Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Cando un español se di demócrata.... bota a correr, se aínda podes

[Incidentes en la concentración de la AVT en Vigo]

Cando mirei o título do video fíxome coña e deille a play. Non me arrepinto, é unha das situacións máis cómicas que teño mirado en tempo. Pena non llela poder mandar aos irmáns Marx.

Un grupo de "demócratas" españois ameazados por tres rapaces con bandeiras galegas fan salvas ao exercito, chaman asasinos aos nenos, expresanse na lingua do imperio, esixen a intervencion da policia (por tres rapaces que non fan mais que ensinar unha dandeira distinta), fan vivas a España, o rei, o exercito, guardia civil...

Só falta aos toureiros mortos, aos últimos de Filipinas, aos liberadores de Peregil, ao Cide (que conquistou Valencia antes que os cataláns), a Cañita brava, a Camacho, ao flamenco, ao toro de Osborne, a cuspir no chan...

A intelectualidade do país facendo obstentación.
Comentarios (6) - Categoría: fotoblog - Publicado o 21-10-2007 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Que imaxe!!!

Non quero comentar a imaxe. Tan só dicir que a atopei no Mañanceiro e que hai máis nesta reportaxe gráfica.
Comentarios (4) - Categoría: fotoblog - Publicado o 15-10-2007 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
12 de Outubro

Tal día coma hoxe Colón chegou a unha praia. Eu traballei como un día calquera e non se me compra coa miseria que me pagan por en ser "día festivo" o traballo que fago cada día.

Que o goce quen poida. Eu hoxe vou saír, que mañán é sábado.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2007 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
I"m Shipping Up To Boston


Flipei co filme de Infiltrados case tanto como coa súa banda sunora. A darlle cañita ao día.

E vós porendes a bandeira española mañan nas vosas fiestras?
Comentarios (1) - Categoría: fotoblog - Publicado o 11-10-2007 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Grazas
GRAZASPois si, grazas. E é curioso que os autores dos blogues teñen tendencia a dicir grazas como eufemismo de adeus. Non é o meu caso. Eu dóuvos as grazas porque aínda que eu ultimamente non estou mui activo na vida blogueira, si que a sigo a xeito de lector. E como lector benefíciome do noso blogomillo.

Durante anos un tiña que mercar un xornal ou outro e ás veces un semanario que marcaba a ortodoxia das correntes nacionalistas. Había variedade si, pero escasa. Desque comecei a ler blogues observei que hai quen recolle informacións destes medios de sempre disimulados a xeito de propias pero tamén hai unha chea de blogueiros que son creadores dun sistema blogueiro real con novas achegas, polémicas, acordos, campañas...

Eu participo disto ás veces como autor das miñas caralladiñas pero sempre como lector dos textos de muitos dos que visitandes este humilde bloguiño e outros máis que non o fan. Estes días estou algo desligado do blogomillo e noto que o boto en falta. Tentarei ir poñendo novos posts aínda que non sei con que frecuencia pero isto non é unha despedida.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2007 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal