Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Carallo para a crise do luns tristo
Dicía a poética pintada que había fronte ao polideportivo da USC "Aqui es tristo sin tu" e quedaba la mar de fashion. De feito eu engrosei as listas dos seguidores dese giri-autor do romantismo paneuropeu actual.

E fluía a comunicación malia ás evidentes dificultades até chegar a un patético e aclaratorio "Tania te quiero". Era de agradecer pensar que con camiño ou sen el ese home quería percorrer unha distancia.

Algo así é que está a pasar agora coa economía neste recanto do mundo. Todos a esixir unha vivenda libre, de luxo, barata, legal (aí xa non hai total avinza), con vistas á ría e demais intelectualidades. E isto chegou a un punto en que cada quen tiña a súa opinión (como en toda cousa existente ou por existir) e, o que é máis grave, algún tipo de relación co eido da construción. Que se un mercaba unha casa, outro vendíaa, unha chea deles traballaban de facelas, outra chea vivian de especulalas, os máis equipábanas cos seus produtos e outros tantos choraban por ter unha pero cos prezos aos que chegaron por estar todas as vacas no mesmo milleiral non lles daba nin para pagar unha visual rápida.

Dun tempo a esta parte fomos descobrindo que non todo era ouro brando nos mercados. E que as entidades financeiras estadounidense regalaban créditos de imposíbel devolución. Chegaron mesmo a facelo por telefono (aínda haberá quen sega a rir do "aquí es tristo sin tu") e obviamente estes créditos esvaéronse co vento. O mesmo coas sisudas inversións dos bancos europeos na sólida decadencia do Imperio que esmorece. EEUU cheira a morto, a comida chinesa, e nós deberíamos sobrevivir a tanta incompetencia.

Pero claro, aquí o grande motor da creación da riqueza até hai dous días vai a pique (construción) mentres a xente pensa que xa era hora de que lle fose mal aos gordechiños cheos de cartos que nos estaban a putear a todos. E non pensan nos traballadores máis dignos, nos fabricantes de toda sorte de aparellos que precisa un edificio, nos bancos que sempre recuperan con ganancia o que inverten outros... E agora os bancos non se fían nin da sombra. É a primeira vez na historia en que o prestamo interbancos non funciona. Un banco non lle presta liquidez ao outro, co cal refrea a economía e impide que flúan eses cartos que non existen e ninguén ten pero que todos aseguran. E se os bancos non lle prestan cartos aos propios bancos é que se prepara unha boa. Eu collería o casco da obra (todos temos algún na casa) e prepararíame para unha época de acción e movidita.

E malia a que non pensan nos individuos que van cair por estes camiños o que non se ve é que nos últimos anos o que facía que a economía fose adiante deixa de ir adiante e se falta o esquelete difícil é que se mova o paciente.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
O Luns Azul
Este día disque ten cara de cuMalia a que os días da semana NUNCA deben levar artigo precedendo sempre existen as excepcións tales coma o castelanismo ou que nos esteamos a referir non ao día desta semana senón a un día concreto. Neste caso, en luns, é O Luns Azul.

O Luns Azul... Vaia realmente é Blue Monday e a tradución de blue por azul podería ser feita con maior propiedade pola palabra triste. Pero así foi como a topei eu en Chuza e non estou para tusirlles muito que logo me baixan o karma.

Disque un ghicho ben espelido e con estudos calculou que polo número de horas de luz [que xa se vai notando que medran os días, o sol xa se pon ás 18:31 pero nun día despexado coma onte aguanta con claridade até ben entradas as 19, santa hora tapeira], os pouquechiños cartos que quedan após Nadal, factor deprimente luns e meteoroloxía fodida (desta vez safamos)... dan en sinalar que o pior e máis deprimente día do ano (no hemisferio norte que xa sinalaba o Cesare, tío listo) é o terceiro luns de Xaneiro [covachada pra quen lea Eneiro].

Bon, pois "apenas só isso" que combatandes barilmente o tedio neste día que puido ser muito pior do que realmente é pero que saibandes que se non festexandes os santos días que figuran de distinta cor no almanaque tampouco é obriga sentirse malpocados nunha xornada de abrente de semana coma esta. Iso si, non me poñandes o artigo diante do día da semana que é de malfalados e xa nos chega cos falabaratos.

Saudiña
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Outro vaca no millo


Liricismo combativo e rideiro.
Comentarios (0) - Categoría: fotoblog - Publicado o 18-01-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Movimento Slow Food
Comer é fundamental para viver. A forma como nos alimentamos ten profunda influencia no que nos rodea - na paisaxe, na biodiversidade da terra e nas súas tradicións. Para un verdadeiro gastrónomo é imposíbel ignorar as fortes relacións entre prato e planeta. Alén diso, mellorar a calidade da nosa alimentación e apañar tempo para a saborear, é unha forma simple de tornar o noso de acotío máis prazeroso. Esta é a filosofía do Slow Food.

Fundado por Carlo Petrini en 1986, o Slow Food tornouse unha asociación internacional sen fins lucrativos en 1989. Actualmente conta con máis de 80.000 membros e ten sedes na Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Franza, Xapón e Reino Unido, e asociados en 122 países.

O principio básico do movimento é o direito ao prazer da alimentación, utilizando produtos artesanais de calidade especial, producidos de forma que respeite tanto o meio ambiente canto as persoas responsábeis pela produción, os produtores.

O Slow Food oponse á tendencia de uniformización do alimento no Mundo, e defende a necesidade de que os consumidores estean ben informados.

O curioso deste movimento é que nace no entorno do movimento comunista italiano, non nun club reaccionario de paparoteiros con título nobiliar. No comezo iso foi o que me sorprendeu pero realmente nacen de dous peares fundamentais: Ecoloxismo e produción de calidade. E os dous peares aséntanse na idea de que é o mercado o que crea estándars que logo todos admitimos, mesmo en alimentación. A Fruita conxélase e tráese desde Australia se faz falta (o caso do Kiwis) cando a ben pouca distancia hai producións do mesmo produto que se poderían obter con maior calidade.

O tema espiñento é o prezo. A xente pensa que se é máis caro tanto ten se son comunacas os que propoñen isto coma se son multimillonarios. Pero un europeo medio destinaba en 1970 arredor do 30% do seu soldo en alimentación e agora mesmo a media está no 15%. O mercado ofrécenos cousas máis baratas e pretendemos que sexan igual de boas? Dirixen as nosas necesidades. Ninguén dubida en gastar 100 euros nun perfume pero si mira mal un alimento que valla máis de 2 euros.
Comentarios (4) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 17-01-2008 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal