Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Vamos chicos, al tostadero!
Parou o bus en tures. Comín as unllas, nunca tal fixera. Pasou polo cruce aquel en que suspendera por segunda vez o exame de condución.
Era un día ao xeito dos cadros de Urbano Lugrís. O Pico Sacro era atacado sen contemplacións por unha nube malhumorada. O resto do horizonte era maino e luminoso. Folga dicir que era o único sitio onde se albiscaba chover.
Un día fermoso no que mesmo a cidade da cultura se vía integrada na paisaxe e no ambiente. Non desentoaba, era... vizosa?
A Antía acompañárame á parada do bus, fomos descobrindo onde paraba a parada. Cando chegou e subín fíxoo tamén unha rapariga, anoteina coma testemuña desas palabras miñas nacidas da histeria e do descoñecemento.
O bus continou o seu camiño, pareceume eterno. Xoguei a enganar ao mundo. A facer que disfrutaba as paisaxes. Sempre che fun mui paisaxeiro, os verbos desaparecen das descricións de lugares:
Un canastro de madeira caíndo a cachos abeirado dunha casa laranxa-taronxa. Leiras cultivadas, leiras a monte, leiras a toxos e silvas.
O puticlú de turno.
Leiras queimadas de xestas, leiras a orcalitos e a parada final. Pausa, calma, tensión, agardo finxindo frialdade e deszo paseniño.
Algo bo está a comezar!
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 14-11-2006 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Franco Honoris Causa
Franco causa muitas discordias sempre que parece. Non por iso se debe deixar de falar del.
Hoxe falan del no claustro da USC. Seica o noso queridísmo dectador ten o título de Doutor Honoris Causa pola USC e hoxe debátese que lle retiren ese cargo.
É de lei que se faga. Non se pode alimentar aos lobos nin desa maneira. Onte mesmo aparecían autocolantes dos seus subditos falanxistas polo bairro de San Roque. Cáusame pesar q aínda quede xente así entre nós, aínda que supoño que foi un valiente que se dirixía de mañán cedo á estación de buses.
Non hai nin 8 anos e sendo eu ben mozo figuraba na lista de persoas non-gratas da falanxe da cidade da oliveira. Tamén había locais inimigos de españa nunha listaxe, axudaron muito a configurar a miña rota do lecer. Temos tanto que lles agradecer e tanto que nunca olvidar...

Francisco Franco FÓRA DA UNIVERSIDADE!

A este porquiño tamén lle chegou o San Matiño
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2006 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro calmo

O mundo vai do rivés. Pasamos un mes de outubro no que choveu sen tregua e agora viunos un mes de novenbro que me atrevería a catalogar de primaveral segundo as temperaturas. Aínda fun onte dar unha voltiña pola noite e bueno os coches estaban xiados pero non era o día máis frio de novembro que teño mirado. O escandalo viu antonte cando estiven nunha terrasiña ate a unha, e non tomabamos cocholate quentiño senon algo refrescante... parecía agosto.
E disque nos vai durar 7 días mais. Xa sabedes, hai que aproveitar agora que aínda podemos!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2006 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
felicidades a Iago Tabarés
Os bos e xenerosos volven presidir o PNG-PG despois dunha deriva un tanto insana. A ausencia do señor Brenlla na directiva nacional deste insigne partido provócame tanta alegría coma a boa talla moral e ideolóxica da directiva provisional.
Nunca é tarde para renacer.

Adiante cos bos proxectos!
png-pg
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2006 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal