Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Galiza - Ecuador
Xa se escoita nas millores casas o rebolir das falas que anuncian que Galiza goleará (agardo) este ano á selección de Ecuador.

Contan polas nosas rías, hoxe soleadas, que será 28 de decembro no estadio coruñés de Riazor.

Síntome honrado coma vigués de poder ir a un partido a Coruña e non ir por divisións. Vai ser, verdadeiramente, unha honra e un pracer. Unirémonos, tal coma se fixera este pasado ano ao resto dos bos e xenerosos para disfrutar dunha noite senlleira. A festa do emigrante, pois todos os que poden retornan polo Nadal e alí estarán.

Xa teño ansia carallo!
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2006 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
As Discusións Bizantinas
Veño de ler un documento que realmente é certo. Sorprendeume a maneira que ten de sintetizar as discusións bizantinas. Coma as que trataban sobre o sexo dos anxos en Bizancio. Non eran discusións accesorias pq realmente influían sobre a maneira de pensar e vivir das persoas que se posicionaban dunha ou outra banda da polémica.

Pois ben. Veño de descobrir que Galiza é leira aboada e ben surtidiña nestas polémicas que se definen por non ter nunca fin. O interesante é que unhas son máis trascendentais que outras pero todas en certa maneira forman parte do noso máis profundo caracter. Deberan figurar no manual do bo siareiro de bar de barrio e ao tempo no do bo cultureta (unha variedade máis elevada nas formas do primeiro). Tales podemos considerar: Lusismo, nacionalismo, emigración, monolingüismo, A/La Coruña, escritores galegos en lingua castelá, o telón de grelos, que concellos da raia leste son galegos 100% e cales en menor medida, celtismo, eucaliptos... hai que salientar a incorporación recente a esta listaxe de que facermos coa Cidade da cultura.

Recomendo ler esta páxina que foi a que motivou o post e a reflexión que continuarei neste día de tregua metereolóxica.
As nosas discusións bizantinas
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2006 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüismo harmónico
GA-LI-ZA!ou harpado.

O outro día mirei "En el nombre del pare", un filme que botaron en R en catalán. Ben.
Cando fixen o exame teórico do carné de conducir, puxéronmo bilingüe castelán-catalán. Non tan ben.
Onte estaba para mirar en La Sexta o partido do Depor, xa dixeran que o habían por nas linguas de cada país, xa que así mantíñase o costume de ser en galego os partidos dos sábados. Pois ben, aquilo estaba en catalán, un catalán mui pobre, case valencián.
E digo eu: Ben polos cataláns que todo o mundo os ten en conta, pero tamén por qué merda a nós non nos fan o mesmo caso?
A resposta, que se me ocurríu mentres durmía (polo tanto disculpas a quen lle parecer ilusoria), é que esta xente leva xa case medio século facendo fortes presións polo seu idioma. Nós comezamos un pouquiño antes da caída da Dentadura de Franco e minoritariamente.
Hoxe é o día do Domund, hai milleiros de nenos que non son santos nin lles vai nin lles ven o conto pero que llelo contaron mui bonito reclamando a todo fillo de viciño cartos para... non sei que. Dá igual, eles recadan cartos para outros facéndoos visíbeis e fortes. En Cataluña, xa polos anos 60 había feitos parecidos para cambiar carteis de anuncios a catalán e concienciaban a xente. Aquí o máis parecido é a subvención do rapiñeitor que decide por o cartel en galego pq llo paga a Xunta. Non podemos estar sempre a pedir subvencións, temos que sair á rúa e facernos visíbeis.
Propoño que o próximo día das letras galegas, os nenos que saen normalmente cos petos para pedir polo Domund saian con petos cunha bandeira galega a pedir polas institucións da lingua e que estas logo distribúan entre os proxectos en curso.
Que non nos han dar sempre a comida mastigada!
Visca Catalunha (escríbese con nh no Val de Arán)!
A ver se algún día conseguimos chegar a como están eles agora (Era o que pensaba Rovira do BNG hai menos de 10 anos).
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2006 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal