Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Caín da Nogueira
Era de nogal, por iso pesaba tanto o animal
Farto xa de tantos malos agoiros e de reflectir sempre caracteres peculiares no horóscopo tradicional, vamos o que sae no xornal, decidinme logo de ler n' A lingüeta libre que había un sistema diferente de estas artes que che dá outra solución. Esta vencellada ás árbores. Decidinme a ver que me dicía e non houbo sorte. E nada, un escorpio é un escorpio malia que caia da nogueira.

Vós igual tendes máis sorte coa árbore que vos corresponda. Consultádeo aquí.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2007 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Elixio Rodríguez
Este video achégano desde
cultura galega TV.



Elixio Rodríguez, membro das Mocidades Galeguistas antes da guerra.
Comentarios (1) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 26-01-2007 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Correspondencia en galego
Muitas veces maquinei en poñerme borde con Caixanova por mandarme información ao cliente (eu) en castelán. Non podía crer que non houbese a posibilidade de recibila en galego e muito me fastidiaba ter que aturar as súas tentativas de trato personalizado metendo o meu nome no medio dun texto predeterminado con ocos para inserir automaticamente neles o nome de cada un dos destinatarios do mesmo.
Era absurdo que se molestasen cun resultado tan cutre en personalizar a propaganda e informacións cando para min, con que mo remesasen en galego xa me abondaba o detalle e llo agradecería muito máis.
Pois ben, agora mesmo veño de chamar e unha amable señorita non tardou nin un minuto en facer muito máis agradable a miña relación con esta empresa que se lucra dos meus cartiños (non muito).
Recoméndovos que o fagades no teléfono 902905000 se tendes os cartos nesta empresa ou que presionedes para que os vosos bancos teñan esa opción.
Non vexades o ben que senta.
Prometo deixar de chamarlle cajanueva.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2007 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Transición no Nepal

Achego aquí unha sorte de crónica internacional do que está a suceder no Nepal.

Este mércores, dous días despois do pactado, os guerrilleiros maoístas do Nepal comezaron a facer entrega das súas armas baixo a supervisión de funcionarios das Nacións Unidas. O exército negular nepalí* comprometeuse a entregar tamén unha cantidade semellante de armamento á ONU.

Chégase a esta situación no contexto dunha transición entre o reinado de Dipendra e o que decida a Asemblea Constituínte que se formará nunhas eleccións este mes de xuño. Entrementres rexe o país un parlamento de 330 escanos liderado polo Partido do Congreso de Girija Prasad Koirala que conta con 75 parlamentarios.
As segundas forzas son o Partido Marxista-leninista con 73 asentos e agora igualará, ao saír da clandestinidade, co mesmo número de parlamentarios o Partido Maoísta.

A situación convulsa do Nepal ven de máis de 10 anos de enfrontamentos, nos que morreron encol 13.000 persoas, dos guerrilleiros maoístas co goberno.

A situación do goberno tampouco é de todo estábel pois ten un reino semi-independente no seu interior, frecuentes divisións internas e foi aínda superada en crueldade polo magnicidio do rei Bipendra no ano 2001. Este sucedeu nunha acción do seu fillo e despois herdeiro Dipendra no que matou ao seu propio pai para reinar e parte da familia real. O novo coroado Dipendra adxudicouse a si mesmo en febreiro de 2004 poderes absolutos. En abril dese mesmo ano 7 partidos da oposición e os guerrilleiros maoístas fixeron unha demostración de forza conxunta nas rúas das principais cidades do país e fortemente en Katmandú con manifestacións e folgas amplamente secundadas (na imaxe) e que obrigaron ao tirano-rei Dipendra a deixar o poder e cedelo ao parlamento interino actual nepalés*.

Este parlamento pactou a paz cos rebeldes maoístas e a súa integración no mesmo cunha forza, xa citada, considerábel. Na asemblea constituínte que saia das eleccións que se han celebrar este xuño decidirase o futuro do país, tanto a súa organización en República ou continuidade da Monarquía parlamentaria suspendida no 2004 primeiro polo rei Dipendra e logo polo seu desaloxo do poder por medio das mobilizacións sociais.

Gustaríame que fose do voso interese esta achega ao mundo exterior aínda que sexa dunha maneira bastante superficial. Da mesma maneira que me gustaría que algún nepalés* escribise sobre a actualidade galega algún día e ler un post no seu idioma algún día cagándose no PP por deixarnos en 3ª categoría co seu boicot ao noso estatuto. En fin, diso non quero falar.

*Os xentilicios galegos para os naturais do Nepal son: masc. nepalí / nepalés; fem. nepalí / nepalesa
Comentarios (1) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 19-01-2007 01:49
# Ligazón permanente a este artigo
non entenden

Non podo deixar de facer pública esta viñeta que saíu no DEIA o día seguinte de que a policía vasca disolvese unhas poucas manifestacións, neste ano, neste mes e nesta democracia parlamentaria.
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 13-01-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Racismo na prensa!!
Estou sorprendido pola pouca sensibilidade que ten a prensa en Galicia. Agora que se fugou unha parella de adolescentes de casa e o rapaz é xitano resulta que todos os titulares e atencións son en relación á rapariga (Natalia Santos), que chaman Julieta ou diferentes cousas. Habería que facer outro post sobre as (cutre)intencións literarias dalgúns redactores que pretendendo ser elevados non pasan de pedantes.


A noticia na Voz de Galicia.

Tamén a respeito desta nova, quero salientar o localismo dos xornais: El correo di que foron vistos en Santiago, O Faro en Vigo...

Ademais... é delicto fugarse da casa? non teñen dereito a facer a súa vida sen saír na prensa?
Levamos unhas semaniñas con atención informativa en temas bastante peculiarciños entre que Bekam deixa o madrid, unha de Arcade sae en Interviú, isto e algunha parida máis...

Por certo, din por aí que imos ter fotoló ;)
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 12-01-2007 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ialma, Nova Era
Ás veces pérdenme as ideas asilvestradas e escribo cousas que levan a que eu mesmo me cuestione que carallo estou cuestionando e que quero dicir con iso. ;)

Do que si podo escribir sen problema ningún é da música que coñezo e gozo.

Hai un grupo de galegas nacidas en Bruxelas, Ialma que son unhas auténticas virtuosas da música e do saber estar no mundo, onde quer que foren, sendo galegas e universais.
O seu estilo é unha evolución desde a música máis tradicional das pandereteiras até unha música que bebe desa tradición e se mostra actual e universal no seu último disco: Nova Era.

Gústame o título porque mostra o que son para min: unha evolución partindo dunha base recoñecida que é a nosa tradición músical. Pero interpretada libremente segundo o estilo que inspira o grupo.

Resulta que o vivir en Bruxelas non é atranco o suficientemente grande nestes tempos para que elas poidan facer música galega. Nestes tempos de culturas en contacto diario e continuo non debería sorprender a niguén. Isto non quita de valorar o esforzo que supón cando na nosa terra é contada a xente que se preocupa por cuidar, producir ou gozar cultura galega.

Se tendes ocasión, non deixedes de escoitar o seu disco.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal