a lista seguiu con cousas irecoñecibeis para este seculo e esta zona da terra]

E iso que é unha señora dos Juanatey de toda a vida, boa familia viguesa. Se a esta xente con recursos tocoulles a Tifo non quero imaxinar o que lle pasaría aos máis humildes. El é que agora somos muito máis cuitadiños do que eran os nosos vellos. E aínda algún mira pra eles con cara de moca cando os mira pasar tan despaciño e desvalidos.
Os nosos vellos son de ferro!!!
(xa veremos co tempo a calidade que temos nós)
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Buscando alcuño para a selección
Todos con ela!
Pois si, ándanse a erguer os ánimos paseniñamente con motivo do partido da selección nacional contra a de Camerún o próximo xoves 27 (en Vigo, Balaídos). Nos últimos 3 anos asistín a este encontro e sendo este no meu Turonio natal asistirei con igual ansia pero con maiores facilidades loxísticas. Creo que vou ir á grada de Tribuna pois ben o merés a ocasión e é por onde se decantaron algúns coleguitas.

Os de Vieiros, sempre tan activos e creando que esta máquina, ás veces, enferruxada que é a rede galega adquira movemento e dinamismo. Con discusión, xerazón de noticias... vamos, dar vida a algo que non está morto pero que coma sempre hai que darlle un pequeniño empurrón. Normalmente as noticias veñen con acentos extranxeiros embasadas ao valeiro e xa plastificadas aos gustos doutros (ou de ninguén como sucede no Faro de Vigo) e en Galiza temos iguais ou millores (en trascendencia) noticias que noutros centros de difusión de contidos pero hainas que facer rodar e ás veces é máis fácil traducir o que xa vén feito ou dar un punto de vista máis próximo sobre estes contidos... tales coma a omnipresenza de ETA nos nosos contidos cando... algunha vez atentaron en Galiza? É un dos 10 problemas máis importantes para os galegos? Tais como a escaseza e precariedade do traballo, o urbanismo, os localismos, a corrupción política, a lingua, o abandono do rural, o botellon, infrastruturas deficientes ou inexistentes, dificultade para o acceso ás tecnoloxías, transportes públicos, prezo da gasolina, da vivenda, do pan, o pouco que se paga polos produtos do canpo e o caros de que venden logo...

Antes de coller esta estrade de circunvalación dirixíame a louvar aos dinamizadores da rede galega e de Vieiros, neste caso, porque crean contidos das mais diversas indoles e neste caso un tan normalizador da nosa realidade como os alcuños que lle pomos á selección. Igual que aquí cada quen ten un galego diferente todo o mundo se refire aos nosos con diferentes epítetos ou supostos tituliños dignificadores ou retranqueiros aseghún o ánimo.

Gosto por uns ou outros motivos destes que máis ou menos xa saen aquí e agardan os nosos votos.

Encabezan a votación:

Irmandiños (eu prefiro a Santa Irmandade, xa que irmandiños é como os chamaron os que os venceron e este era o seu nome)
Tropas de Breogán (un clásico)
A Pataca Mecánica (nunca se pode deixar de lado a retranca)


Gosto particularmente de:

A Santa Irmandade (soa mui ben)
Os Boureadores da Bóla (mui propio)
Os Toxos e Flores (recollendo unha longa tradición con este binomio)
A Lufada Galaica (así como a viciña marea roja que nos fode os mexillóns)
A Labarada Galaica (Labarada é esa palabra telúrica do andazo do terror, o catástrofe...)
Os Licorcafeinados (Porque ese é o destino final da maioría dos siareiros que se darán cita unha vez máis)

Algunha proposta para pór aquí? Pero non vos esquezandes de póla tamén aquí.

Adiante Selección Galega!!! Adiante coa Rede Galega!!!
Comentarios (8) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 19-12-2007 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Canto de Andar, Luar na Lubre


Marabilloso.

É verdade que din que o galego é unha lingua melódica e doce. Eu sempre o tomo a chasca pero neste caso soa coma se tal tópico fose certo.
Comentarios (6) - Categoría: fotoblog - Publicado o 09-12-2007 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chavez perde o referendum

Flipei case tanto ao enterarme de que non hai manipulación dos votos en Venezuela como de que perdera Chavez (pensaba o primeiro). A verdade é que o mundo é máis complicado que un esbozo de comentario feito desde un mass media.
Flipei aínda máis ao mirar esta imaxe de Manel Fontdevila.

Bastante certeira para comentar a noticia de Chavez, a ver se desta non lle volve tocar pasar por caixa. Xa se sabe que non todas as cousas de palacio van despacio. E as multas chegan nun plis.
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 04-12-2007 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Wikipedias e tal
Van xa 30.000!Un que vos é un viciosete visita, como perversión atroz e pouco recomendábel, a wikipedia española para ver se chegan as formas Ourense, A Coruña e Xunta de Galicia a ser aprobadas algún día. Porque non sei se sabedes pero a Política desta Wikipedia é pór Orense, La Coruña e Junta de Galicia. Que si, que non é coña. De feito é algo mui discutido.

Logo falamos das bondades de "La enciclopedia libre". Máis unha vez podemos escoller entre ser españois de segunda ou galegos de primeira. Eu sempre preferín a nosa! Que fixo esta tarde os seus primeiros 30.000 artigos. Anímovos a todos a colaborar nela.
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 03-12-2007 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal