Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Matrix
No film "Matrix" había dous niveis de coñecimento: o de realidade aparente e o da realidade que só se podía ver desde fóra do sistema creado para xustificar a realidade aparente.
Aquí queda a miña achega para que os cegos voluntarios ou involuntarios teñan un pouco de luz sobre a nosa realidade.

Isto é un andel da Biblioteca de Romanística da Universidade de München. Podedes buscar os libros galegos entre a sección de variantes exóticas, crioulas, pidgins e/ou rexionais do portugués. Eu, que xa sei que o noso idioma no mundo se chama português aínda tiven o meu momento Matrix ollando a verdade dunha biblioteca libre de preconceitos ideolóxicos. E que tire a primeira pedra o primeiro que pense que os alemáns teñen muito interese en que o galego sexa portugués por algún oculto motivo afastado do imperio da razón.

De onde non hai non se pode coller e onde non hai preconceitos políticos só chegan as clasificacións netamente lingüísticas.

Comentarios (17) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 25-01-2009 03:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pepiño e a ministra
Tiven hoxe uns minutos para gozar coas boas lecturas da prensa escrita (en papel). Miragre, ultimamente non teño tanta sorte. E aínda que son seareiro de "La Voz de Galicia" e miro para o "Xornal de Galicia" como outros miran para Obama hoxe caíu nas miñas mans o xornal español "El país". Non me fai muita graza normalmente por aquilo de que é tremendamente simplificador e españolista, cada día parécese máis á COPE no adoutrinamento da clientela.

Na edición de hoxe viña un artigo espeso e denso en contido sobre a vida de Ramon Piñeiro, da autoría de Antón Baamonde (até agora para min descoñecido) do cal recomendo que se empregue un tempiño en ler xa que aínda que é mui árido merece a pena como untrodución á vida do conflitivo tema Piñeiro. Unha das famosas discusións bizantinas dos bos e xenerosos.

Pero realmente o que me mudou o día foi o artigo de Manuel Rivas, que antes de ser coñecido por ser o pai de Martín/iño xa era famoso por ter cerebro pensante e escritura con sona bastante xustificada, sobre a ministra Magdalena Álvarez e José Blanco (para os españolistas utópicos e autoodiadores Pepiño) onde trata precisamente as crítcas á ministra pola sua fala e o menosprezo de Pepe Blanco polo mesmo motivo.

A cousa é grave: Levan anos falando con desprezo de Jose Blanco e malia a que non é un galego de pro e non fala galego nin que o maten o seu acento en castelán dista un pouco do que os que pensan que españa é algo que só existe nas súas mentes privilexiadas teñen por acento neutro. Isto que os que practicamos en momentos de turismo o idioma de Cervantes chamamos castelán pechado. O señor José Blanco fala con ese sotaque que indica a súa procedencia non madrileña e xa todo o mundo fai escarnio da súa figura, ademais, como non está ben visto pola prensa non se lle quita o -iño final nin por acaso. Tendo o mesmo acento, ou maior, non pasa o mesmo con Sir Francisco Vázquez porque este si que mola.

O outro día, unha destas personas que pensan que en españa todos teñen que falar como na súa cabeza falan as persoas decidiu facer mofa da figura da Magdalena Álvarez pola súa maneira de dicir as cousas e non polo que di, que xa dá motivos de sobre para rir e chorar. E todo foron acusacións de racismo e reprobacións polos seus comentarios sobre o sotaque da ministra.

Hai diferenza entre os comentarios que fan alusión a unha frase dunha política e a maneira de tratar a Jose Blanco como un pobre home que balbucea o castelán? Eu sempre o dixen, que un galego ainda que queira ser o máis español do mundo nunca vai pasar de español de segunda polo seu sotaque. Eu hai xa anos que renunciei a iso pero paréceme grave que os galegos poidan ser obxecto de mofa dos medios de comunicación españois mentres que se frene na primeira de cambio unha frase contra os problemas de dicción dunha ministra andaluza. Agacharán algunha carga ideolóxica estas diferentes reaccións a dous sotaques periféricos do español?
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 16-01-2009 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Ideoloxía da lingua
Xa o sabemos de sobra que cada texto lingüístico presenta unha concepción ideolóxica da vida e non hai o que a xente chama lingua neutra. Isto ás veces faise máis que evidente cando os ruso fan unha intervención pacificadora en Xeorxia ou cando os galegófobos din que o castelán está perseguido en Galiza.

O que quería comentar desta volta é a aceptación que teñen algunhas formas lingüísticas bastante dotadas de carga ideolóxica. Unha delas é a forma AVE como Tren de Alta Velocidade (TAV). É unha palabra maldita e malsoante de seu que suple á neutra TAV. Ás veces dicimos que queremos que chegue pronto o AVE a Galiza e eu creo que sería muito millor que chegara o TAV (deixando fóra de tópico a inminente necesidade da vertebración do sistema ferroviario de proximidades). E non está de máis lembrar que é operativa desde 1992 (17 anos hai) a liña de TAV Sevilla-Madrid.

Cando falamos do AVE Galiza-Madrid é cousa dotada de ideoloxía, pero xa cando falamos do AVE Coruña-Lisboa xa non cheira só a españolismo recalcitrante senón a ignorancia no seu maior grau. Váianlle dicir aos portugueses que o camiño de ferro que eles construen e pagan é chamado a vía do AVE... Abafante mostra de falta de coñecemento da linguaxe. Pero os manipuladores da lingua somos sempre as minorías...

Só iso.
Comentarios (11) - Categoría: Diglosia - Publicado o 14-01-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal