Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Cando racha o monopolio da violencia....


Isto é o que pasa cando un alén de facer o seu traballo goza con el e isto implica a violencia gratuíta mentres a xente mira.

Isto non pasa cando é unha mani de Galicia Bilingüe e baten nun galegofalante.

Como as ghastan estes do Benfica, carallo!!!
Comentarios (8) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 08-04-2009 03:14
# Ligazón permanente a este artigo
A Voz picou!!!
Xa o di o refrán que para o primeiro de abril van os burros onde non deben ir. Un día para facer todo tipo de falcatruadas e se a do BNG de ir con Andecha Astur ás eleccións vai en serio creo que vai ser a primeira vez que perdan o voto decente nacionalista por vontade propia.

Supoño que iso é noticia das boas, aínda que unha executiva que dimitíu non debera tomar decisións tan fóra da normalidade e rupturistas.

O que me molou foi como picaron os da coz no suposto feche da páxina chuza que publican eles mesmos este 1º de abril. Como supoño que algún día se darán conta da piada na que caíron xa algunha alma benévola e con certa repugnancia a subir o numero de visitas á web da voz puxo a foto da cagada na net. Tamén en A Nosa Terra ecoan a metedura de pata da coz. É que o estaban a desexar!!!!

Casualmente hoxe tamén se reúnen os novos parlamentarios do goberno galego. Xa falei de burros antes, non é?
Comentarios (4) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 01-04-2009 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Debate Carlos Mella, Barreiro Rivas e a presidenta de Galicia Bilingüe na Radio Galega
Pois xa o di todo o título do post.
Propóñovos gastar algo máis de 20
minutos das vosas vidas en oír un
debate público entre esta energúmena totalitaria
e dúas das persoas máis tranquilas e sosegadas do noso pobo.

É unha vergonza que catro mestres que non queren
traballar consigar falar na radio e influenciar,
nesta caso tamén influenZar, a opinión pública.
Comentarios (5) - Categoría: Diglosia - Publicado o 31-03-2009 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
De como se perdeu Cuba
Por cousas da vida tiven a sorte de liscar un tempo a outro país o día despois das eleccións co cal a sensación foi pasando de emocional a racional a cada día e quilómetro de terra por medio. O primeiro que volvín saber do tema foi que "O Presidente" dimitira no seu partido e pensei que Quintana (que prometera dimitir se sacaba menos votos que hai 4 anos) faría o mesmo. Cada certo tempo ía mirando por internet as repercusións nos blogues que sigo e fun observando unha mextura entre desalento e un "era visto" que eu non agardaba. Hai desde quen fala da volta dos de sempre como suceso apocalíptico até quen pensa os motivos polos que estando nunha posición avantaxada, como é desde o goberno, obtéñense uns resultados que son muito piores que os agardados.

Hai quen lle bota a culpa a "La voz de Galicia" pero eles sempre mantiveron unha postura belixerante contra o nacionalismo con maior ou menor violencia segundo a época e o resto de rotativos coxean da mesma perna: El Correo Gallego, El Progreso, El Faro de Vigo, La Región... E a pesar disto chegamos a onde chegamos e chegaremos muito máis alá.

Pouca xente menciona mui por riba que as informacións electorais nas cadeas madrileñas só falaban de PP e PSOE e iso que con xestos "serios e neutrais" anunciaban que relatarían as informacións electorais dacordo cos mandatos da xunta electoral (o único que querían dicir con isto era: primeiro PP e logo PSOE). Os tempos nos medios foron más reducidos porque houbo que partillalos co tempo que tamén se lle adicaba ás eleccións na comunidade autónoma vasca (que ten muita máis chicha e é do que se fala en Madrid todos os días e xustifica as sectarias e aburridas políticas españolas). Casualmente nas eleccións vascas si que falaban da totalidade de partidos con representación na cámara autónoma e normalmente (agás Aralar) "para defender a neutralidade" adobiaban as informacións con actos de violencia terrorista dos que non son como os que se poden presentar (especialmente cando se metían co PSOE ou PP). Fíxense en que ben cubrían os actos das eleccións vascas que mesmo sacaban informacións do partido de Rosa Diez, iso si que é ser meticulosos cando non tiñan representación no parlamento.

Hai quen lle bota a culpa a que foi un problema de transmisión da información. O que tiña que ser un orgullo nacional como aparecer nos centros de difusión cultural universal con voz e idioma propio para os medios eran inversións inmensas de diñeiro en viaxes sen sentido de privilexiados a lugares exóticos. A tímida defensa (con consenso entre PP-PSOE-BNG) da lingua galega transformábase nos medios en pistoleiros pola rúa obrigando á xente a falar un idioma que non é o seu. A Cidade da Cultura pasou a ser do orgullo patrio que vai deixar "flipado" (en lingua de El Correo Gallego) a calquera que pase pola nosa terra a unha chafallada que fai o BNG sen forma nin función futura, unha máquina de papar cartos que non ha servir para nada. As famosas e respectadas paparotas fraguenses (aquelas que tanto criticabamos os nacionalistas e aplaudía a prensa) convertíronse en actos mafiosos do Quintana para captar votos... e poderíamos seguir con interpretacións sesgadas da realidade de maneira claramente politizada dos cales os pobriños do PSOE volveron ser un dano colateral, eses si que andan no medio e nin arre nin xo.

A medida que pasan os días e Quintana pasa de ser dinámico a ser estático e aferrado a un sillón, que xa non ten pero quere recuperar, vai trascendendo que o resumo do tripartito foi unha continuidade tímida do goberno anterior. Que ía todo nun proxecto a 8 anos (que confiaba sen dúbida poder realizar) pero que case todo iniciaba nos albores da segunda, inexistente, lexislatura.

Analisando con frialdade: Agora as cousas xa non se farán como novatos, que penso que é o motivo polo que se deixaron os cambios profundos e que eran necesarios para a parte final. Agora, se se volve ao goberno en 4 anos, xa haberá un pulso tomado a como se moven as cousas en palacio. É todo cuestión de facer unha boa oposición na que se dea a sensación de non-continuísmo e igual que venderon a defensa da nosa cultura como dilapidamento dos cartos públicos que fagamos da non-defensa da nosa cultura un dilapidamento dos nosos cartos. O que está claro é que a loita está aberta e hai que se renovar en fondo e forma.

A sensación de que non cambiou nada nestes 4 anos non é real pero é maioritaria. Hai que reclamar un a un os avances feitos e conseguir que os continúe o goberno entrante e se non o fan que chovan moreas de denuncias ante a xente por facer desleixo e abandono de funcións. E non pode ser que catro profes aburridos cabreados por ter que impartir as aulas no idioma do país sexan capaces de crear unha falsa imaxe de opresión nos medios sen que NINGUÉN RESPONDA CON FIRMEZA DESDE O GOBERNO. Porque neste país, amighiños, quen non responde con firmeza ante un ataque continuado e case diario dá a sensación de lexitimar os ataques e os alimenta.

E aquí queda o meu tocho sobre as eleccións e sorprendentes resultados negativos.
Comentarios (10) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 11-03-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
['trEpja]
Comentarios (5) - Categoría: fotoblog - Publicado o 02-02-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Matrix
No film "Matrix" había dous niveis de coñecimento: o de realidade aparente e o da realidade que só se podía ver desde fóra do sistema creado para xustificar a realidade aparente.
Aquí queda a miña achega para que os cegos voluntarios ou involuntarios teñan un pouco de luz sobre a nosa realidade.

Isto é un andel da Biblioteca de Romanística da Universidade de München. Podedes buscar os libros galegos entre a sección de variantes exóticas, crioulas, pidgins e/ou rexionais do portugués. Eu, que xa sei que o noso idioma no mundo se chama português aínda tiven o meu momento Matrix ollando a verdade dunha biblioteca libre de preconceitos ideolóxicos. E que tire a primeira pedra o primeiro que pense que os alemáns teñen muito interese en que o galego sexa portugués por algún oculto motivo afastado do imperio da razón.

De onde non hai non se pode coller e onde non hai preconceitos políticos só chegan as clasificacións netamente lingüísticas.

Comentarios (17) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 25-01-2009 03:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pepiño e a ministra
Tiven hoxe uns minutos para gozar coas boas lecturas da prensa escrita (en papel). Miragre, ultimamente non teño tanta sorte. E aínda que son seareiro de "La Voz de Galicia" e miro para o "Xornal de Galicia" como outros miran para Obama hoxe caíu nas miñas mans o xornal español "El país". Non me fai muita graza normalmente por aquilo de que é tremendamente simplificador e españolista, cada día parécese máis á COPE no adoutrinamento da clientela.

Na edición de hoxe viña un artigo espeso e denso en contido sobre a vida de Ramon Piñeiro, da autoría de Antón Baamonde (até agora para min descoñecido) do cal recomendo que se empregue un tempiño en ler xa que aínda que é mui árido merece a pena como untrodución á vida do conflitivo tema Piñeiro. Unha das famosas discusións bizantinas dos bos e xenerosos.

Pero realmente o que me mudou o día foi o artigo de Manuel Rivas, que antes de ser coñecido por ser o pai de Martín/iño xa era famoso por ter cerebro pensante e escritura con sona bastante xustificada, sobre a ministra Magdalena Álvarez e José Blanco (para os españolistas utópicos e autoodiadores Pepiño) onde trata precisamente as crítcas á ministra pola sua fala e o menosprezo de Pepe Blanco polo mesmo motivo.

A cousa é grave: Levan anos falando con desprezo de Jose Blanco e malia a que non é un galego de pro e non fala galego nin que o maten o seu acento en castelán dista un pouco do que os que pensan que españa é algo que só existe nas súas mentes privilexiadas teñen por acento neutro. Isto que os que practicamos en momentos de turismo o idioma de Cervantes chamamos castelán pechado. O señor José Blanco fala con ese sotaque que indica a súa procedencia non madrileña e xa todo o mundo fai escarnio da súa figura, ademais, como non está ben visto pola prensa non se lle quita o -iño final nin por acaso. Tendo o mesmo acento, ou maior, non pasa o mesmo con Sir Francisco Vázquez porque este si que mola.

O outro día, unha destas personas que pensan que en españa todos teñen que falar como na súa cabeza falan as persoas decidiu facer mofa da figura da Magdalena Álvarez pola súa maneira de dicir as cousas e non polo que di, que xa dá motivos de sobre para rir e chorar. E todo foron acusacións de racismo e reprobacións polos seus comentarios sobre o sotaque da ministra.

Hai diferenza entre os comentarios que fan alusión a unha frase dunha política e a maneira de tratar a Jose Blanco como un pobre home que balbucea o castelán? Eu sempre o dixen, que un galego ainda que queira ser o máis español do mundo nunca vai pasar de español de segunda polo seu sotaque. Eu hai xa anos que renunciei a iso pero paréceme grave que os galegos poidan ser obxecto de mofa dos medios de comunicación españois mentres que se frene na primeira de cambio unha frase contra os problemas de dicción dunha ministra andaluza. Agacharán algunha carga ideolóxica estas diferentes reaccións a dous sotaques periféricos do español?
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 16-01-2009 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [33]
© by Abertal